O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 07, 2012

FAISCA TEATRO ULTIMA O ESTREO DE CASCUDAS.....RINCHAN AS TÁBOAS COA IRRUPCIÓN BILLARDEIRA NAS ARTES ESCÉNICAS!!



Non é de estranar que despois duns xostregazos tan intensos de música e billarda algúns palanadores decidan tirarse polos peiraos para rebaixar a adrenalina contida , mais será unha vacina á que moitos e moitas terán que recorrer xa que a actividade desportiva e cultural se intensifica dunha maneira tal que xa semella escorregarse entre so dedos coma auga dunha fonte calquera. Se fai uns meses xa se viña anunciando a vea teatral do colectivo LNB xa estaba carrexando sangue a regos para asaltar os escearios , non temos máis que enorgullecernos ó ver que serán os irmnas da Faisca Teatro os que primeiro se boten ás táboas apresentando a obra Cascudas de Santiago Romero , con elenco billardeiro entre os actores e actrices e con dirección de alguén tan re-putado coma Rubén Otero ...e moito coidado porque ó gual que tomades precaucións cando ides a un Aberto da LNB e lavades os petos cheos de condóns polo que poida pasar , cando o vindeiro 16 de Maio asistedes ó estreo no Local Social da Faica en Vigo non vos vaian quedar na casa porque a cousa promete intensidade a feixes , e non será o único asalto teatral do universo billardeiro xa que na NorLeste o gran palanador Xosiño está a traballar arreo tamén para o estreo dunha alebrestrada version contemponaea dos "Vellos nos deben namorarse" xestada polos irmáns da Asociación Ollomao de Barreiros que segundo os contactos realizados polo director de escea da Ekipa Bítere no Xerro do Salnés , Viana da Faica pode incluso ser fichado para un dos papeis principais-

ALMUINHA , APARTHEID STOP!!

















Intensidade a eito que se suma á conta atrás cara ó histórico Galiza-Euskal Herria que se celebrará iste sábado en Marín coordinado polos irmáns de Almuinha , unha equipa ademáis coa que todo o colectivo billardeiro se ten que solidarizar xa que está a sufrir ó igual ca moitos equipos da LNB o brutal apartheid institucional por parte do concello de Marín que sistematicamente se nega a recibilos para informarse directamente das subvención culturais  polo que acaban de dirixirse ó valedor do Pobo para dalgún xeito tentar por freo a ista incomprensibel actitude do goberno local para o que semelle que a cirixía estética como afirma un dos persoaxes de Cascudas é tamén unha inversión...Almuinha Sempre, Adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 5:57 AM, Anonymous Anônimo said…

    Viana vai participar na adaptacion cinematográfica do novo libro de X. Neira Vilas "Esperando ao Leiteiro"

     

Postar um comentário

<< Home