O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 04, 2012

CUNQUEIRADA BILLARDEIRA NO MONDOÑEDO IMPOSÍBEL!!

















Son de Mondoñedo da beira do Masma , son de Mondoñedo a tarta e o pan  , son de Mondoñedo as feiras das San Lucas , as mellores cousas todas aquí están...e por desgraza nengunha delas puideron ser catadas pola serpe multicor da LNB que ante o barruzo e a amiaza  de chuvia decidíu como se tiña anunciado resgardase no Pavillón de San Miguel de Barreiros donde simultánea á enganchada de Noalla na Conf. Salnés arrincaba a loita polo máis doce de todos cantos trofeos se desputan na tempada.

















Aterraba a gran tribo do Norleste nun pavillón xa mítico como o de San Miguel, cuxa entrada quedou inmortalizada para a eternidade na portada do República Billarda , espazo cuberto que está a converterse en refuxo e campo de operacións e encontro para os Remourelle Bulls e para palanadores da EkipA Bítere que cada mércores no lusco ó fusco se reunen para lanzar cara un mesmo varado e desfrutar da edición semanal Bruar dos Bulls aínda quente entre as mans.

















Sorprendentemente nengún Bulls rendíu ó máximo nista pista que coñecen coma a palma dos pés mais quen si sorprendeu pero positivamente foi a impresionate xestión deportiva do gran palanador Xosiño da EkipA que ademáis exerceu de correa de transmisión dos irmáns do Colectivo Ollomao que están reclutando actores para por en escea a mítica e senlleira obra "os vellos non deben namorarse" de Castelao

















Novos e vellos subirán ó esceario e tamén ó teatro do soños de Cerceda iste vindeiro domingo 11 de Marzo nunha nova edición do Billarda All Stars que vai ser das que deixan pegada, ate Mondoñedo se despreazon palanadores Cochikeiros que remataron coma o resto baixo as euralitas de Barreiros desfrutando dunha xornada moi intensa que aproveitaron tamén para perfilar preparativos xunto cos irmáns da NorLeste cara a mítica loita pola bandexa de rabos , orellas e a cachucha do Aberto das Estrelas.


















E tamén ate o Mondoñedo imposíbel de San Miguel se achegaron ceivar o raposo que levan dentro a poderosa franquicia luguesa dos Madia-Leva que xa preparan a próxima xornada puntuábel da NorLeste na cidade das Murallas e que promete intensidade a eito xa que varios colectivos da cidade amosaron xa o seu interese por mergullarse niste poderoso universo billardeiro aproveitando iste xa mítico Aberto en herba artificial da Piringalla.

















Xosé Rodiño dos Batea fíxose co espectacular trofeo de campión no Aberto de Noalla e Markitos dos B.M e Rodrigo de Tropa Lixeira custodiaron coma 3º e 2º respectivamente con cadansúa tarta no pódium ó gran campión Juan dos Billardeiros Musiciais proclamado Monteiro de Mondoñedo Imposíbel e gañador por tanto dunha espectacular tarta de Mondoñedo doada pola Pasteleiría Cabaleiros de Lourenzá , popularmente coñecida coma a pasteleiría do Koreano,  foi sen dúbida a marabillosa guinda para iste alebrestrado e surrealista  Aberto de Mondoñedo que dun xeito inaudito desputouse non pisando Mondoñedo e cunha tarta made in Lourenzá ...Cunqueirada billardeira!!