O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 07, 2012

ARMOUSE.... PERO AÍNDA SE VAI ARMAR MOITO MÁIS GORDA!!!


Fartos de axendas convencionais e merdas , os irmáns dos trezecatroze de Salceda rachan moldes e enfundan as carapuchas para exercer de voceiros do perigoso Komando que vai invadir de lume e festa a vila ista fin de semana , porque en "Salcerda" non hai cese da actividade nen armada , nen billardeira posíbel!! 














E armouse na Sala Josfer no Mesón do Bento coa espectacular e multitudinaria apresentación cochikeira do disco de Zënzär , armouse no salvaxe debú dos Extensión Agraria petando totalmente a sala Rockuncho de Ribadeo donde saltaron estelas que chegaron incluso a terras holandesas donde Sak , o gran palanador e conductor do RadiOceánica da RGM calificou o "Parcelaria Nom-Tour" como unha das noticias máis importantes para a música galega do que vai de século calificando á banda enfosada en Bretonha coma un Anti-Grupo en todos os seus parámentros que pode pasar á história. E armouse na pista do Meixón Frío donde Xan Rodiño venceu no Aberto puntuábel da Conf. NorOeste , armouse tamén n Meis nun multitudinario Aberto no serán puntuábel para Conf. Salnés e armouse en Catalunya coa mellor cana matada da história do bélit realizada polo xogador galego Xosé Mari , palanador dos referenciais Casus Bélit no derbi contra os emerxentes Belinqüéncia dende nen máis nen menos que 37 metros. Tentaremos contactar con Xosé Mari para extraer as súa impresións e tantear as posibilidades da Auténtica-Bélit ante o posíbel tercerio asalto internacional contra os poderosos PP.CC - E vaise armar pero moi gorda iste sábado en Marín coa chegada do Komando Bixi Bixi dende Pasaia co "Mourinho-o bo" ó fronte para armar o explosivo e tantas veces soñado  Galiza vs Euskal-Herria ....Txirikila Sempre , Adiante co varal!!