O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, maio 19, 2012

ISTA FIND CENTRO , BEZOUQUEIRA E SALNÉS PECHAN A TEMPADA REGULAR ....PRÓXIMA ESTACIÓN , PLAY OFF NACIONAL!!
















DENDE O INICIO DA TEMPADA,  TENDA-GALIZA ESTIVO PRESENTE NAS PISTAS DA LNB DE TÓDALAS CONFERENCIAS , AS SÚAS MONTEIRAS FORON SINALANDO CANDANSEU CAMPIÓN OU CAMPIOA DE ABERTO , É POR ELO QUE NON PERMITIRÁN QUE CAMIÑEMOS SÓS  NA MÍTICA AREA DE CONXO POLO QUE XA PODEMOS ANUNCIAR QUE HABERÁ PRESENZA DUN ESPECTACULAR SET TENDA-GZ EN CONXO E QUE OS CAMPIÓNS NACIONAIS DE TÓDALAS CATEGORÍAS TERÁN UN ESPECTACULAR AGASALLO SORPRESA DE TENDA-GALIZA E PARA @S QUE VAIAN LOITAR POR CONVERTERSE EN COROCEIR@S NACIONAIS, UN MOI IMPORTANTE AVISO : MELLOR  DEIXADE OS CALZONCILLOS E BRAGAS NA CASA!!








Co esquío da Bezouqueira inxectado de furia e carraxe necesaria , a tribo Billa afronta a que sen dúbida á a gran nova e da tempada , o puñetazo riba da mesa para aportar o seu tan necesario alento á gran serpe multicor da LNB e á sociedade galega erguendo o palán en recorodo ó xenocidio ecolóxico nas Fragas do Eume , a cita iste sábado ás 19 h, na pista do Casino de Mugardos.  E coma colofón brutal dunha nova gran tempada regular na área estornela que mellor que celebrar a fin de xeira cunha espectacular entrega de premios con festa rachada con pinchos e brevaxes varios para birndar por unha novo éxito rotundo na referencial Conferencia Centro , iste sábado pois,  a cita será a apartires das 16:30 h. no campo da Madalena en Castrofeito e a gran festa de peche de tempada ó remate do Aberto transladaráse ó Hotel Bello , que corra o viño a regos porque de seguro que os compañeiros do Hotel Bello estarán encantados se coa contundencia da festa alguén decide probar os seus aposentos...fantástica elección!!






E o derradeiro Aberto puntuábel da tempada celebrarse nas xa míticas terras de Meaño , de seguro que a Taberna da Cancela acollerá a un bo número de palanadores e palanadoras antes e sobre todo despois do Torneo , de feito hai un ruxe-ruxe polas redes sociais que apunto á presenza do gran selecionador nacional habilitado por Flores , o gran Serxio da Faisca , que poida que faiga acto de presenza para celebrar na barra da Cancela cunha nova degustación de Gin Tonics coma aconteceu no pasado Xerro , xunto coa tribo Salnés a victoria da Auténtica fronte a Euskal-Herria . E máis cando definitvamente como se anuciou no web oficial da ConSal que o Aberto ante as previons climatolóxicas se tranlada definitivamente ó Pavillón Municipal de Xil, a cita pois iste domingo ás 16:30 h ....E Atención, próxima estación Play Off Nacional de Conxo!!

2 Comments:

  • At 3:20 AM, Anonymous Viana. said…

    Eu non preciso deixar nada na casa, que xa ando sen elas.

     
  • At 10:14 AM, Anonymous Anônimo said…

    http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/maniotas-05-05-2012

     

Postar um comentário

<< Home