O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, dezembro 31, 2011

"XIDO LUCEIRO DANGRE", ENTRA NO ANO POLA HORA GALEGA , FELICITA O ANINOVO EN ARXINA E PARTICIPA NA BRUTAL XEIRA DE ABERTINHOS DE ANINOVO DA LNB!!

"Coño , el Ikea está ahí" así de impresionado se amosaba o impresentábel presidente da xunta na inauguración da terceira ronda para comunicar os Rosales coa Grela na cidade marco da Conferencia NorOeste , que pensaría iste dirixente se vira diante dos fuciños na circumbalación  ó Apalpador e ó seu incansábel axudante circulando a toda ostia no seu carro de bois e arrebolanco coios ós centros comerciais mentras amosan nun man un exemplar da Teoría do Inverno os agasallos do Apalpador e noutra sosteñen cadansúa botella de licores do Apalpador . A dúbida queda no ar pero non porque os nosos referentes do Notal Galego se queden na casa iste novo fin de ano combativo . Atención porque agora máis ca nunca é necesaria a saída en masa celebrar a entrada do aninovo pola Hora Galega máis celebrar a tan agardada xeira de Abertinhos de Aninovo, polo que amosamos en excluisiva mundial a listaxe de accións billareiras que o Apalpador e o seu fiel axudante están consultando desafiar iste noite plagada de tópicos:

- I edición da Anti-San Silvestre Billardeira >> Remourelle, Sábado 19 H / 696.213579

-I Abertinho de Aninovo en Meira >> ä saida do Pub Omega polas 7 h da mañá ( posterioe ó festival feliziano-Rock con Sream, Pan Z , The Tripa Streat Band e fin de festa coa sesión do Dr. Adra / 627.535993

-I Abertinho de Aninovo en Melide >> Sitio e hora  por concretar que artella a sección maís trouleira dos trouileiros

E chegan os referencias e xa consolidados II edición do Abertinho dos calhos de Aninovo de Ridadeu / 605.316896  e Xinzo / 627.780891 ambos polas 8 da mañá do 1 de xaneiro


E xunto con todas istas acción xa artelladas e apadriñada polo mesmísimo Apalpador é màis que previsíbel un brutal espallamento da accións lostrego de Aninovo en festas de colectivos irmáns coma Artábria en Ferro, . C.S A Gentalha en Compostela , Almuinha en Marin ou os Madia-Leva en Lugo . Sexa como for arrinca o ano desmarcándote e amosando personalidade  e sobre todo  faille caso a todo cando di o Hitler de Artábria , feliz ano nunca máis , xido luceiro dangre , utliliza o vervo xido para saír do rabaño!!....nen un paso atrás, nen para coller impulso!!

O APALPADOR E O AXUDANTE APOIAN A BRUTAL ACCIÓN ANTI-COMERCIAL DO TOP-MANTELO DA LNB EN SAN COSME!!

















Impresionante a nova acción do Top-Mantelo realizada iste venres para apoiar a visita do Apalpador ó concello de Barreiros organaizada polos irmáns da Asociación Ollomao , coa B.S.O do grupo tradicional Tumba e Dálle, o Apalpador acudíu encher as alforxas ó igual que as ducias de asistentes ó serán na Casa da Cultura de San Cosme para na noite vella deixar castañas e discos do República Billarda ó nenos e nenas que precisen de alimentación extra , e comunicou que é tal a avalancha de peticións por parte das crianças do país do Pasaporte-Sonoro da LNB que o Apalpador tivo que achegarse ate o set do Top-Mantelo co seu alebrestrado axudante....Apalpador co Top-Mantelo Sempre!!  

sexta-feira, dezembro 30, 2011

O DERRADEIRO ANUNCIO DO ANO >> A FAISCA-1880....O TURRÓN MÁIS CARO DO MUNDO!!


A contra-capa dos malditos e choromiqueiros anuncios de Natal relatando a volta do familiar alonxado por diversos motivos da casa leva unha solemne labazada con iste impactante video-estalo navideño de quizabes o turrón máis caro do mundo ....o realizado artesanalmente polos palanadores e palanadoras da Faisca. A LNB como se puido ver coa desputa do Abertinho do Repolo e como acontecerá coa xeira de Abertinhos de Aninovo , coma na premier league, non admites as treguas de nadal . é por iso que a rivalide está a flor de pel entre as grandes franquicias da LNB que nen sequera botar os doce esgarros pola hora galega para celebrar a entrada do aninovo é suficente desculpa para baixar a garda....non imos parar ate xogar en toda partes ( nas cadeas tamén!!)

A CONF. CENTRO ACOLLE A FANTÁSTICA ACCIÓN-LÓSTREGO DO ABERTINHO DO REPOLO!!

Dende o facebook do Varal  xa se pode sentir o eco da brutal intervención billardeira no Viraventos de Radio-Fusión , ista radio irmán que mantén unha listaxe alternativa a xeito de Fervenza-Sonora na que o estalo de Projecto Mourente do República Billarda + loge + forte está a manter fimemenete o primeiro posto consolidandose cona un fabuloso hit inmerso no noso explosivo disco República Billarda. E antes de que no serán Marcos dos Remourelle Bulls fixera xirar o viraventos a toda ostia , na mañá unha nova acción-lostrego inmersa na xeita promocinal do Repúblioca Billarda tivo lugar no corazón mesmo da Conferencia Centro . Impresionante o marco elexido para iste estourido de paixón compatida entre as grandes estrelas da área estornela e varios participantes no disco República Billarda .

Foi na pista da igrexia por detrás do xa mítico Restaurante o Crucerio o marco perfecto para perpetar a acción que culminou co espectacular Abertinho do Repolo que pola modalidade da morte súpeta catapultou ó gran palanador dos Trouleiros Rubén coma posuidor do espectacular e autóctono galardón. Mais para a ocasión o Aberto do Repolo foi a desculpa perfectoa para toparnos cun dos epicentros fundamentais do gran celeidoscopio sonoro do República Billarda , Paulo de Montouto Sound Machine , aborixe das Terras de Montes que polo ano está fóra do páis mais aproveitou a súa estancia no seu eido natural para botarse ate o Pino e desfrutar dunha inolvidadábel xornada compartida de sons , letras , feitos e actitudes. 

Polo xeral ando nos enfrontamos ó gran reto de amosar ó mundo o noso proxecto deportivo e de acción global , un dos grandes atrancos é sempre a interlocutor que temos diante , ista vez honrosa excepción atoparnos cun fantástico equipo coma o de ZigZag diario , ferventes admiradores da LNB e do proxecto sonoro coñecedores ademáis dende o gran bigbang de Vieiros.com donde o director da reportaxe militaba anteriormente. E de o mellos xeito de amosar isa implicación é que Hugo o campión nacional de Varados 2010,  tivo o enorme luxo de ser o palanador elexido para acoplar unha micro-cámara ó seu palán para captar o intre e a visión dende unha prespectiva nunca antes capturada. Atentos pois ó histórico estalo no ZigZag Diario da Tvg2 porque vai ser dises que deixan pegada.


Xornada de promo do República Billarda e sobre todo de emocións compartidas que moi pronto sairán ó ar moitos máis vértices que se foron debullando ise mesmo día coa complicidade irmán de Paulo de Montouto Sound Machine . Nada disto podería ser posíbel sen a magnífica xestión da Conferencia Centro da LNB que de novo deu un magnífico exemplo de compromiso e implicación total facilitando espazos e apoinado as sempre complicadas accións-lóstrego para difundir iste deporte e filosofía que pide terra a berros...Estornela Sempre , Adiante co Varal!!

quinta-feira, dezembro 29, 2011

CANSAO, REBENTADO ....I LOVE I DO , DEITATE E LOITA!!


Ás veces a somnolencia ven provocada por unha canción que altera as nosas facultades ó igual que o tempo de reacción pode diminuir cando un lle dá o play e olla iste novo imresinate estalo dos Suizos-Galegos I Love I  Do , iste fantástico par de Mafiosos Galegos que se ocultan baixo nome de Don Mangante e Chapucero destilan dende Xenebra augardente políglota niste seu novo video-estalo , Cansao é o título e nel se pode ver coprotagonizando a ambos sicarios da palabra . E apoiando iste máxima dos I Love I Do impresencindíbel sintonizar ista tarde co Viraventos de Radio-Fusión donde donde a LNB estará a presentando o República Billarda disco dóbel no que os autores de Cansao son pilares básicos diste brutal edificio sonoro...Longa é a noite!!

quarta-feira, dezembro 28, 2011

ISTE NATAL ELES TÉÑENO CLARO ...E TÍ??

















Continúa a gran xeira de alinazas internacionalistas protagonizada nista ocasión por un dos grandes mitos da LNB que non quere por nada erguer o seu brazo de ciber-palabador robótico en defensa dun Natal solidario e concienciado polo que acode ás terras da irmán Euskal-Herria ó chamado do Olentzero para que nistas datas non esquezamos tampouco o boicote a productos fabricados coa maquinaria da opresión dos pobos . República Billarda e productos feitos na Galiza e nas terra da Txirikila son alternativas perfectas para encher de emoción as zocas nista fin de ano .


PALANOTRÖNIC IRROMPE RACHANDO MOLDES DANDO AS SINAIS HORARIAS NA RADIO OFICIAL DA LNB>> Radio Musica en Galego!!


















Acción sen precedentes na radio-difusión galega xa que por primeira vez  na história vez un ciber-palanador é o encargado de rachar coa opresión horaria e recordarnos cada hora durante as 24 do día  na radio musica en galego , que podes sintonizar dende akí ,  cal é a hora natural galega , un horario polo que ademáis de celebrarmos a entrada de ano temos  que rexir todos os nosos destinos , e non podía PALANOTÖNIC non facer referencia a ise curmán seu chamado MAZINGZ ,  poderoso robot-poético enxendrado polo referencial armadanzas galego-arxina chamado Calros Solla , unha xoia que podes encargalle tamén ó Apalpador en calqueira libraría do país para arrincar co ano cos puños e o vervo-xixo fóra. E atención porque se algíun debuxante anda buscando materia prima MazinGz e Palanotönic están adoecendo por  invadir as follas dise tan desexado comic galego de seu...Hora Galega e Comics Galegos Semrpe!!

+ UN ANO.... VICTORIA DA ALIANZA INTERNACIONALISTA FRONTE Á MISERIA INSTITUCIONAL!!



Cando ontes o teatro Jofre de Ferrol acolleu a impresentábel cerimonia dos mal chamados premios do deporte galego oficiada polo presidende da xunta e polo seu brazo executor no eido deportivo Lasa Lete, ferve o caldo ó lume e sobran palabras para exaltar a firmeza e compromiso coa terra e so suores dos irmáns Siareir@s Galeg@s todo un exemplo de autoxestión e compromiso>> A selecçom galega de futebol voltou a enfrentar-se a um povo irmão, neste caso à RASD (República Árabe Saaraui Democrática), num partido organizado polo colectivo Siareir@s Galeg@s que contou com o apoio da associaçom "Solidariedade galega co pobo saharaui"

terça-feira, dezembro 27, 2011

TI PON O BACALHAU ....QUE NÓS POMOS O REPOLO!!

O Bacalhau con repolo é unha das poucas receitas da antiga cociña galega que a pesar de non ser asimilada pola restauración pola súa sofisticada eleboración , mantense totalmente viva na tradición no tempo de natal de moitísimos fogares da Galiza . É por elo que a LNB non pode deixar de reivindicar iste fantástico petisco e faino como non podía ser doutro xeito coa celebración do Abertinho do Repolo iste vindeiro xoves ás 12 h . do mediodía no pista do Cruceiro no concello Pino coincidindo ademáis coa gravación do estalo de presentación do disco República Billarda para o programa cultural da Galega ZigZag diario . E non queda ahí a cousa xa que como sabedes hai xa varias iniciativas riba de mesa para que a agardadísima xeira de Abertinhos de Aninovo sexa unha realizade e todo indica a que os callos en solidaridade co pobo NorKorean van correr a regos dos Courel a Compostela , se ti tamén queres prantarlle cara ós saltos de sky de Garmisch ponte en contacto para por en marcha o teu Abertinho de Aninovo ó solpor do 1 de xaneiro...fin de ano pola hora galega e abertinhos de aninovo sempre!!

VERMELLO-CHOLLIMA NA CONFIRMACIÓN DO I ABERTINHO DE ANINOVO EN VIGO!!

















Impresionante a acción internacionalista que se vai constatar nas primeiras horas do incio de ano xa que se confirman todos os peores presaxios para o inimigo capitalista como se pode ler nos cometarios do anterior post polo que a xeira de Abertinhos de Aninovo vai ter un denominación e unha cor común....a vermella do Apalpador e da bandeira da irmá Korea do Norte xa que Vigo dá o primeiro paso ó fronte e martelazo na mesa para na manha do 1 de xaneiro realizar o tan soñado e agardado por toda a comunidade internacional I Abertinho homenaxe da Kim Jong-IL.

Atención porque  haberá máis información sobre o sitio, hora e sobre os espectaculares premios que a LNB en colaboración co embaixada de Korea do Norte en Portugal ( a única que manten en Europa xunto coa de Suecia )  , un feito histórica e de transcendencia mundial xa que a comunidade internacional terá os ollos postos no que en Vigo e nos demàis Abertinhos de Aninovo aconteza xa que a mistura entre o Licor Café e a bebida tradicinal NorKoreana do Soju pode ser esplosica e convertir os varados en armas atómicas de impredecñibeis consecuencias . E moi a tentos tamén porque a no zulo de prosproducción de Tropa-Lixiera estase ultimando o estalo no que as Anti-Fans de Extensión Agraria  felicitan o ano en Vervo Xido ou Arxina , un motivo maís para alonxarse defitivamente do calendario e dos malditos stándadres do vocabulirio occidental...Oreta Xida sempre , adiante co varal!!

segunda-feira, dezembro 26, 2011

SONAR GALICIA MARCHA A XAPÓN .....E O BILLARDA EXPERIENCE A PYONGYANG!!
















Uns días antes de que o pobo da irmá de Korea do Norte de tornara nun inmenso val de bágoas pola perda do gran lider, Kim Jong-IL en persoa estivo na brutal festa do Billarda Experience en Pyongyang que , o ministerio de defensa NorKoreano que organizaron xunto cos Tropa-Lixeira de Meira ista gran estalo pro-nuclear tiveron o detallazo de enviarnos ista impactante foto na que podemos ver ó expresidente consultando ó dj polo responsábel de incluír o tema de Ilegível no República Billarda . Pyongyan enteira pese á dor danza xa emocinada co República Billarda e camiña xa paso firme dirixida polo novo gran lider Kim Jong-UN , que estudou en Suiza , declarado seguidor de Mafia Galega na súa vertende políglota de I Love I Do , temos pois asegurada a continuidade da firme alainza entre ambas nacións que se forxou durante o apoio da LNB á selección Chollima no pasado mundial de sudáfrica. Un disoc o de República Billarda que coma Kim Jong-IL ti tamén poderás adquirir se iste vindeiro venres 30 apartires das 19:30 estás por San Cosme de Barreiros porque o Top-Mantelo voltará a tomar as rúas en apoio á visita do Apalpador ó concello de Barreiros, un disco e unha filosofía de acción a da LNB que o irmán e habitante da República Billarda Miguel Alonso comenta e ensalza na súa referencial columna no diario dixital Galicia Ártabra>> e se queres seguir con brincadeiras internaciomais pásate polo web-blog da Conferencia Centro e sumérxete no universo azul dos habitantes dos cogumelos... Billarda Sempre , Adiante co Varal !!

sábado, dezembro 24, 2011

ISTA NOITE E A DO ANINOVO ....Ó IGUAL CA TODO O ANO O APALPADOR E A LNB PLÁNTANLLE CARA Ó IMPERIALISMO!!


































Castañas e o pasaporte-sonoro da República Billarda ...se fuches mal@ e revell@ , o Apalpador iste ano deixarache premio. Recorda deixar a zoca para que o Apalpador che deixe os teus agallos e ó seu carón unha botella de Licor Café para que poida seguir o reparto...Ei Vaca Vou!!

O SAARA CEIVE , A GALIZA E NO MEDIO A BANDEIRA DA LNB MARCANDO A SAÍDA PARA A LOITA ÁS SELECCIÓNS NACIONAIS EN CHACHEIRAS!!

















Refregade os ollos porque estamos ante unha das imaxes máis transcendentais , potentes e impactantes de todas cantas temos realizado na nosa xa dilatada história. A bandeira da LNB preside a saída ó campo das selección irmáns de Galiza e RASD  deixando así a súa pegada coma un dos referentes fundamentais do entramado de acción  galega reflexado sen fisuras niste gran campo de refuxiados no que se convertéu o estadio de futbol de Cacheiras , a un lado o Saaha e a outro a Galiza e no medio a forza e carraxe infinita da grande tribo-LNB de tuaregs billardeir@s niste noso abafante e descomunal deserto galaiko.


XOSÉ MIGUEL DA FAISCA , GRAN CAMPIÓN DO ABERTO DA AUTÉNTICA DE CACHEIRAS!!

















Teu foi o noso osasis de Licor Café , fútebol , billardas , festa e loita pero o gran reto que sáe de ahí para xunto cos irmáns de Siareir@s Galeg@s é continuar sachando para o artellamento dunha alternativa válida e viábel para o desenrolo deportivo e social propio e autoxestinado co que combaer ás políticas galegófogas do actual governo galego ó que lle gostaría aproveitar partidos coma iste para pechar o recinto con aramios de espiños e gasear a xogadores e asistentes.  Xosé Miguel da Faisca como  foi anunciado en tempo real polo noso refenrencial Facebook , foi o campión do xa mítico Aberto da Auténtica sendo o seu propio compañeiro de equipa Pinto, que sustentaba o título acadado en Ourense o ano pasado, quen fixo entrega dos fantásticos Trofeos en estado líquio e sólido....Siareir@s Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, dezembro 23, 2011

A ESPECTACULAR VICTORIA DE XOSÉ MIGUEL EN TEU CONFIRMA A HEXENONÍA FAISCA NO MÍTICO ABERTO DA AUTÉNTICA!!

















Céspede artificial para un novo e explosivo arrinque da máis grande festa do desporto nacional que anualmente os irmáns de siareir@s galeg@s poñen en marcha coa selecciona nacional de futbol mixta coma gran punta de lanza. As primeiras imaxes e sensacións amosadas no noso referencial facebook-oficial confirman sen lugar a dúbidas que a LNB é xa un dos pilares básicos do entramado deportivo galego de seu , cunha afluencia de record absoluro que rozou o cento palanadores e palanadoras arrincaba o xa mítico Aberto da Auténtica , o estalo que abría toda unha xornada no campo de futbol de Cacheiras ( Teu )  de desporto, festa e loita . A victoria do gran palanador da Faisca , actual campión olímpico e recentemente proclamado Pasaiako-Txirikilari converten a Xosé Miguel nun referente absoluto que coma os grandes craks mundiais que coma Messi non lles treme o pulso e si aparece para resolver nas grandes citas . E o Aberto da Auténtica dende logo que é un dises Torneos que marcan pauta no que os Faisca continúan a ter o tixolo polo mango xa que Pinto , o campión da pasada edición en Ourense foi quen lle entregou a botella de Licor Café-LNB a Xosé Miguel que na final puxo a remollo as barbas do gran palanador nómade Luis Bateas . Magnífica xestión de todo o entramado bollardeiro que fixo posíble a realización dunha nova edición do Aberto da Auténtica que se consolida coma unha das grandes citas do calendario LNB e máis despois de saber que Xosé Miguel adicou o triunfo ó recentemente falecido Kim Jong-Il presidente de Korea do Norte . Festa rachada no campo de futbol co Galiza-RASD e posterior estourido de watios no campo da festa de Cacheiras que fixo que algún indíxena da zoa avandoara un día antes do previsto a casa para refuxiarse das embestidas de Invivo e compañía  nas frías terras no norte cantábrico...Auténtica Sempre , Saara e Galiza ceibes!!


quinta-feira, dezembro 22, 2011

UMHA LUITA, UMHA NAÇOM, UMHA SELEÇOM....VENRES EN TEU E O SÁBADO EN BUEU!!


O Natal Radiocativo da LNB actívase iste venres apartires das 16 h . no campo de futbol de Cacheiras en Teu donde se desputará unha nova edición do xa mítico Aberto da Auténtica que botará leña no lume aceso polos irmáns de Siareir@s Galeg@s que auoxestionan ista nova gran xornada de Loita e festa con interncacionla de futbol Galiza-RASD que terá o seu colofón brutal cun explosivo festival no campo da Festa de Cacheiras . E como non podía ser doutro xeito a LNB xa ten preparada a espectacular botella de ouro mouro ou Licor Café para o campión ou campioa do Aberto da Auténtica co que celeberar unha nova victoria do deporte galego de seu contra a incompetencia e a miserable xestión institucional . O ciclista galego Ezequiel Mosquera será o encargado de realizar o saque de honra unha brutal patada á inxustiza deportiva consentida polas institucións galegas á que toda a tribo billardeira se suma para esixir o seu inmediato regreso á competición oficial ...Ezequiel Sempre , adiante co Varal!! /  Contacto Aberto de billarda>> 627.780891

SÁBADO 24>> ABERTO DA CACHIZA EN BUEU!!

E como hai que facer sitio para a cea do sábado , os bravos palanadores e palanadoras de Bueu non dubidaron un intre para executar o III Aberto da Cachiza . Para facerlle sitio ó Bacalhau nada mellor que pasala tarde zoscándolle á cachiza , comezamos ás 16 h, camiño do Beluso algún loureiro atoparedes Furancho e Apalpador Habemus...Deixadeo para o remate do Aberto!! >> Contacto: 658.491908  



quarta-feira, dezembro 21, 2011

O APALPADOR , O MORRAZO E O ABERTO DA AUTÉNTICA.....SEMPRE VERMELLOS!!

















Mergullardos xa niste nova gran e feliz falsidade que é o Natal , como non podía ser doutro xeito O Apalpador de novo guía os nosos pasos . O pasado domingo no Aberto-Jumarreiro de Ribadeo de novo invadíu a pista de xogo para apalpar as barrigiñas de palanadores e palanadoras e repartir castañas de ilusión para afrontar un novo ano que se prevé longo e durísimo en case tódolos aspectatos. E non foi unha ilusión optica nen moito menos cando O Apalpador apalpou a barriguiña do palanador de Troitas Bravas Regueiro, unha poderosa luz vermella tinxíu durante uns segundo todo o horizonte , para obrar o miragre de ilustra as mensaxe da sudadeira do magnífico palanador da ekipa da Pontenova O MORRAZO SEMPRE VERMELLO , e para demostralo iste mesmo sábado 24 en Bueu desputarase o I Aberto do Apalpador [ 658.491908 ] que se convertirá no after-billardeiro do brutal estourido que suporá unha nova edición do Aberto da Auténtica en Teu o venres 23 no marco do novo estalo da selección galega de futbol autoxestionado por siarair@s galeg@s / contacto>> 627.780891 - E alerta guerrillas porque o Apalpador está lanzando xa billardas coa mensaxe de non inxerencia a papa noel e ó reis magos polo que é posíble que novas acción billardeiras para reforzar ista poderos  mensaxe se sucedan  das fomas máis variadas coma de Abertinhos de aninovo ou acción do Top-Mantelo apoiadas pola presenza do carboeiro do Courel...O Morrazo , A LNB e o Apalpador sempre vermellos!! 

ZÉNZÄR INVADEN DE ROCK E PAIXÓN ISTE MÉRCORES O PROGRAMA ZIGZAG DA TVG2!!
















E como o fluxo de intensidade brutal no entramado República Billarda estoura ante o inminente mensaxe de natal da súa , que non nosa,  maxestade, os referenciais ZËNZÄR invaden tamén as pantallas de televisón ademàis de co seu explosivo DVD en directo apresentado en acústido o pasado venres en Cerceda , cunha acción sonora tamén hoxe mércores no programa de actualidade Cultural da Galega ZigZag donde a LNB temén apresentará o seu pasaporte sonoro que brua xa en tódolos recunchos do país ....vóan as billardas de Cerceda hasta Meira!!

MIGUEL ALONSO CEIBARÁ OS CANS ISTA TARDE NO PROGRAMA A SOLAINA DA GALEGA!!!


Unha das premisas básicas do República Billarda é apoiar con puño e gorxa firme as accións dos grupos e artistas implicados no gran proxecto sonoro da LNB , polo que hoxe apartires das 17:15 da Tarde se vos coincide diante dun receptor de TV sintonizade coa Galega porque no programa a Solaina o irmán Miguel Alonso estará coa súa banda pechando xira de apresentación do seu último polo momento e celebrado traballo A Noite dos Cans ...

E non queda ahí a cousa xa que Miguel Alonso segue ruta para iste mesmo venres 23 , apartires das 18 h. chantarse xunto coa súa banda na rúa do Orzán donde estarán compartindo sons , letras e actitudes no corazón mesmo da Conferencia NorOeste... A noite dos cans e da billarde sempre!!

terça-feira, dezembro 20, 2011

23-D EM TEU>> GALIZA-RASD + ABERTO DA AUTÉNTICA...UMHA LUITA, UNHA NAÇOM , UMHA SELEÇOM!!


15 anos de resistencia e combate , os irmáns de siareir@s galeg@s suman e seguen con iste novo asalto o venres en Teo un novo capítulo de auto-xestión e compromiso co país . A LNB estará alí rachando o xeo dunha nova xornada histórica que comezará ás 16 h . con xa mítico Aberto da Auténtica que ista edición terá tamén coma compañeiros de viaxe á Loita Galega , O Espazo Saaraui e a Carpa Dj - Despois manifestación nacional para desembocar no estadio que acollerá o Galiza - República Democrática Popular Saaraui . E coma fin de festa explosivo concerto con Invivo , Contra As Cordas , Bastars On Parade e Opció K-95 . Toda a info sobre autobuses , horarios e actividades no referencial web-blog de siareir@s que vena completar o espectacular estalo audiovisual no que palanadores da LNB tamén estiveron colaborando activamente na producción do mesmo...Tod@s a Teo , e con toda a  Xenreira adiante a selección Ska!!

+ LONGE + FORTE .....MUSICA EN GALEGO E BILLARDA SEMPRE!!!


Agora xa que esta todo fodido pecha o Badulake, separanse Lamatumba, deixan de tocar skacha... Pero non todo está perdido porque xurde con forza a Republica Billarda no musicaengalego!!!! Atención porque isto non cae en saco roto e confirma a temida alianza entre MeG-LNB  polo que xa podedes sentir na súa referencial emisora de radio-web estourar os estalos da República Billarda convertíndose ademáis MeG-radio na emisora oficial da LNB que poderás sentir na nosa web e que se sintonizará cando sexa posíbel nas pistas dos Abertos de Billarda. + longe + forte ...ista é a premisa que nos aplica o referencial Projecto Mourente que xa ten rulando pola rede iste explosivo video-clip ilustrando o seu brutal estalo pertencente ó República Billarda...Non imos parar ate xogar e bruar en toda partes!!

segunda-feira, dezembro 19, 2011

JULIO dos Billardeiros Musicais....TODO UN EXEMPLO DE SUPERACIÓN E TOTAL COMPROMISO BILLARDEIRO!!

















Iste pasado domingo en Ribadeo na desputa do xa mítico Aberto do Galo foron moitas as sensacións vividas tanto dentro como fóra da pista por ser sempre un intre o do último Aberto Puntuábel do ano na conferencia norleste , un momento idóneo para o fluxo saudades. E por encima de todo e non pola laboura dun ano que agora remata senón dende que por primeira vez se incorporou á gran serpe multucor da LNB temos que facer referencia á forza na actitude e compromiso dun palanador chamado Julio que xunto coa súa compañeira iste domingo nos deron unha auténtica lección a tod@s de implicación e impulso que non hai premio nen cousa material que poida logar expresalo. dende fai tempo xa se víu ó palanador dos Billardeiros Musicais xogando apoiando os seus golpexos cun caxato máis unha intervención fai uns días na perna impedíalle apoiar a mesma e chegar camiñando á pista de xogo donde se desputaba iste domingo o Aberto do Jumarreiro moi preto da súa casa. É por iso que en complicidade coa súa dona decidiron pedir unha silla de rodas no centro de saúde para acudir á chamada do galo e compartir con toda a tribo LNB unha xornada aínda que non xogando si sentindo e compartindo a gran paixón billardeira. E canda el outro exemplo foi o do seu compañeiro de Billardeiros Musicais Juán que cunha recente operación na vista tamén acudíu non para xogar senón tamén para compartir e apoiar unha imparábel revolución en marcha. Julio foi ademáis dos que si pasou dos feitos á verbas e mercou o República Billarda e non quedeou só niso senón que amosou o seu firme compormiso en converterse no Gaiteiro oficial dos Extensión Agraria. Julio....Sons , feitos, letras e actitudes!!!

TELE-VARAL..INTERFERENCIAS NO SINAL!!!


Interferencias no sinal fan que as extremecedoras imaxes da televisión nacional NorKoreana se colara na frecuencia de Tele-Varal , non é de estranar xa que o mundo occidental dende as 23:30 h. da pasada noite do sábado vive en alerta vermella atemorizado polas posíbeis consecuencias do falecemento do presidente Kim Jong-Il. Mais podemos informar que grazas ó pasado mundial de futbol no que a LNB xunto co irmán O Traveseiro realizaron as impactantes quedadas de apoio á Auténtica Vermella que deron a volta ó mundo, a Galiza está a salvo alineada cos paises do eixe do mal.

















Imposíbel esquencer as imaxes das dúas principais frontes de acción Galaiko-NorKoreana en Compostela no referencial Bar O Xa Chegou donde Siareir@s Galeg@s e a LNB , como vai acontecer o vindeiro venres en Teo na próxima edición do partido internacional da selección nacional galega de futbol , foron de novo xunguidos no apoio á Auténtica Vermella ó igualq eu aconteceu no Bar Nevada de Ribadeo donde aquel gol fronte a Brasil foi celebrado coma se fora o vada que converte a un ou unha en Coroceiro Nacional . De momento calma tensa ante a inminante proclamación do novo presidente Kim Jong-UN para continuar a história dun estado ceibe no que varios palanadores e belitistas xa pensan en pedir asilo político...Pyongyang Billardeira xa!!

domingo, dezembro 18, 2011

O APALPADOR COROA A MARKITOS MONTEIRO-JUMARREIRO E ENCHE AS ALFORXAS CO REPÚBLICA BILLARDA PARA ESTERCAR DE AGASALLOS O PÁIS ENTEIRO!!



O Apalpaor un ano máis chegou á LNB e fíxo a súa brutal aparición no Aberto do Jumarreiro de Ribadeo da Conferencia Norleste , pese á tremenda tromba de auga que caeu ista tarde de domingo e por riba dos rumores que o situaban desaparecido en combate ó carón do Palador da Sur Rubén Otero , o Apalpador non faltou á súa cita coa ilusión de centos de palanadores e palanadoras que o ven xa coma o único referente posíbel niste noso Natal Billardeiro e o único capaz de atreverse a agasallar o que nen Papá Noel nen os reis magos se atreverían xamais....falamos por suposto do dico República Billarda que xa está no saqueto do Apalpador xunto coas castañas e xoguetes feitos a man agardando que llo pidedes a berros cando o vexades diante...


Un Apalpador que ademáis promocionou coa súa poderosa imaxe os fantásticos trofeos doados pola emerxente Plataforma Comercial de Apoio da LNB ademáis de informar que é moi posíbel que participe en algún dos explosivos Top-Mantelos que se realicen nistes datas da Natal nas vilas, cidades e parroquias galegas..

E coma xa é norma, a LNB aproveitou a fantástica visita do Apalpador para que oficara de mestre de cerimonias na espectacular entrega de premios ós palanadores que accederon ó pódium, Regueiro de Troitas bravas en 3º posición , Eric de Os Outros na 2º e Markitos de Billardeiros Musicais que acadou o galo e converteuse así no primeiro Monteiro-Jumarreiro do história foron os elexidos pola gloria niste último Aberto puntuábel do ano na NorLeste...felicidades ós campìóns que é o mesmo que felicitarnos a todos por ser capaces de levar adiante e xestionar ista auténtica besta brava colectiva chamada Liga Nacional de Billarda .... Apalpador Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, dezembro 16, 2011

O MÍTICO ABERTO DO GALO....SEMBRA O TEMOR CARA Ó GRAN DIOIVO DA SELECCIÓN GALEGA DE FUTBOL!!


Chove na casa do probe e nos nosos corazóns tamén chove...máis a chuvia fina dista find simplemente é o adiante do gran Diovo que se prevé para o vindeiro venres en Teo durate un novo embite autoxestionado da selección nacional de futbol pilotado polos refenciais Siareir@s Galeg@s. Atención porque xa podedes ver o extremecedor adianto do Dioivo>> Parte 1 e a Parte-2 - A cita iste domingo no pavillón IES de Ribadeo apartires das 15:30 h e xunto co espectacular galo autóctono haberá máis premios que o Apalpador entregará ós primeiros clasificados , grupos de conversa en Arxiña a pé de pista e apresentación do Aberto da Auténtica no marco do partido da selección galego de futbol por parte do Ribadeu-Houligans que estarán participando activamente niste mítico Aberto da NorLeste-

FIN DE SEMANA DE PRESENTACIÓNS DO ABERTO DA AUTÉNTICA E DO PARTIDO DA SELECCION NACIONAL GALEGA ISTE VINDEIRO VENRES EN TEO!!

Unha apresentación do partido internacional e do Aberto da Auténtica do vindeiro venres en Teo que enfrontará á Galiza coa República Autónoma Saharahui Democrática que ademáis de Ridadeo terá os seus puntos quentes nas festas apresentación o sábado na Gentalha do Pichel en Compostela e iste mesmo venres nunha festa concerto na Tenda da Ponte en Cuntis - E recordade que iste mesmo venres en Cerceda no Bar A Taberna os irmans de Zénzär arrincan a súa minixira de apresentación do dvd en directo donde sitio no que ademáis poderedes conseguir tamén se estades espelidos o arrepiante pasaporte-sonoro da República Billarda...porque non imos parar ate xogar e bruar en todas partes!!

quinta-feira, dezembro 15, 2011

18-12-11>> DESATÚO DO JUMARREIRO DE RIBADEO!!

ESCURIA>> 15:30

Todo listo para que iste domingo no Pavillón IES Porta da Auga de Ribadeo a sangue corra a regos nunha nova loita de galos billardeira , espolas e paláns xuntos pola dignificación de ambos desportos , atención porque nas apostas está a subir coma a escuma o nome do palanador das Troitas Bravas Regueiro que xa anunciou a súa presenza no Aberto e que ven a por todas e disposto a desprumar en seco ós seus rivais para seguir na pomada da clasificación xeral , non podemos esquencer ademáis que o Monteiro da Pontenova garda tamén coma ouro en pano a espectacular navalla acadada niste aberto do ferro que coma galo de pelexa billardeiro que é non dubidará en utilizala para acariñar o pescozo dos rivais que se crucen no seu camiño na pista de xogo.


Como podedes intuír a LNB continúa a beber Orexa-Xida o licor café con atiquetaxe arxina que acende os noso desexos de jalrupar en vervo xido , polo que en Ribadeo a pñe de pista voltaranse a producir os grupos de conversa en arxina para potenciar ista lingua galega de seu que xa é cooficial nas pistas de billarda de todo o páis. E ademáis do Arxina atención porque por alí estará como xa é costume O Apalpador para repartir ilusion e os fantástios premios coma unha espectacular bolsada de 3 kg de mazás ecolóxicas e unha bolsa de fabas-autóctonas para o segundo e terceiro clasificado respeitivamente. E non podemos tampouco deixar de solidarizarnos cos irmáns de Madia-Leva iste referencial centro social con equipa-LNB está a ser brutalmente acosado dende as páxinas de El Progreso , a caverna mediática non cesa no seu empeño desestabilizador polo que todo o apoio e solidaridade para os palanadores e palanadoras do Madia-Leva , unha solidaridade e apoio que extendemos ós irmáns da Gentalha do Pichel cuxas contas acaban de ser embargadas polo concello de Compostela nunha medida máis que constata o estado de sitio-antigalego que vive capital do país , ...Billarda Sempre, adiante Centros Sociais!!

quarta-feira, dezembro 14, 2011

DESCLASIFÍCANSE AS IMPACTANTES IMAXES DE PALANADORES INFILTRADOS REUNIDOS COA CÚPULA DA LNB NO BAR FAISÁN DE IRÚN!!

A LNB nonpode estar á marxe da combulsión e confusión entorno á actualidade social no estado español polo que durante a celebración fai unhas semanas dunha nova edición do Aberto de Txirikila-Billarda en Pasaia varios membros do comando LNB desprazánse á cita que tiñamos establecida no famoso Bar Faisán de Irún con varios palanadores e palanadoras infiltrados nos corpos de seguridade. Por qué sáe á luz agora ista tan sensíbel información?? pois está clarísmo , a tan só uns días de que o vindeiro domingo se desputa a V edición do mítico Torneo do Galo nas terras Ribadenses da NorLeste a LNB xa podemos anuciar o contacto cun dos grandes productores avícolas da Galiza , trátase de Pitos Xusto , o afamado criador de Barreiros entra no universo billardeiro e faino pola porta grande coma proveedor oficial de pitos , galiñas e demáis especies de pruma que de seguro poderá desembocar nun futuro no tan desexado I Aberto do Faisán a dóble partido na Galiza e Euskal-Herria.


E coma xa comentamos no seu día . os membros da LNB non só se quedaron na desputa do Aberto txirikila e en realizar as xestións e inxestions no Bar Faisán senón que se dirixiron ós estudos da zintzilik irratia para no referncial programa Licor Café falar do entramado billardeiro e pulso dun país en loita , imperdíbel aquel estalo e o estalo aínda quente sacado do forno producido iste mesmo domingo donde estivo o voceiro de ceivar falando das ultimas acción represivas ó movemento de liberación nacional galego , e tendes gañas de fecitar o natal á vella usanza no web de ceivar tendes uns enderezos que vos poden interesar...Licor Café sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, dezembro 12, 2011

PROTEXE OS TEUS OLLOS COA MÁSCARA DE SOLDAR... PORQUE CHEGA A INCENDIARIA PROMO DO REPÚBLICA BILLARDA !!

Matosinhos , Espinho , Porto.... o bafo imparábel do República Billarda invade terras lusas conectando con isa vella teima da Conferencia Sur que traballa a reo niste tan desexado proxecto dun Aberto en terras Portuguesas . Unha incendiara road-movie a modo de Promo do disco que conecta co estreo do video-estalo da Esmorga na ConSal . Sumerxente nista brutal carreira da xornada perpetrada no zulo creativo dos Tropa-Lixeira de Meira e a continuación sinte o impresecindíbel programa especial realizado por Sak no seu Radio-Oceánica sobre o dóbel disco República Billarda porque istes serán un dos pilares básicos nos que se sustente a brutal xeira de apresentacións en espazos alternativos do disco dóbel e da filosofía deportiva e global da LNB para as cales contamos con toda a tribo....non imos parar ate xogar e bruar en todas partes!!

domingo, dezembro 11, 2011

CERCEDA MARCA A INVASIÓN BILLARDEIRA DO MERCADO CHINÉS....

Cando dende a mafia da liga de futbol español se aprovou o polémico horario de mañá para domingos a desculpa foi o mercado asiático , en especial o Chinés. Refregade os ollos porque niste novo e espectacular-video dos irmáns de Tingarata poderades ver o explosivo set de venda do República Billarda en Cerceda cun impactante vendedor-robótico que agarra o palán para lanzarnos definitivamente á conquista do mercado chinés e asiático. Todos os resultados da xornada no explosivo facebook oficial do Varal ...porque hoxe vai frío mais todo o que importa é que no ceo vóan estornelas!!!

...E CASCARILLAS DE TROPA-LIXEIRA A DO MERCADO BRITÁNICO!!
Gasol cun pé fóra dos Lakers , Anelka dirección á liga Chinesa deixando atrás o azul céo do Chelsea e como non podía ser menos as grandes estrelas da LNB tamén tantean o cada vez màis poderoso mercado internaciona billardeiro , con palanadores e palanadoras militando coma anti-comunitarios na Bélit PP.CC , na Txirikila-Bai de Euskal Herria en a CNL de Asturies ábrese agora coa viaxe lóstergo da mega-estrela Cascarillas a posibilidade que se sexa o primeiro palanador galego na Premier Ti-CaT Inglesa . Moito terá que por riba da mesa a súa actual franquica Tropa-Lixeira de Meira que despois do seu espectacular debut na Conferencia Sul no Aberto do CulturGal de Pontevedra ten coma prioridade absoluta reter á mega estrela Cascarillas nas súas filas depois que o seu aterraxe en Londres desatase a loucura absoluta nos medios e fans inglesas...voan as billarda de Cerceda hasta Meira!!

ISTE DOMINGO ÁS 22 H, "RADIO OCEÁNICA" DA RGM ÚNESE Á FEBRE TOP-MANTELO QUE INVADE O PAÍS ENTEIRO!!


Siareir@s galeg@s xa ten o caton oficial 2012 na rúa para o vindeiro -------en Teo apoiar a nova edición do partido autoxestonado da Selección Galega , como sabedes a LNB lanzou á rúa tamén o seu explosivo pasaporte-sonoro que está a rachar con tódalas mellores previsións de venda e difusión , ista semana pasada membros da LNB estiveron apresentando o República Billarda e con el a filososofía de acción da LNB en radios tan potentes e alternativas coma Radio-Valadouro e Radio Ordes no referencial programa o Son do Chafarís , e mentras as acciósn do Top-Mantelo se sucedes en todo o país cuns resultados e resposta do público absolutamente abraiantes iste domingo dende as ondas da Radio Galega Música , Sak dende a súa trincheira do Radio Oceánica que se emite ápartires das 22 h. realizará un primeiro estalo centrado na edición do disco dóbel República Billarda. Cos Bateas emitindo ao vivo en twitter as súas evolucións en directo dende as pistas de xogo , a LNB busca e atopa novos vieiros de difusión alleos ós stándares do mercado do capitalismo salvaxe , é por elo que chamamos á rebelión absoluta e difusión da nosa mensaxe por medios alternativos coma o Top-Mantelo , a inmersión e colaboración con radios ceibes ou alternativas , blogs , medios dixitais .....non imos a parar ate xogar e bruar en todas partes!!

sexta-feira, dezembro 09, 2011

I LOVE I DO , DESPORTO, CELOS E CANIBALISMO ...DENDE XENEBRA ATE MOAÑA, NOALLA , CERCEDA E O MUNDO ENTEIRO!!

E continuamos estrea absoluta xa que dende Xenebra os irmáns de I love I do , a pel francófona e políglotq de Mafia Galega , hoxe lanzan o seu primeiro e espectacular video-single do que vai ser a súa poderosa gran posta de longo , atención porque Paco baixo o alaias de Don Mangante xunto con Felipe alias Chapucero elixen O Varal coma trampolín de lanzamento ó mercado galego e lusófono. Un luxazo inmenso que os irmáns de Faya Record vexan no entramado billardeiro a mellor das armas de penetrar na pel diste inmenso boi da chega chamado Galiza. Sen dúbica Don Mangante e Chapucero seguen fondamente marcados polo intenso e tenso pulso da LNB e niste seu brutal estalo tutulado SCREAM trocan momentaneamente o paláns por unha raqueta de tenis pero naturalemente raqueta setenteira de madeira para homenaxear a ises deportista de xenio e mala ostia que tanto nos marcaron a tod@s coa súa actitude na pista , xuramentos , protestas e enganchadas con público , árbitros , rivais e incluso recollepelotas . Desporto , celos e canibalismo , scream conta a história dun fan de McEnroe que enlouquede totalmente ó descubrir que a súa noiva ten unha aventura segreda coa persoa que máis odia no mundo Bjorn Borg....eles son I Love I do e xa están akí coa tixola , as rimas e os coitelos preparados...pase o ke pase busca o desfase , eu non son malo a mala é a xente!!

- MENÚ PARA UN CANIBAL!!

De seguro que I Love I do van ser xa dos impresencíbeis nas sesións de Dj a pé de pista con Scream estourando xa iste sábado ás 16 h. en Moaña nunha nova edición diste referencial Aberto da Cachiza puntuábel para a bulideira Conferencia Sur , donde cada Aberto é un fantástico arrinque de festa con música , cervexa , licor café e cachiza que se alonga ate a madrugada moito despois da recollida dos Varais e paláns . A cita no pavillón de Domaio>> Contacto: 647.190789

E con ista tensión encima que mellor que elexir un spá que pode ser no Salnés para preparar o asalto iste domingo ás 11 h . en Noalla nun Aberto coordiando pola emerxente franquicia da Esmorga / Contacto: 649.325103 - e tan só unha hora depois ás 12 h . na referencial vila de Cerceda chega a gran cita dun novo Aberto Puntuánel na mítica Conferencia NorOeste que fortalece con iste Aberto coordinado polos irmanas da Asociación Cultural Lucerna a súa presenza fóra da núcleo da cidade da Coruña. Contacto>> 679.908773 - Cun alcaide como o que ten a vila de Cerceda tan implicado en casos de hidroterapia institucional con chorros de diñeiro disparados dende as grifos do concello e da federación galega de futbol non é estrano que a LNB elixa moi posibelmente Cerceda coma sede do Billarda All Stars 2o12 para cunha gran cisterna a modo de protesta polo descomunal despilfarro, encher de purín o spá recentemente aprobado polo governo municipal ó carón do pavillón muncipal , para que o alcaide e todo o seu equipo alivien tensións nunhas augas tan limpas coma a súa xestión a todas luces amosa ....hipocresía e hidroterapia en augas turba stop, baños de estrugas e billarda sempre!!

quinta-feira, dezembro 08, 2011

CERCEDA TREME ANTE O ASEDIO DAS BILLARDAS E O POSTERIOR ESTREO DO IMPRESCINDÍBEL DVD DE ZÉNZAR AO VIVO!!

Coa confirmación dun novo Aberto puntuábel para a conferencia salnés iste vindeiro domingo ás 11 h en Noalla e cun posíbel video-promo producida pola franquicia A Esmorga , Cerceda xunto con Moaña son outros epicentros billardeiros e atención porque a indomábel vila Coruñesa será donde se produza o explosivo estourido o vindeiro venres 16 de decembro co estreo do dvd Zënzär ao vivo , un acustico na Taberna que terá a súa continuación o 23 D no Badulake de Ordes nun espectacular concerto con convidados especiais . O Aberto da NorOeste en Cerceda iste domingo ás 12 h. será a previa perfecta para un estreo de luxo no que os irmáns de Lucerna asociación e franqucia Kochikeira-LNB está directamente implicada tanto na coordianción do Aberto coma na xestion dos concertos , espazos ambos nos que poderás tamén adquirir o disco-pasaporte da República Billarda .

O BADULAKE DE ORDES ....MÚSICA E BILLARDA SEMPRE!!

E iste mesmo venres no Badulake en Ordes os irmáns de Invivo estarán xunto cos K-raxe armando unha boa na xeira de concertos de despedida dista referencial sala que por diversos motivos vese obrigada a cesar a súa actividade, dende logo non existe mellor sitio para tomar a arrancadiera nunha nova e explosiva find de acción-reacción billardeira....non imos parar ate xogar en todas partes!!

quarta-feira, dezembro 07, 2011

E AGORA AS NOTICIAS DA BILLARDA....A LNB COLLE O MANDO POLO MANGO!!

Por fin a LNB colle o mando polo mango e a iso de se non che gosta o programa troca de canal contrapón a explosiva proposta de se non che gosta o telexornal asalta o plató , nun intre no que agora máis ca nunca o xornalimo da galega se confunde co esperpento policial imponse a necesidade dun asalto urxente cos paláns en alto para a toma de San Marcos . O sábado en Moaña e o domingo en Cerceda as billardas e paláns da Conferencia Sur e da NorOeste voltarán ensinar os dentes e aproveita para ir collendo ritmo escoitando o República Billarda porque un explosivo lip-dub billardeiro pode estar moi preto... Billarda Sempre , adainte o lip-dub!!

terça-feira, dezembro 06, 2011

TERBUTALINA UN BAÑO DE MASAS E ACTITUDES NO B-SIDE CO CULTURGAL!!


Nun intre de silencio por imperativo legal o estoruido de watios que os referenciais Terbutalina fixeron na B-Side do Culturgal de Pontevedra coa brutal actuación de apresentación do vinilo nos baños do Pazo de Cultura de Pontevedra confirman a maxestuosa , fantástica e atrevida proposta diste grupo que dende o Live in Catoira levan facendo tremer os oxidados parámetros do rock galaiko coa súa paranormal proposta que inclúe unha psicofonía adicada ó alcaide Conde Roa , intre para o que aproveitamos tod@s os presentes so baño para tirármos pola cadea. Nacesitamos o broncodilatador e necesitámolo xa ...ó igual que necesitamos o vinilo a punto de porse en circulación por obra e graza do máis soviético dos editores a iste lado do Miño-

E atención porque despois do exitazo colleitado no primeiro Top-Mantelo nos arrabaldos do mercado de Natal de Ribadeo a proposta toda forma e forza e porque non prantexar que nu futuro os vinilos de Terbutalina xuntos cos grupos da República Billarda e todos aqueles compartan filosofía coa LNB poidan compatir tamén mantal en futuras accións-lóstrego do Top-Mnatelo que iste mércores xa ten marcada posición entre as 18 - 19 h na Casa da Cultura de Foz mentras dure a entrevista de presentación do República Billarda na emisora Local....non te quedes de brazos cruzados , colle o palán e o República Billarda e bótate á rúa!!

segunda-feira, dezembro 05, 2011

REPÚBLICA BILLARDA ...A PERFECTA B.S.O PARA O CULTURGAL 2011 E PARA TODO O QUE SE POÑA POR DIANTE!!


Depois do histórico docuéstalo-billardeiro producido en Cerceda polos irmáns de Tingalaranga a perfecta conxunción de forzas de novo entre ambas entidades no Culturgal volta facer obrigatorio que refregués os ollos e afines o ouvido para comprender en toda a súa dimensión e intensidade o pulso da edición 2011 da feira das artes e cultura de Pontevedra....

-ULTIMA HORA >> ARRINCAN AS ACCIÓNS-LÓSTREGO DO TOP MANTELO!!

Á evolución dos puntos de distribución do República Billarda xa podes tamén sumar o seguimento das accións-lóstrego do explosivo Top-Mantelo , iste martes 5 de decembro dende as 18:30 no entorno ó mercado de Nadal de Ribadeo podes conseguir o pasaporte sonoro cara ó exilio billardeiro.

MOI , MOITO MÁIS CA COOL....UN REFERENTE ABSOLUTO!!!


As costas son moito menos empinadas cando os camiñantes reciben un forte e intenso empurrón , cando a LNB prantexou o Billarda Experience a figura do palanador de Culombios , Moises, foi clave para levala a diante na xestión e execución tan fantástica como tivo lugar no Culturgal de Pontevedra. A presentación do disco nun marco tan especial coma o Salón de novidades editoriais consolidou a firme proposta global da LNB que deu novo puñetazo riba da mesa amosando o brutal da súa implantación cun acto que deixou impresionados a propios e estranos pola multitudinario do mesmo que se reafirmou no pavillón anexo ó Pazo da Cultura cun Aberto e cunha festa de paixón, música , loita e billarda que deixou ás claras que de Pontevedra sairón as bases dun xeito de actuación en rede e estructura horizontal - ista tempada Moi xa anunciou que non poderá estar tan intensamente implicado na xestión da Conferencia Sur máis estará coma sempre ó carón as pinchas e participando na equipa electroduende sempre que lle sexa posíbel , ogallá que poida ser xa iste vindeiro sábado en Moaña nun novo Aberto puntuábel da Conferencia Sur coordiando polos irmáns da Ghudalla que promete seguir na liña de festa nom stop instaurada de novo en Pontevedra , música, cervexa , licor café...... e billarda sempre!!!

domingo, dezembro 04, 2011

O ABERTO DE BILLARDA ABRE EN FERROL O LUME DOS DÓUS DÍAS DE ACTOS CONTRA A FRUADE CONSTITUCIONAL!!

Anuciabamos xa fai uns días que as charamenas ían voltar brotar na gran fogueira da Bezouqueira e que mellor intre que ser precisamente co Aberto de Billarda co que se rache o xeo na cidade de Ferrol para o arrinque dos dous intensos días de festa e loita organizados polos irmáns de Causa Galiza. Alerta esquíus porque a gran cita para preparar a tempada será iste luns 5 de decembro apartires das 16 h . no coñecido coma Lugar do Bertón , moi preto do referencial Pub Chimarrao, local donde terá lugar os explosivos concertos de peche de xornada despois de a iso polas 18 h . ter reposto forzas na espectacular merenda con Chourizos e Lacón cos que seguir a festa ate o mencer >> Contacto para o Aberto de Billarda: 650.731353 / Consultar a axenda de actos porque ó martes 6 de decembro a manifestación nacional contra a farsa constitucional sairá ás 12 h. da praza do Himno Galego cara ó Cantón donde estarán Mini e Mero interpretando uns estalos.... Esperta do teu sono!!!

O "BILLARDA EXPERIENCE" ASALTA O CULTURGAL CO DISCO E OS PALÁNS COMA ARMAS DE ATAQUE!!

O BILLARDA EXPERIENCE non só fixo tremer o Pavillón da Cultura de Pontevedra senón que decidimente fixo que os palanadores e palanadoras da LNB lanzaran unha mensaxe dende o Culturgal primeiro dende os corredores da feira anunciando nas pantallas da Galega a saída do dóbel disco República Billarda para depois do multitudinario Aberto da Conferencia Sur retornar ó Pazo da Cultura cons paláns quentes e dar un poderoso golpe de efecto para rematar co circo medático que istes días máis ca nunca saturan os servicios informativo da televisión pública.

Posta de Longo nunha multudinaria apresentación do República Billarda que deixou atónitos ós propios organizadores que non dában creto á avalancha de xente que se achegaba ate o salón presido polo explosivos cartaces de RuAn e pola impactante presenza do Top Mantelo que moi pronto invadirá tamén a túa cidade , vila ou aldeia para que poidas conseguir o pasaporte sonoro da República popular democrática da Billarda.


Multitude de entresixos se van ir tecendo nun entramado impresionate de sons , letras e actitudes con medios e entidades afíns á filosofía LNB que desafían o linchamento dos mass media e do poder establecido . O impacto brutal do Billarda Experience combinando a mutitudinaria apresentación do Disco e o posterior exitazo do Aberto puntuábel da Conferencia Sur fan que o proposta non se quede en absoluto no Culturgal polo que iste noso xeito de estructura horizontal e actuación en rede alonxado das formas e xeitos tradicionais de organización pide a berros continuidade en tódolos frontes...Billarda Experence , sen cool, xunguete á serpe multicor da LNB!!

sexta-feira, dezembro 02, 2011

NÓOS , VÓOS E ELEES ...CHEGA O "BILLARDA EXPERIENCE" PARA ESTERCAR O CULTURGAL DE BILLARDAS , SONS E LOITA!!

A gran traboada billardeira tanto tempo asulagada iste sábado apartires das 16:30 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra terá a súa gran posta de largo . Foron moitos os puños que trocaron os paláns polos instrumentos e polos micros para perpetrar isa tan desexada B.S.O para unha revolución en marcha. Nen reises nen principes nen monarcas República Billarda chega ás túas mans non para ser un disco máis na túa estanteiría , senón para converterse nisa tatuaxe sonora que levarás para sempre contigo gravado no teu pelexo e no teu subconsciente co que deberás conviver perpetuamente xa que aceder ó pasaporte da República Billarda implica sufrimento e penurias que terás que convater co disco nunha man e na outra o palán . Non queda outra alternativa , billarda ou barbárie , isa é a premisa á que non enfrontamos e que vai quedar ó descuberto no Billarda Experience , a aposta global da LNB que arrinca coa palestra Aberta de presentación do disco República Billarda no salón de presentacións editoriais de Culturgal ás 16:30 h para posterior ente pasar á empuarrar as armas no Aberto puntuábel da Conferencia Sur no Pavillón CEP Xunqueira-2 anexo ó espazo do Culturgal , no que ademáis teremos sesión de Dj a cárrego de Radio Calinho ademáis dos grupos de concersa en arxina ou vervo xido a pé de pista pàra desenvocar na entrega de premios no que ademáis do lote de productos culturais otorganos polo Culturgal o campión ou campioa levará unha espectacular botella de Licor Café ORETA XIDA , espectacular marca asentada en Chantada que etiqueta a súa producción en lingüa arxina , como sabedes cooficial nas pistas da LNB. E como anuciamos depois do secostro da primeira colleita de viño_LNB da Faisca , chamamos á valentía popular para achegarse á desputa do Aberto con viño alternativo para realizar un brinde colectivo por eles e por todos os centros sociais galegos ....Billarda Sempre , Adiante no Culturgal!!

quinta-feira, dezembro 01, 2011

CULTURGAL 2011 _ PONTEVEDRA , FEBRE DO SÁBADO NOITE CO BILLARDA EXPERIENCE!!!


Prepárate porque as pistas de baile non paran de poñer o recén saído forno República Billarda ..... O sábado 3 de decembro ás 16.30h. no Pazo da Cultura de Pontevedra será a posta de longo diste explosivo dóbel CD e ás 17 H. Aberto de Billarda no pavillón anexo con seción dj e moitas máis sorpresas , e moi atentos ás pantallas da tele porque a LNB estreará spot de promo do Billarda Experiece n programa Zig-Zag diario iste venres convertíndose o estalo de Nacho de Tropa-Lixeira así no primeiro producto de producción propia billardeira que accede a un estreo nas pantallas da televisión pública....danzade malditos, danzade!!!