O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 03, 2012

SÓ OS SPARTAK OUSARON AMIAZAR UN PÓDIUM CON PLENO DE Billardeiros Musicais NA LOITA POLAS FILLOAS DE XOTRAMU!!!!









Primeiro Aberto do verán e éxitazo en toda regla o colleitado pola LNB no marco da referencial e gran feira de Xogos Tradicioanis de Muimenta, donde unha vez máis Xotramu e combinación coa potente quipa local billardeira O Spartak e todo resto de entramado LNB aló desprazado realizaron un Aberto dises perfectos para enmarcar . E abofé que se ponde enmarcar froito do espectacular traballo dos irmáns de GalegoLab que emitiron en vivo un especial no seu canle de youtube dende o recinto feiral que sen dúbida marca un punto de inflexion na orbita da difusion independente e autoxestionada pola que a LNB aposta firmemente. Espectacular as verbas de Marcos dos Remourlle Bulls  voz e palán a pé de pista dista imparábel revolución que transmitíu á perfección a forza dun deporte e dunha filosofía que se transmite en cada un dos golpexos e que impactou de tal xeito ó reporteiroLab que só puido interceder afirmando ....a Billarda mola , que hai que facer para unirse á LNB??














Tronos e lóstregos retrasaron case unha hora o comezo de emision ao vido dende Muimenta do equipo de GalegoLab mais á hora pactada abrían as dúas pistas LNB no espazo billarda de Xotramu para dar acollida ós máis de 60 palanadores e palandoras con fame de gloria e filloas. E foi o bicampion nacional Markitos quen se subíu ó mais alto do pódium como informa tamén en tempo real dende a propia pista de xogo o imprescindíbel facebook oficial do Varal secundado ademais a ambos lados por outros dous Billardeiros Musicais Daniel na segunda posición e  Juan coma terceiro , mais o grande golpe riba da mesa que fixa abanear o prato das Filloas foi o que deron os Spartak de Muimenta situando a Miguel e Charlie coma 4º e 5º e o que é mais imprtante , amosando todas as credenciais xa para desafiar a hexemonía das grandes franquicias da LNB-Norleste....Xotramu Sempre , Adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 11:06 PM, Anonymous Anônimo said…

    Eric vai camiño de se converter no Lendoiro do Norleste.

     

Postar um comentário

<< Home