O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 04, 2012

SÁBADO 5 NO ROCKUNCHO DE RIBADEO ...EXTENSION AGRARIA, POLO DEREITO A MATAR NA CASA!!!


































Despois do periplo iniciático polas pistas da LNB chegou a día do debú en sala da Superbanda de KrautRock galego-arxina. Enfosados nun zulo de Bretonha arrincan iste sábado ás 23 h.  co seu agardadísimo Parcelaria Nom#TOUR na sala Rockuncho de Ribadeo. Extensión Agraria formouse fai uns meses no contexto brutal dos Abertos da Liga Nacional de Billarda , son 6 pescozos xunguidos ó mesmo carro da intuicion e paixón sonora , iste sábado hai matanza en Ribadeo e tod@s estades convidados ós callos!!  . Cunha montaxe espectacular chegan os Extensión dispostos a afumar a túa mente ó igual que se afuman os chourizos na casa . E atención , pon o saco ó corno e o Rosario de Minocas no pescozo porque ademáis o concerto vai ser un un dos grandes atractivos da gravación que o programa Tunight da Vtelevisión vai realizar iste sábado na sala Rockuncho para amosar ó mundo a intensiadade da vida na noite de Ribadeo.




















E en Ribadeo estará como director de escea Extensioninho , que ademàis de preparar ó milímetro cada movementos dos membros da banda estará organizando o Abertinho Anti-Fans de Bilharda que se celebrará polas 20:30 h. , a quedada será diante do Rockuncho. E o domingo para combater a resaca que mellor que tirar cara a Conferencia NorOeste para ás 11:45 h, na terra batida de Eirís desputar unha nova enganchada regular coa que ir xa aclimatándose cara Conxo. Nom, nom ,Nom...Parcelaria Nom!!

1 Comments:

  • At 1:13 AM, Anonymous O Pintismo. said…

    Xermán, ta calado, que o máis intenso que pasou na vida na noite de Ribadeo foi aquela vez que fun eu alí ao Festival-On.

    Saúdos dende Chile, tengo as billardas de madeira de araucaria listas para mandar á Galiza.


    Bilharda sempre adiante co palán.

     

Postar um comentário

<< Home