O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 03, 2012

GALIZA vs EUSKAL HERRIA , O 12 DE MAIO SERÁ A DATA E MARIN SERÁ O SITIO!!


















Impactante imaxe a cpatada durante a explosiva apresentación do partido internacional Galiza vs Euskal-Herria que se celebrará o vindeiro 12 de maio en Marín , foi nun dos furanchos na explosiva sesión de maña donde Flores transladou a súa confianza a Serxio para xunto con Tiago artellar iste primeira ofensiva billardeira fronte á poderosa tribo Txirikila que con epicentro en Pasaia virán comandados polo comandante Mourinho , o seleccionador nacional Euskaldum xa anuciou que o rego de carros estaba listo e preparado para en Marín facer fronte á temida Auténtica.

















Bautismo Txirikila para a Auténtica e bautismo de viño na mìtica camiseta da nosa selección nacional para celebrar a histórica acción totalmente autoxestionada pola furia e carraxe da poderosa alianza Txirikila-Bilharda e coordinada pola referemncial franquicia local dos ALMUINHA. E por se foran poucos ingredentas ó coctel molotov únese que será a primeira vez que a Autentica xogue na Conferencia Sur polo que venza Galiza ou Euskal-Herria a festa vai ser das que marcan época- e prepara tamén o pulso porque de cara ó Play Off Nacional do 27 de maio en Conxo dende latri.ca en irmandade con O Varal Facebook se vai activar unha nova edición do concurso de microrrelatos billardeiros  en galego , arxina e língua de paises sen estado - REPÚBLICA BILLARDA FACTS [ artigos para a constitución dun país en estado de sitio ] . ex >  O mouro será a cor , e o purin será o olor nos edificios oficiais nas embaixadas da República Billarda no exterior!!