O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 01, 2012

CONEXIÓN-MUIMENTA>> GALEGO LAB EMITIRÁ EN DIRECTO O ABERTO DE XOTRAMU E O RESTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DENDE AS 16H. DISTE DOMINGO!!

Todo en marcha para iste domingo celebrar por todo o alto unha edición máis o xa mítico Aberto das Filloas de Muimenta no marco da gran festa Xotramu. Alí estarán os referenciais Spartak de Muimenta coordinando un de seguro inolvidábel e multitudinario torneo , nista imaxe podemos ver a Ismael un dos palanadores do Spartak , acudindo á Meca Billardeira de Bretonha para coller forzas tocando a Placa da Árbore-Palán do campo da Festa donde comezou a loita para posteriormente deixarse caer polo local de ensaio dos Extensión Agraria que están ultimando os resortes dun brutal Parcelaria Nom Tour que terá no festival da Chaira da Pastoriza donde se celebrará tamén o mítico Abero do Xabarín , un dos seus estouridos históricos.   

Contacto directo Aberto de Billarda Xotramu : 676.597050  -Dúas pistas con posibilidade dunha terceira no caso de que a avalancha de palanadores e palandoras supere o cento de inscrit@s , e atención porque Xotramu será a espazo elexido para unha acción hostórica dos irmáns de GalegoLab xa que dende as 16 h. da tarde no seu canle de youtube poderase seguir en directo todo o que aconteza no espazo Xotramu polo que os que non poidan estar na pista de xogo que collan unha Menduiña e realicen sillón-billarda apoiando e apostando como aconteceu no Play Off Nacional polos seus palanadores e palanadoras preferidos >> Se vos unides ao Facebook de GalegoLab, twitter, cabozo, latrica ou seguides o blogue http://blog.galegolab.org/, mañá teredes máis información; Non perdades a oportunidade de ver en directo polo voso computador, teléfono móbil ou tablet, como se practican xogos populares e tradicionais , e coñece ás persoas protagonistas a través de entrevistas!!!

O CICLISTA LNB LUCIRÁ O MAIOT DE CAMPIÓN GALEGO NA VOLTA ÁS COMARCAS DE LUGO COMA XEFE DE FILAS DO CC. VIGUÉS


E parello ó vistazo  á axenda de concertos de Radio Música en Galego para ver donde te botas ista find , a serpe multicor da que participa o ciclista LNB Rubén Sanchez dende iste venres estará realizando a volta ciclista ás comarcas de Lugo donde o bravo palanador e ciclista unha vez máis nos representará a toda a tribo billardeira , O Corgo -Lugo , Pobra do Brollón e o domingo en Viveiro é a folla de ruta dista volta para a que lle enviamos toda a forza dos nosos golpexos...A sepre multicor da LNB invade estradas, lameiros  e canellóns sen saida!!

1 Comments:

  • At 11:57 AM, Anonymous Anônimo said…

    Que ghrande eres Xermán! Esta velocidade de actualización non a ten nin El País.

     

Postar um comentário

<< Home