O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 14, 2012

6-3 GALIZA VENCE A EUSKAL-HERRIA NUN HISTÓRICO PARTIDO CELEBRADO ISTE SÁBADO EN MARÍN...BIXI,BIXI E TXIRIKILA SEMPRE!!
















MARÍN E O PÁIS ENTEIRO VESTIUSE CON PEL DE CARNEIRO PARA VIVER UNHA XORNADA HISTÓRICA , FESTA DA LINGUA ORGANIZADA POLOS IRMÁNS DE ALMUINHA O MARCO PERFECTO PARA CELEBRAR A TAN DESEXADA XORNADA DE IRMANANDE TXIRIKILA-BILLARDEIRA ENTRE AS SELECCIONS NACIONAIS DE GALIZA E EUSKAL-HERRIA.
















Dende Pasaia o komando txirikila chegaba a Marín e facíao para na mañá de sábado , unhas horas antes do partido mentras varios membros da Auténtica se lanzaban en parapente para preparan o partido, vestiron os espectachlares traxes do entriodo Euskaldun cos que fixeron un impactante  pasarrúas por toda a vila.
















Os Bixi Bixi , que é nome do colectivo ó que pertencen os txirikilarin chegados á Galiza , aclimatábanse ó chan galego durante o pasarúas e recibían xa os consellos tácticos do gran Mourinho, o seleccionador basco chegaba a terra mae disposto a sorprender a unha Auténtica que era unha Auténtica incognita como ía funcionar baixo a batuta do habilitado por Flores coma selecionador nacional  Serxio do Faisca.  
















Emoción a feixados no xantar de irmandade  previo ó histórico partido internacional , comezaba xa o formigueo no interior dos palanadores e txirikilaris só calmado polas dúcias de litros de sidra basca e co viño galego que facía ferver o sangue ...todo listo , comezaba a emitir Radio Cabaliño!!

















Conexións en tempo real dende Marin coa pista de Remourelle donde se celebrara o derradeiro Aberto Puntuábel da Norleste con xantar de irmande previo ó Aberto na mítica Taberna de Lola e explosiva festa final durante a entrega de premios . En Remourelle Makitos levou o espectacular coello autóctono mentras ó día seguinte no espectauclar marco da Torre de Hércules no ultimo puntuábel da NorOeste foi Baleda dos bateas quen acupou o máis alto do podium.
















Ista é xa unha das fotos históricas da LNB , aquí está a Auténtica paláns en alto preparados para entrar en combate , atención porque moi pronto o espeluznante crónico do partido xunto con máis imaxes que farán tremar os cimentos da legalidade vixente ... 6-3 a prol da Galiza foi o resultado e o que menos importa do internacional fronte a Euskal-Herria e Rubén Otero o campión do Aberto posterior nunha tamén histórica final contra Luis Caminha o xubilado e activista non se dá por vencido e garda a billarda coa que xogou Otero, da súa propiedade,  coma as baixo a manga para asaltar a Coroza en Conxo. Nace e resiste a Auténtica en campo liberado...Txirikila sempre , adiante co Varal!!

14 Comments:

  • At 4:16 AM, Anonymous Anônimo said…

    Viana ten o pelo tinguido!

     
  • At 8:56 AM, Anonymous Anônimo said…

    Final entre O Farlopero (Otero) e o pastillero (Luis caminha)

     
  • At 10:18 AM, Anonymous Anônimo said…

    Que sabedes do rumor que circula por aí de que o seleccionador, Serxio da Faísca, fichou por Bateas?

     
  • At 10:33 AM, Anonymous Anônimo said…

    de ser certo sería o seu suicidio político e deportivo, por certo tamén se comenta que non quedeou nen auga nos floreiros en Salcerda.

     
  • At 11:01 AM, Anonymous Anônimo said…

    Coa fichaxe de Serxio por Bateas so queda que fichen a Luis Caminha para estar tódolos frikis no mesmo equipo.

     
  • At 11:36 AM, Anonymous Anônimo said…

    Os Bateas fichan xente do Faisca para intentar quedar tamén lideres en consumo de alcohol

     
  • At 11:52 AM, Anonymous Anônimo said…

    O unico friki que falta por ser fichado ê pinto, que ten medo de que iso aconteza e pediu asilo politico en peru

     
  • At 12:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    Dende que chegaron Bateas a LNB-Sur destrozaron a liga. Primiero copiaronlle o uniforme a almuinha e agora tentan destrozar a equipa da Faísca. Hai que facer un muro no salnés para que non saian de ahí.

     
  • At 12:12 PM, Anonymous Anônimo said…

    Som o Sérgio e tenho que denunciar publicamente à equipa de Bateas e ao Xan Rodinho, que me embriagou com premeditaçom e alevossia coa finalidade de que acepta-se fazer parte da sua equipa para assim asegurar-se logo mediante a manipulaçom a convocatória de todos os seus integrantes nos partidos da auténtica.

    Depois de rejeitar a minha incorporaçom a Bateas passarom a usar métodos violentos obrigando-me a sacar fotos coa camisola de Bateas e chamarom ao Xermán Viluba fazendo-se passar por mim para confirmar a fichaxe.

    Bateas mais umha vez volte a jogar sujo.


    PS: Correto em Salzeda nom ficou água nos floreiros

     
  • At 12:18 PM, Anonymous Anônimo said…

    Foto de Sergio do Faísca en Salzerda:
    http://www.tu-pc.com/fondos/media/3520.jpg

     
  • At 12:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ble, incorreto essa nom era do juízo´?

     
  • At 12:32 PM, Anonymous Anônimo said…

    O Ble e o Sérgio indo para a casa do Ble

    http://www.youtube.com/watch?v=mm9ZGfFCkn4

     
  • At 2:09 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero é un cabrón. En Marín fixo que todo o mundo bebese menos el. E o peor é que mexou no barril da sidra

     
  • At 3:31 PM, Anonymous Anônimo said…

    Por que non xogou bart simpson, amigo do seleccionador

     

Postar um comentário

<< Home