O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 14, 2012

PUÑOS EN ALTO DA AUTÉNTICA E NEN UN PASO ATRÁS NEN PARA COLLER IMPULSO CANDO SE CANTA E INTERPRETA O HIMNO!!

















Ademáis do ambientazo propio das grandes citas históricas que case derruba o teito do pavillón de Marín, o internacional entre Gz vs EH seguiuse cunha intesidade e un entusias brutal no incendiario hashtad habilitado polos activistas da LNB para o seguimento e transmisión autoxestionada e en tempo real do internacional de billarda-txirikila >> #GZvsEH foi unha labazada nos fuciños ós medios de comunicación diste puto país donde por medio da gran acción da palanadora de Madia-Leva Ana puidemos ver a imaxes tan transcendeais e impactantes coma a espectacular interpretación do himnos nacionais antes do comezo do partido.


E atención porque Serxio da Faisca coma seleccionador nacional habilitado xunto con Flores están estudando permorizadamente a actude amosada polos palanadores "ácratas" da Auténtica co seu paso atrás e actitude de  brazos caidos ante a interpretación do himno nacional . Dende logo salta á vista que o ferreo puño en alto de Taigo e todo o resto de seleccionados por Serxio suple con creces a indiferencia que calquera palanador ou palanadora poida sentir ante o bruar dos rumorosos, e iso sen contar a intensidade brutal coa que se viveu ise mesmo sábado na Taberna de Lola cando na estrega de premios na NorLeste Daniel dos Billardeiros Musicais interpretou o Billarda Sempre e o Himno Galego ...un mar de brazos e puños en alto , con paláns, cervexas e cubatas invadíu o ceo para brindar e celebrar a fin dunha nova tempada regular absolutamete máxica. 
















Euskal-Herria chegou a Marin dispostos a daren a sorpresa, perfectamente dirixidos polo Mourinho bo , vestion as peles de cordeiro coas que tentar confundir á Auténtica mais non foi imposíbel , de feio rematado o partido xa se comezaron a desprender das mordazas ovinas para cos dentes de raposo xa pedir a natural vinganza , Euskal Herria quere vinganza e querea no seu terreo  polo que a Auténtica ten xa varias misións pendentes...a de devolver a visita ós irmáns Bascos e a de desquitarse por fin da pesada lousa das dúas derotas consecutivas nos Paisos Cataláns.....adiante pois, porque a Auténtica non vai parar ate xogar en todos os paises sen estado da pinínsula ibérica e da Europa enteira!!

1 Comments:

  • At 5:43 PM, Anonymous Anônimo said…

    Os xogadores que non sinten o hino nacional galego non deberían xogar na Auténtica. Expulsión xa. Que se vaian a xogar con España que non teñen que cantar o hino.

     

Postar um comentário

<< Home