O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 17, 2012

A BEZOUQUERA ACOLLE ISTE SÁBADO EN MUGARDOS O MÍTICO ABERTO DA RESPESCA Ó BERRO DE LUME NUNCA MÁIS!!















Algún se iluso se atreveu a preguntar cando activistas da LNB se botaban a rúa en solidaridade cos irmáns da Bezouqueira polo desastre das Fragas do Eume se isa Conferencia aínda existía....perante a destrucción e a incompetencia o esquíu indomábel volta a reivindicar a tribo Billa e faino dun xeito maxistral acollendo o xa mítico Aberto da Respesca . Será iste sábado apartires das 19h. na Pista do Casino en Mugardos donde as billas voltarán a bruar de novo pedindo xustiza billardeira para os responsábeis do descomunal desastre ecolóxico que propiciou a queima e a incompetente xestion do lume nas Fragas. Atención porque coma sempre clasificaran os 2 primeiros postos do Aberto da Repesca para desputar a incendiaria Final Absoluta no Play Off Nacional de Conxo. Non todo está perdido pois para tod@s os que a istas horas están fóra da area de Conxo , queda aínda unha última oportunidade para tentar convertirse o vindeiro 27 de Maio en Coroceir@ Nacional , o pasaporte cara ó inferno podes conseguilo iste sábado en Mugardos no Aberto da Repesca- CONTACTO: 636.280513 ...Bezouqueira Sempre, Lume Nunca Máis!!