O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 31, 2011

PINGUE-PONGUE NA FAÍSCA E O VINDEIRO XERRO DO SALNÉS EN XIL MARCAN A EXPLOSIVA AXENDA OLÍMPICA DA LNB!!



O espírito olimpico xa impregnou toda acción na delirante activiadade da sepre multicor da LNB , é por elo que os palanadores e palanadoras nun find de calma tansa como o que nos imos enfrontar vaian exercitando os seus outros desportos e actitudes para render nas olimpiadas de Riba D´avia do vindeiro 21-21 de Maio. Atención porque iste sábado no C.S Faisca de Vigo no aberto de Pingue-Pongue xa hai citados dúas franquicias LNB para cunha mesa polo medio saltar os seus enfrontamentos nas pistas da LNB . Os locais da Faisca terán como ribais a palñanadores de Bateas que trocan os paláns pola palas para vingar xugarretas coma a que tivo a Ateo de Ove varias semanas secuestrado e aldraxado nun cabano de Vigo. Ti podes participar tamén polo que ponte en contacto e inscríbete xa e aproveitra para probar as outras actitudes que tes aparte da billardeira porque reiteramos na equipa olimpica da LNB poderás participar en todas as disciplinas ademàis da billarda.

A EQUIPA OLÍMPICA DA "REPÚBLICA DEMOCRÁTICA BILLARDEIRA" CONCENTRARASE EN XIL O VINDEIRO 8 DE MAIO NA DESPUTA DO XERRO DO SALNÉS!!
Non colle a niguén de sorpresa que elixamos a Abebé Bikila , o Maratoniano Ethíope coma gran referente para a selección nacional olímpica da República Billarda, espectacular o seu triunfo en Roma correndo descalzo caputado niste emocionate estalo que ten que despertar a furia necesaria para alistarte na fronte olimpica da LNB , varios frontes xa abertos polo que rogamos vos dirixades ós coordinadores de conferencia para ir organizando ista loucura que xa sabemos se está a desatar na Conferencia Sur e que amiza con extenderse por todas as conferencias xa que xa se viron na Norleste activistas da LNB correndo polas leiras pasándose cenouras practicando o 4 x 100 relevos , palanadores na Bezouqueira enganchados a altas horas da madrugada practicando loita galega, xogadores da Centro lanzando sachos de horta en horta para o concurso de lanzamento, palanadoras da NorOeste con tirafondas tirándolles fisgas ós paseantes fronte Riazor...o verme do olimpismo xa está no corpo como a vérrago no interior das vacas polo que hai que darlle saída competindo en Riba d´avia e atención porque a selección olímpica da LNB xa ten marcado o seu explosivo punto de concentración será o vindeiro 8 de Maio en Xil ( Meaño ) durante a desputa do agardadísimo XERRO DO SALNÉS donde durante a ruta de furanchos se establecerán as estratéxias olímpica da República Democrática Billardeira. Para inscribirse e organizar a viaxe dende as conferencias e o xantar de irmandade en Xil pregamos que se poñan en contacto para ir trazando is trazando os regos >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

E coa boráxine no corpo remitimos xa vindeiro estalos que se van producir e que tinxen o horizonte se vistoria contra as forzas do mal:

PONTEVEDRA 9 DE ABRIL: SIAREIR@S GALEG@S- LNB E ORAL NAS XORNADAS DE LUITA E LEZER!!

O vindeiro sábado 9 de Abril Siareir@s Galeg@s organiça umhas jornadas em Ponte Vedra. Com o fim de espalhar as nossas reivindicações ao longo do ano e do país, convidamos-vos a participar nesta jornada de luita e lazer. Contaremos também com a colaboraçom da LNB (Liga Nacional de Bilharda) e do Centro Social Revira. Haverá actividades durante todo o dia que constaram num torneio de futsal, um jantar popular, um aberto de bilharda e regueifa.

Este é o programa completo:

10:00h – Torneio de futebol de salom no pavilhom do I.E.S. “Xunqueira I”

Preço da inscriçom (equipa de 6 pessoas): 12€

Prémios: Garrafa de licor café e lote de material de Siareir@s Galeg@s para o primeiro classificado. Garrafa de licor café para o segundo.

15:00h – Jantar popular no Centro Social Revira

Preço: 5€ (Bebida incluida)

18:00h - Aberto de Bilharda da LNB no Recinto Feiral

Participaçom gratuita. Regalo dumha garrafa de LK para a pessoa ganhadora

20:00h – Regueifa com Bieito Lobarinhas e Josinho da Teijeira no C.S. Revira

Haverá bocatas de chouriço.

Para fazer a inscriçom do jantar ou do torneio de futsal mandar um correio a ssggpontevedra@gmail.com ou fazê-lo no C.S. Revira.


------------------


E como ademáis de suores a LNB tamén busca as gorxas de vendaval que iste venres se porán a ventar en Noia na Casa da Cultura Poeta Avilés de Taramencos, or ismáns de Acha Escrava Editora convidan a toda a tribo LNB e despregan todo o seu potancia poético para nun futuro rrealizar acción conxuntas...


Acto conxunto do Colectivo Literario Sacou e a Porta Verde do Sétimo Andar.

Recital poético, presentación de poetas, debate, etc.

Este vindeiro venres (1 de abril de 2011), ás 21:00, na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" en Noia: o Colectivo Literario Sacou organizará un acto literario xunto coa "Porta Verde do Sétimo Andar". No evento falarase sobre o pasado e futuro de ambas asociacións culturas, presentarase a obra dos respeitivos membros e farase un recital poético para finalizar a sesión. O nome da xuntanza será "Cartafol do serán" en homenaxe a aqueles recitais que, ás tardiñas, Sacou realizaba semanalmente.

Entre outros estarán: Alberte Momán, Soutelo Vazquez, Betula Alba, Nacho Suarez, Anxo Otero, Manuel L. Rodrigues, Oscar Sendón, Rosa Enriquez, Ramón Blanco, Manolo do Río...

quarta-feira, março 30, 2011

RIBA D´AVIA ACOLLERÁ O "ABERTO DA REPESCA" NO EXPLOSIVO MARCO DAS OLIMPIADAS POPULARES GALEGAS!!

Daquela Os Resentidos cantaban que Vigo 92 non sería a cidade elexida para as olimpiadas , hockey sobre pes descalzos , manoneo por relevos , marathon do desemprego ou manicomios polideportivos eran algunha das disciplinas e escearios que Reixa soñaba con que agasallar ós atletas desidratados que participaran nas imposbles olimpiadas de Vigo 92 . Choveu un pouco e Reixa anda istes días Doente por Málada máis a súa mensaxe olimpica non caeu en saco roto porque como xa viñamos anunciando a Billarda é xa oficialmente Olímpica xa que será unha das disciplinas nas que se compitan nas I Olimpiadas Populares Galegas . Tolo listo pois para que iste vindeiro 21-22 de Maio se convirta nunha data histórica para o deporte nacional galego polo que a LNB ademàis xa estableceu o mítico Aberto da Repesca que se celebra en terras da Ouriense inxertado no Aberto Olimpico polo que atentos e atentas os que non entren de xeito directo entre os 12 primeiros clasificados de conferencia terán no estadio Olimpico de Ribadavia o derradeiro tren para a estación de lume e xeo de Conxo.

Xa podedes ir apuntándovos para o histórico Aberto Olímpico , se pertencedes a un dos centros sociais ou entidades que participan na competición podedes facelo defendo as súas cores e se sodes entidades ceives podedes solicitar a inscripción adscribíndovos como pertencentes á Liga Nacional de Billarda. Impresionantes os trofeos para os campi@ns que xa está a amosar o comité olímpico no seu referencia web-oficial que xunto coa espectacular transformación da Veronza Nova en Vila Olimpica forman un explosivo coctel de impredecíbeis consecuancias. Iago, un dos coordiandores olímpicos , estivo no Aberto de Cerceda e amosou a súa total confianza en que a Billarda sexa unha disciplinas estrela dista competición que ergue o puño coa luba tricor da bandeira galega>> olimpiadaspopularesgalegas@gmail.com


BILLARDA CONFIDENCIAL!!

Houbo que deixar un par de días de pouso pola intensidade total da acción compartida entre a Tribo LNB e a Tribo Lucerna , interactiviadade e eito no Aberto de Cerceda donde se estableceron importantísimas coordenadas para o presente máis rabioso da serpe multicor , espello necesario para cando alguén queira dar un paso ó fronte é ollar iste xa histórico estalo realizado polo irmáns de Galicia Confidencial no que se mostran moitas das especias dista gran pota ó lume fervendo que é o universo billardeiro....Cerceda sempre, Adiante co Varal!!

domingo, março 27, 2011

OS FÍOS DA ALTA TENSIÓN ABRAZAN OS POSTES DE MADEIRA DE CERCEDA E DA BEZOUQUEIRA!!


[ nachok.net ] Alta tensión corre polos cabres que forman a serpe multicor da LNB, impresionate a toma de terra que se producíu en Cerceda iste pasado sábado cun Aberto con participación histórica na Conferencia NorOeste que deixoun un pouco impresionate e imborrábel de como se deben facer as cousas. Un Aberto que ramtou ás 15:30 4 da tarde sen naide comer e sen fame ningunha xa que a final entre Iván Bateas e Guille dos Outros foi das que fan história , remitimos directamente ó estalo que vai ilustrar Tele-Varal a victoria do palanabador dos actuais campión nacionais Guille e ó crónico no web ofical da NorOeste porque foi unánime a consideración que se isto se viveu a istas alturas do campionato , no desembarco en Conxo do vindeiro 29 en Conxo imos ter que necesitar torres de alta tensión para aminorar tanto kilowatio. Mais non quedeou ahí a cousa , fenomenal xantar elemento fundamental no artellamento dunha proposta global pola que aposta totalmente a LNB como se expuxo na história Palestra Aberta no Pub A Taberna na que a presenza e sobre todo o retorno dun elemeto que vaio ser crucial no ambito etnolóxico e de difusión internacional como é figura do palanador Ibizenco-galaico Ricardo , ex-seleccionador de Costa Rica e Colombia de Boleibol e que dende xa hai anos leva seguindo a pista da serpe multicor da LNB , en Cerceda selouse unha históricia alianza que vai dar moitísmo que falar , remitimos ó espectacular estalo que preparan os irmáns de Galicia Confidencial cociñado por Bocixa , músico e palanador de Cerceda que xunto cos irmáns de Lucerna nos guiaron polos silveiros da paixón cara horizontes descoñecidos. E como anunciabamos , Galeoke e pinchada de mùsica en Galego para fin de festa en Cerceda que tiña a súa continuación na Conferencia Bezouqueira cun Aberto en Ares no que moitos dos palanadores e palanadoras que estiveron en Cerceda desafiaron de novo as liñas continuas para apoiar tamén á poderosa tribo billa que coma o esquío agateña polo posto para trabar os cables e contaxiarse da electricidade que nos leva a todos cara Conxo...

sexta-feira, março 25, 2011

DA FESTA DA BILLARDA DE CERCEDA Á REFESTA DA BILLA EN ARES NA BEZOUQUEIRA!!

Todo xa preparado en Cerceda para a gran e explosiva Canfurnada Billardeira que se prepara na vila incendiar as rúas dende as 12 da mañá ate altas horas da madrugada. Aberto de billarda puntuábel para a Conf. NorOeste , xantar de irmandade, posterior palestra sobre a revolución billarda e todas as súas implicación musicais culturais e fin de festa con pinchada de música en galego e Galeoke a todo trapo. Non podes quedar á marxe , armate e ás trincheiras de Cerceda da revolta billardeira...

Unha festa en Cerceda que terá o after hours situado no Pavillón do CPI Conde de Fenosa de Ares na Conferencia Bezouqueira donde apartires das 11 h. do domingo se desputará a nova enganchada puntuábel para a indomábel tribo das terras do Eume , seguidade de xogar en enxoito xa que como é sabido e como anuncias no seu web non se podes fiar un cando olla cara ó ceo porque marzo marzolo , trebón e raiolo! E como vimos anuciando a acción transgresora da LNB non refricte unicamente nos eidos das pistas de xogo , o escudo do mesmísimo concelo de Cerceda foi unha vistima máis da nosa poderosa acción artística cunha mutación que borrou da súa face a térmica de Meirama polos paláns e billardas da LNB , unha explendorosa operación de botox que de seguro se exterá por moitos màis escudos e simbolos dun país que insultan gravemente ó senso común de calquera habitante dista república billarda , un estado que en calquera intre pode chamar á túa porta para tomarche os datos das túas experiencias nista país de golpes e suores varios, mais na República Billarda como sabedes non só hai republi-cáns e cadelas xa que existe un mutitudinario exército de vacas e xatos que pacen sen parar do inmenso prado de herba freca que é o da música galega e de todos os seus derivados....descubre a maxestuosa e impectante pradeiro de información do Musiqueoh , cuxo sementador estará tamén presente na palestra LNB dista Cerceda liverada diste sábado....billarda semrpe, adiante co Varal!!

quarta-feira, março 23, 2011

SINCRONIZANDO OS RELOXOS CARA Ó EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO DO "VINDEIRO 29 DE MAIO"!!


[Nachok.net] . DESPOIS DE INTENSAS XESTIÓNS PODEMOS CONFIRMAR QUE O VINDEIRO 29 DE MAIO CELEBRARASE A NOVA EDICIÓN DO PLAY OFF NACIONAL DA LNB NO CAMPO DE FUTBOL DE TERRA DO CONXO. O GRAN TEATRO DOS SOÑOS DAS ANTERIORES EDICIÓNS VOLTARÁ SER INVADIDO POR PALANADORAS E PALANADORES DISPOSTOS A BUSCAr A GLORIA INFINDA QUE SUPÓN FACERSE CO TÍTULO DE CAMPI@N NACIONAL EN CALQUERA DAS CATRO CATEGORÍAS.

Mario , o palanador de Xogos Tradicionais , foi o artífice fundamental un ano máis para que poidamos voltar cuspir nas mans e agarrar os paláns sobre a terra máxica e fértil de Conxo. Adiantamos xa varias cuestións para iste nova e exitante edición do Play Off Nacional

-Habilitaranse 4 pistas para seren utilizadas se así se precisan sumultaneamente.

-Final Absoluta feminina ( as 5 primeiras clasificadas por conferencia )
-Final Nacional por Equipas ( as 2 primeira equipas por conferencia)

-Final Nacional de Varados ( 5 primeir@s clasificad@s por conferencia)
-Final Nacional Absoluta ( 12 primeir@s clasificados por conferencia + os dous primeir@s clasificacos do Aberto da Repesca a celebrarse no contexo das olimpiadas populares galegas o 21 de maio en Ribadavia)

Nota:
ó non haber regulamento específico sobre palanadores ou palanadoras e franquicias competindo de xeito regular en varias conferencias LNB, ó final da competicón regular os implicados elixirán conferencia pola que asistan a Conxo.

-O xantar de irmandade>> será realizado polo formato romaría , é dicer , haberá mesas á disposición pero cada palanador ou palanadora organizando por equipas ou conferencia traerá o seu propio xantar , mais de seguro que os alimentos e bebida que se aporte serán de facil intercambio entre as diferentes merendas , elemento o da solidaridade entre famentos palanadores e palanadoras fundamental en calquera gran festa billardeira como a que se vai desenvolver en Conxo.

A FESTA DA BILLARDA DE CERCEDA.... TAMÉN NO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO!!



Con Nachok afinando xa a punteiría do seu fusil de imaxes de asalto e con Nacho do Komando Artístico da LNB con sede en M de Meira traballando nos explosivos logos do asalto sonoro , iste próximo sábado en Cerceda haberá unha moi boa mostra do que é unha Festa da Billarda , con pinchada de música en galego máis a fabulosa presenza do Galeoke para que palanadores , palanadoras e siareiros interpreten os grandes éxitos da nosa música contemporanea. Será sen dúbida unha excelente toma de contacto para transladar isas explosión sonora á gran muiñada de Conxo polo que se tes un grupo e queres tocar , apresentar o teu disco , libro , pintas cadros, fas fotos ou perfomances de calquera tipo a LNB xa sabes agardamos a túa achega para presentar ao vivo no set do LNB Soun Sisten>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 22, 2011

FESTA DA BILLARDA DE CERCEDA NO PLANETA FURANCHO E TODOLNB EN VERSIÓN DIXITAL NO GALIZA-LIVRE!!


Todo preparado para iste sábado comberter Cerceda no epicentro mundial do universo billardeiro, baixo o espectacular nome de Festa da Billarda a tribo do NorOeste traza un espectacular foco de tensisón e atracción xunto cos irmàns da Asociación Lucerna que xa teñen a vila patas para riba cortando rúas e acendendo mechas que estourán iste sábado apartires das 12 h. nista histórica acción cuxo aberto será ademáis puntuábel para a conf. noroeste. Rogamos que a xente que vaia participar no xantar de irmandade vaiades confirmando asistencia >> aclucerna@gmail.com ou nos telef. 679908773 (David Fontán) ou 658847377 (Roi Moris) . Hoxe martes, no micro-espazo República Billarda inxertado no programa Planeta Furancho da RGM apartires das 23 h . farase un espectacular percorrido polo Planeta Cerceda con David Fontán, palanador dos Filloas de Sangue coma guía de luxo que nos conducirá dende as loita perpétua das Encrobas , pasando pola chuvia de folerpas da central de Meirama para baixo unha brutal b.s.o creada por bandas autóctonas esfollar o explosivo programa dista espectacular festa do deporte nacional galego , é dicer....festas moitas , pero coma as da billarda poucas!!



Descarga>> revista_todo_lnb_1.pdf
E coma os foguetes van estouras no ceo de Cerceda , os regos escritos da referencial revista TodoLNB con estoura das mans dos palanadores e palanadoras á rede por medio da xestión do irmáns de GalizaLivre que na pista de Mondoñedo selaron ista alianza para a tan desexada distribución dixital dista publicación que racha moldes. Deixamos a espectacular Nota de Redacçom/ A Liga Nacional de Bilharda continua a afiançar-se na recuperaçom do desporto tradicional galego por excelência. Agora publicará mensalmente a revista TodoLNB, na que irám escrevendo "as memórias deste coletivo de mulheres e homens, de nenas e nenos, que decidírom dedicar parte do seu tempo de lecer a jogar à estornela, à pinca, à bilharda, à cachiça, ao pateiro". Neste primeiro número que adjuntamos, tendes o calendários das vindeiras competiçons, a história dos Remourelhe Bulls, as classificaçons de todas as conferências, e umha cheia de fotografias.




segunda-feira, março 21, 2011

A TARTA DE MONDOÑEDO SELOU O FANTÁSTICO REGRESO Ó FUTURO DE MÍTICOS NOMES DA LNB!!


Sen dúbida o Aberto da tarta de Mondoñedo foi a cereixa precisa a unha nova find de acción billardeira que arrincaba o sábado na Adina. A presenza a xeito de retorno de palanadores e palanadoras miticos da LNB fixo que o aberto celebrada na vila de Cunqueiro adquirixe una marabilloso ton máxico que vai continuar impreganando moito tempo os estalos da conferencia primara do Norleste. Atoparnos de novo nunha pista da LNB con Ana e Servando supuxo un estourido de emoción para todos os que comatiron estalos no pasado e para os que só coñecían as súas fazañas pola tradición oral transmitida de varado en varado. Foi ademáis un dos grandes palanadores das terceira xeración Mondoñedo, ademáis coma o seu nome de guerra indica nativo mindoniense , quen se quixo retratar con iste mito da LNB que sela o seu retorno ás pistas da LNB das que só o traballo fóra da galiza puido afastar.


Que pase a história que cuspa nas mans...non foi Servando o único que volotou escupir nas mans coma canta o himno da LNB , o mítico palanador galico-luso Xulio acompañado da súa medrada criança Bruno retornaron tamèn ás pistas da LNB para unirse de novo a unha serpe multicor da que sempre formaron parte , Xosiño quixo retratarse con ista figura absoluta da Bilharda , non podemos deixar ademàis de lanzar unha poderos mensaxe a todas as palanadoras e palanadores que participaron en Abertos da LNB para que volten sentir o bruar das billardas xunto co resto da tribo porque as sensacións para tod@s son moi poderosas

DOS MISIS CONTRA LIBIA , ÓS FOGUETES DE CERCEDA!!



E como non podía ser doutro xeito a máis rabiosa actualidade tamèn estivo presente nas pistas de xogo da LNB, en Mondoñedo , sectores pro-Gadafi contrarios á intervención militar internacional contra Libia alzaron a súa voz en forma de billardas verdes-antiaereas , unha acción que se complementou ó final no terceiro tempo coa sesión de chistes verdes de Flores ó pé da barra do bar de enfronte da pista. Uns bombardeos pero de foguetes billardeiros son os que o vindeiro sábado van invadir o ceo de Cerceda coa posta en marcha da fantástiva Festa da Billarda coordinada pola Conf. Noroeste xunto cos irmàns da Asociación Lucerna, festas moitas pero coma istas poucas!!

domingo, março 20, 2011

O CAMPIÓN NACIONAL REAFÍRMASE CUNHA MAXISTRAL VICTORIA NO ABERTO DA TARTA DE MONDOÑEDO!!


Markitos, o bicampión nacional dos Billardeiros Musicais , reafirmouse cunha espectacular victoria na vila de Cunqueiro nun dos Abertos máis concurridos e indiscutibelmente máis emotivos e fraternais de todos cantos se levan celebrados no Norleste. Afrontando o tramo final da engranaxe regular Markitos, coma indicutíbel estrela absoluta do universo billardeiro sabe que agora é cando hai que dar o callo para comezar a construir a súa posibel reválida de título nacional. Tras del o seu compañeiro de franqueicia Hugo que continúa a xeira de Markitos e coma terceiro de no pódium colocouse o militante dos nómades Bateas, Xan Rodiño. Mais temos que destacar o compromiso total das franquicias chairegas, Tropa Lixeira de Meira , Madia Leva de Lugo e O Cadaval de Castro de Rei todos con moi importantísma e combativa representación na pista que xunto co retorno de míticos palanadores coma Servando e Ana , Xulio e Bruno fixeron diste Aberto da tarta de Mondoñedo un dos máis numerosos en cantidade e calidade, todo e o condensado na caixa da tarta de mondoñedo patrocinada polo irmán Txomin palanador e bukaneiro mindiniense da futura franquicia local con sede na Taberna do Valeco, il mondo, il mondo...Mondoñedo!!

sábado, março 19, 2011

CHUPI DOS PAQUETE PINCHA , PIDE A PALABRA NA ADIA E POSTÚLASE COMA CANDIDATO PARA O ABSOLUTO DE CONXO!!


AFRONTAMOS O TRAMO FINAL DA TEMPADA DONDE @S MASTER CLASS PIDEN A PALABRA PARA CONSOLIDAR O SEU DISCURSO NA TERRA BATIDA DE CONXO, ISO FOI O QUE FIXO A GRANDE ESTRELA DO DEPORTE GALAICO CHUPI DOS PODEROSOS PAQUETE PINCHAS E GENI DA FRANQUICIA NÓMADE CON SEDE NO NORLESTE , @S ROETIR@S , CAMPIÓN ABSOLUTO DO ABERTO DA ADINA E PRIMEIRA PALANADORA RESPEITIBAMENTE...COMEZA A CONTA ATRÁS CARA MONDOÑEDO!!

sexta-feira, março 18, 2011

PRACTICA LOCK PICKING BILLARDEIRO, RACHA AS FECHADURAS DAS PORTAS DA ADINA EN SANXENXO E DE MONDOÑEDO!!

Todo listo na Adina para o gran desenlace diste sábado apartires das 16 h. como afirma un dos referenciais libros de Ramón de Valenzuela , escritos que xace a tan só uns metros da pista de xogo , Non agardarei por ninguén , polo que apurade para chegar a tempo ó control de inscripción. Contacto: 676.632552

O dulce sabor da victoria , ise é o que sentirá o campión ou campioa do Aberto de Mondoñedo cando iste domingo 20 recolla a espectacular Tarta de Mondoñedo que o acredite como tal. A cita apartires das 16 h. na Alameda Mindoniense ó carón do curro donde as bestas das San Lucas lucen en plenitude, alí estarán bruándo as billardas da LNB. Contacto: 619.570976

BUKANEROS DO RAYO VALLECANO patrocinan a tarta de Mondoñedo da LNB!!
E por se non fora pouca a rede de alianzas que a LNB está a tecer polos silveiros do país , temos que destacar a ledicia enorme que nos supón que os siareiros do Rayo Vallecano , equipa que está a viver tempos difíciles pola nefasta xestión dise bufón chamado Ruíz Mateos , a representación galaica da súa fronte de siareiros coñecidos internacionalmente coma BUKANEROS con representación na vila de Cunqueiro, son os que patrocinan a tarta de mondoñedo que recibirá o campión ou campioa diste aberto da NorLeste. Debería copiar as afección dos equipos galegos dista fenomenal xogada dos irmáns Bukaneros polo que convidamos a toda a xente a que iste sábado acuda ás espectaculares xornadas de apoio á Okupación na Casa das Atochas da Coruña donde apartires das 13 h. se dará un explosivo obradoiro de LOCK PICKING , ou arte de abrir pechaduras.... colle as billardas e abre a túa mente!!

quinta-feira, março 17, 2011

TROPA LIXEIRA , A GUERRILLA DE DECONSTRUCCIÓN ARTÍSTICA DA LNB AMOSA OS DENTES DE NOVO!!

Simplemente alucinante o que están artellando os irmáns da franquicia Meirense Tropa Lixeira , despois de actualizar mediante unha impresionante sesión de deconstrucción dos logos da LNB e de Tele-Varal voltan a empuñar as armas da guerrilla artística para desmitifical o caracter local diste noso desporto da billarda e situalo na mesmísima portada do The Times nun explosivo exercicio de deporte ficción que ó ritmo que levan os acontecementos moi pronto se pode producir. Tropa Lixeira xa con Beckham xa formando parte do comando billardeiro estarán en Mondoñedo aloitano pola tarta , e non queda ahí a cousa xa que M de Meira xa ten deseñado o impactante logo de OVARAL RECORDS que lucirá explendoroso no disco República Billarda que co tema que imos recibir para semana que ven de Cuchufellos pecha xa a súa primeira fase para comezar a camiñar cara as vosas mans e ouvidos..


Non é o único suceso que temos que salinetar a ista horas antes de partirmos cara á zona cero de Adina , dende a clínica do Perpétuo socorro de Vigo chégannos tamen as saudaosas instantáneas de Rubén Otero celebrando o exitazo xunto co seu equipo de enfermeiras que asistiron á súa interventervención para correxir o seu perigoso Síndrome de Priapismo .

quarta-feira, março 16, 2011

AS BÁGOAS DO DEMO ....BROTARÁN DE NOVOS NOS ABERTOS DISTA FIND!!


Non podemos deixar de reivindicar como propia a figura do persoeiro que a tan só uns metros da pista de Adina dende un nicho de enfronte , iste vindeiro sábado, vai estar con tod@s nós zoupándolle á billarda. Escritor , militante nacionalista e activista anti-franquista , o espírito e a filosofía de irmandade e superación de estados opresivos por medio da acción clandestina sitúa a Ramón de Valenzuela coma un referente absoluto en tódolos sentidos para acción e dinamización da nosa imparábel revolución de suores concienciados. Castelao foi un dos seus grandes referenctes xunto ó que loitou activamente no fronte político-artístico do partido galeguista , mais se desexas coñecer de preto o seu legado político e literario non deixes de buscar nos seus libros unha mensaxe que nos días de hoxe segue totalmente vixente , Non agardarei por ninguén , o polémico discurso da " historia do galegusimo político", Era tempo de apandar ou a súa referencia peza teatral BÁGOAS DO DEMO , estreada no centro gallego de Bos Aires no 64 baixo a dirección de Blanco Amor.

ANO CUNQUEIRO, SI O VELLO SINBAB VOLTASE ÁS ILLAS COMERÍA TARTAS DE MONDOÑEDO E XOGARÍA Á BILLARDA!!



Mais outro referente indiscutíbel e que sempre hai que reivindicar no Aberto do vindeiro domingo na NorLeste , sobre todo na súa espectacular faceta de markeing autóctono , é sen dúbida a figura do Rei das Tartas de Mondoñedo. Máis aló das consideracións sobre as súas aportacións á reproteiría autóctono o que se reicvindicará en Mondoñedo unha vez màis é a súa forma tan botada para diante e sen complexos de vender o seu producto no que cría, foron tartas pero podería ser calquera outra cousa , sen complexos e botado para diante invadindo espazos e bocas coas súas tartas que doutro xeito nunca podería ter conquistado, así para ilustrar iste estalo previo ó grande Aberto da tarte de Mondoñedo eleximos unha espectacular foto do rei ó carón dunha xovencísima nai do grande actor español chamado Paquirrín. Non podemos despedir a conexión sen recordar ademáis que iste ano celébrase o ano Cunqueiro e Mondoñedo xunto con Vigo serán epicentros dista celebración ó gran escritor mindoniense...Si o vello Sinbad voltase ás illas , xogaría á billarda seguro!!

terça-feira, março 15, 2011

BILLARDAS RADIOACTIVAS ESTOURAN DE NOVO NO FUKOSHIMA BILLARDEIRO DO PLANETA FURANCHO!!


Ás radiacións producidas pola actualizacións dos estalos do micro-espazo República Billarda do Planeta Furancho da RGM , únese a fuga de neutróns post-entroideiros dista noite de martes apartires das 23 h. Se non queres ficar infectado pola perigosísimo efecto da fuga de billardas radioactivas , fai coma no Xapón e aléxate canto máis poidas do perigosa central de estouridos sonoros da Fukoshima da LNB....partíu!!

Planeta Furancho - República billarda 03

Repblica billarda 3 no Planeta Furancho.
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

Planeta Furancho - República billarda 02

Seccin da repblica billarda no planeta furancho.
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

MONDOÑEDO MOD>>NON SOMOS COMA OS DEMÁIS , POR ISO SOMOS MODS E XOGAMOS Á BILLARDA!!


Rumban os motores das vespas da gran tribo Mod billardeira que infuenciada polos vestixios da sempre presente moda contestaria brit dos primeiros anos 60 salta a primeira liña do fronte pola descuberta dista espectacular foto de época tomada nas rúas de Mondoñedo e que ilustra perfectamente a paixón xuvenil e rebelde con que as billardas van voltar a chimpar iste vindeiro domingo 20 no Alameda Mindoniense na desputa do Aberto da tarta nativa xusto despois que a gran ópera billardeira comece ise find o sábado 19 no Aberto de Adina ( Sanxenxo ) puntuábel para a conf. sur no que se homenaxeará adamáis ó mítico escritor Ramón Valenzuela , tamén coñecido polo psedónimo literaio de Pepe dos Cestos , activista anti-franquista coa pruma e co fusil que xace enterrado no cemiterio da Adiana a escasos metros de donde se desputará iste emotivo Aberto. Jimmy Cooper afirmaba en Quadrophenia : "eu non quero ser coma os demàis por iso son mod", un sentimento que invade tamén o noso ser e se certifa tamén no espectacular entramado xa confirmado para o 26 de marzo en Cerceda donde billarda, xantar de irmandade e música galega irán da mán na espectacular acción perpetrada polos irmáns da A.C Lucerna e a tribo LNB do Noroeste....Nós non somos como @s demáis por iso xogamos á billarda!!

segunda-feira, março 14, 2011

OS ASESORES ESPIRITUAIS DA LNB CHAMAN Á MOVILIZACIÓN ISTE MARTES PARA APOIAR O PROCESO POST-OPERATORIO DE RUBÉN OTERO!!!


Hoxe máis ca nunca podemos falar de sentimento de irmanadade e apoio ó irmán e compañeiro Rubén Otero que ista tarde noite pasará polo quirófano con todas as nosas forzas queremos enviar un poderoso mensaxe de apio ó irmán doente que de seguro logo imos ter en plenitudo con tod@s nós. Mais iste intres de calma tensa non pode esconder a polética xurdida entorno á cremos mal expresada táboa de premios do Aberto de Adina no que se separa o inseparábel , palanadoras e palanadaores todos nun mesmo xugo tirando polo carro das ilusións dunha indiscutíbel tribo na que o patriarcado , a sececión por sexo , orientación sexual ou entidade familiar en calquera das súas exprexións está totalmente fóra das coordenadas da LNB. De seguro que iste incómodo mal entendido ten unha explicación e que máis que alterarnos nos debe facer reflexionar para entre tod@s , por o noso gran de area para dende as pistas de xogo ir logando unha sociedade cando menos un pouco máis xusta e respetuosa ca que actualmente sufrimos. E como a libertade de acción se espalla tamén ó campo relixioso temos que descacar a encomiábel laboura do Monseñor Xosé Miguel e o gran Activista Misioneiro Pinto que despois de oficaren o responso no Aberto de Salceda , atender á capela dos irmáns Celtarras que teñen instalada en Balaidos , misar a emotiva boda na que o pasado xoves do gran palanador dos culombio Moisés selou o seu matrimonio polo rito billardeiro.... ista noite estarán ambos referentes do Vatikano Billardeiro no Hospital do perpetuo socorro para axudar cos seus xuramentos ó equipo de ciruxáns que operan ó palanador dos Lideira Rubén Otero , destapamos a aterradora nota na que os asesores espirituais da LNB chaman á movilización para apoiar ó irmán doente:

-Nota dos asesores espirituais da LNB:

O gran Palanador da LnbSur, Rubén Otero, atopase nestres intres ingresado no hospital perpetuo socorro de Vigo a piques de ser operado para correxir o Síndrome de Priapismo que tantas molestias lle ten causado, sobre todo nos últimos abertos, onde lle impediu acadar postos de consideración, ó verse ,o seu xogo estelar, mermado por esta enfermidade. É por iso que convocamos unha concentración de apoio a Ruben Otero, nas portas da Clínica Perpetuo Socorro para mañá Martes 15 de marzo ás 18:00 - Hora GMT do Castro de Vigo-

RUBÉN OTERO ENTRA NO QUIRÓFANO , A ROLDA DE PRENSA DOS DOUTORES NO GZ EN VARADOS DE HOXE!!

Día de combulsión absoluta en toda a LNB xa que un os seus pilares ingresa iste luns para por fin realizar isa tan agardada operación que o devolva ás pistas de xogo en plenitude absoluta a el e á súa perna que nistes últimos abertos pese a estar danada arrastraba a súa furia doente por tódolos frontes. Toda a mellor das sortes pois para Rubén Otero e sobre todo para o equipo de medicos e veterinarios que o van intervir no día de hoxe, dende o Hospital nos informan que pese á multitude de medios congregados na porta do Hospital non farán declaracións ate a noite na que segundo as ultimas informacións chegadas dende o seus voceiros da Faisca , un parte do estado de saude do gran palanador dos Lideiras será emitido no Galiza en Varados apartires das 22 h. dista noite.


Noite de imaxes e sentimentos extremecedores en todo o universo billardeiro tanto como a tremenda derrota que o Monseñor Xosé Miguel e o seu Monaguinho Pinto lle propinaron ó propio Rubén e Yoyes ista find. no torneo Aberto do Matraquinho no C.S da Faisca que a última hora veu sustituír ó tornero de pingue e pongue, como infuirá para ó post-operatorio que Rubén Otero tivera que arrastrar os seus máis de 190 cm coma unha limacha por debaixo da mesa do matraquinho?? Atentos ás pantallas!!

sábado, março 12, 2011

RAMAS DA EMERXENTE FRANQUICIA DE SAN MATEO ...DANZA , VENCE E CONVENCE BAIXO A PODEROSA CHUVIA DE CASTROFEITO!!


Novo estalo puntuábel na Conferencia Centro, a pista de Castrofeito constituíu un emocionante retorno ó futuro coa tromba de auga que sorprendeu áos valentes palanadores e palanadoras que ate alí se desparazon emulando ó mítico estalo realizado nos inicios da civilización billardeira na conferencia norleste en Fazouro , parroquia txitxarreira do concello de Foz. Toño dos Furabolos , Basilio dos Trouleiros terceiro e segundo respectivamente non puideron facer nada ante o gran tabeirón baixo a chuvia no que se converteu Ramas da emerxente franquicia de San Mateo para facerse co triunfo final niste Aberto que deixa fonda peqada para deixar de temer ós tronos , lóstergos e chuzos de punta...baixo a tormenta Ramas atopou o pulso, somatizou a inercia de tódalas estacións abandoadas e niste intenso e cru inverno billardeiro de ida e volta logrou tinguir de vermello indíxena o check point de Catrofeito...Estornela sempre, adiante co Varal!!

sexta-feira, março 11, 2011

ISTE SÁBADO EN CASTROFEITO A CONF. CENTRO ACENDE O LUME DO CHISQUEIRO!!

Fai uns anos Antón Reixa dirixíu unha mítica película titulada internacionalmente Light My Fire ( destrozada no estado bixo o título de Hotel Tíboli) , nela , relátase as peripecias internacionais dun chisqueiro que pasa de man en man e país en país, con ista arrebatadora imaxe do gran palanador dos Trouleiros Basilio vestido de azul-grana confirmamos o que o mítico palanador dos Petapouco afirmaba no seu estalo histórico de TODOLNB cando comentaba remitíndose á filosofía do Barça que a Billarda é moito màis ca un deporte. Iste sábado apartires das 16 h. de seguro que será un bo intre para constatalo no aberto puntuábel da Conferencia Centro na pista central da Magdalena en Castrofeito, e porque non comezar coa rodaxe do Light My Fire en clave billardeira tendo coma indiscutíbel protagonista ó chisqueiro de Basilio , fumadores de cigarros , puros, farias ou relado constatan tamén a cara sempre comprometida da LNB apoiando ós colectivos inxustamente perseguidos, se fumas , gostas de beber ó ar libre ou ambas cousas á vez ....na LNB es benvid@!!

AS TRIBUS IBÉRICO-BILLARDEIRAS AFÍAN BÉLITS E LIRIUS!!

Estará xa o chisqueiro de Basilio acendendo a lapa do bélit? o de Basilio non pero o de Ângelo si xa que é o capitan da equipa do Casal de Sants que vai competir na nova edición do campionato do mundo de Bélit título que sustenta a poderosa franquica dos Minibons ataviados coma Basilio coas cores azul-granas . Un lume o da Auténtica que arde aínda nas terras dos Paisos Cataláns nisa histórica fazaña perpetrada polos corpos de élite dirixidos polo comandante Sak , unhas lapas que dende o principio a Auténtica lanzou cara ós irmàns da veciña Asturies que tamén ultimas a súa posta en marcha para afrontar unha nova e apoixoante tempada no universo co CNL ( Conceyu Nacional de Liriu) que despois de recibiren o premio do público ó mellor blog en lingua asturiana afrontan os retos de futuro artellando tamén espectaculares concursos de longa distancia e encastraus.

FAUSTINO SANTALICES , HOULING WOLF E ATOMIC TOM , UNHA HISTORIA DE MÚSICA FICCIÓN!!


E ista find. non poderiamos pasar por alto a celebración en Ourense do Congreso en torno á figura do imprescindíbel Faustino Santalices, a zanfoña , instrumento que utiliza a mesma forza motriz para soar que as billardas para avanzar , foi peza básica no repertorio dista mestre referencia absoluta do entramado musical galaico , se estás pola cidade das burgas pásate para coñecer e profundizar no que poderiamos considerar o Howling Wolf da mísica galaica . E para despdir ista conexión só nos resta lanzar unha reflexión de múcia ficción xa que nos gostaría saber qué facería o grande Faustino Santalices coa súa mestría no manexo da zanfoña de ir montado canda os Atomic Tom no metro de Nova Iorque??

quinta-feira, março 10, 2011

IMPRESIONANTE, INTERVIÚ?? ....NON. TODOLNB CON NOVOS NUS HISTÓRICOS E SAÍDA EN PAPEL ÁS PISTAS!!

As alarmas nos principais grupos editores do estado e do continente europeo saltan polo ar ante o novo atrevemento dos comandos itinerantes da LNB , nun intre de crise xerealizada nos medios escritos e cando os xornais tradicionais buscan novos vieiros para captar lectores , dende o web-blog de análise histórico TODO-LNB ademáis de apresentarnos nistes intres de resaca entorideira un par de impresionates novas xoias do alumeamentos da civilización billardeira anuncian a inminente chegada ás pistas dunha edición mensual en papel formato fanzine para que mentras bruan as billardas poidamos informarnos e criar opinión e análise sobre a revolución na que estamos inmersas. Para ir facendo boca urxente inmesión no Todo-LNB dixital para ver os estalos producidos no NorLeste da mítica Carmiña e do histórico palanador David Díaz alma mater da primeira franquicia LNB "Os Petapouco" e flamente primeiro presidente LNB da equipa "Bíteres-Ekipa" .

SALCEDADA ENTROIDEIRA NO FOTO-VARAL....MÁIS BRAVURA E FURIA-GALAICA QUE AS FORMIGAS AVINAGRADAS DE LAZA!!

Impresionate , recordaba o gran referente moral e folosófico da LNB no exilio Toño Randeeira nun dos seus maxistrais twitts que a fiscalía debería actuar de oficio vendo algún dos disfraces da desfile de Ribadeo . Naturalmente Toño referíase a ise hipotécia fiscalía da xustiza revolucionario-galaica que é a mesma que premiou e desfrutou a eito co apoteósico paseo-entroideiro de palanadores e palanadoras da LNB que desfilaron pala pasarela de toxo e lama diste pasado sábado en Salceda, siplemente alucinate , non te perdas o explosivo Foto-Varal completo diste fantásico Aberto coordinado polos poderosos treze-catorce que deixa profunda semente e fariña de victoria...entroido sempre, adiante co varal!!

segunda-feira, março 07, 2011

FILLOS DE BREOGÁN , A PRIMEIRA EQUIPA DE FUTBOL GAÈLICO DA GALIZA, INVADE A CANTINA DA LNB!!


Acomódate e pide un grolo na Cantina da LNB hoxe transformata nun animado Irish Pub donde a música e o deporte tradicional dise país irmán invade cada recuncho e cada cunca de licor que acariña os nosos beizos , impresionante e clarificarificadora son as verbas que Wenceslao, alma mater do proxecto Fillos de Breogán , primeira equipa de futbol galélico da Galiza con sede na Coruña e que quere conquistar o universo enteiro a base de puñetazos e patadas a un balón de coiro...dá o paso e inscríbete coma Fill@ de Breogán>> secretary.acoruna.europe@gaa.ie

-Simplemente un luxazo inmenso ter na cantina da LNB á primeira equipa de futbol gaélico da país, directamente dende A Coruña , Os Fillos de Breogán ocupan a barra da Cantina da LNB….Wenceslao , Ginness ou licor café??

-Licor café e, se falamos de bebidas irlandesas, prefiro a sidra.



-Bueno , a verdade é que a ledicia é inmensa por ter na LNB aliados coma Fillos de Breogán , contádenos, como foi o proceso para que o primeiro clube de futbol gaélico na Galiza nacera na Coruña? , cidade ademáis na que o futbol estándar ou inglés ten tanta implantación.....

-O verán pasado fun de vacacións a Dublín. Coñecía a existencia deste deporte, pero pouco máis. Coincidiu que se xogaban as semifinais do Leinster e alá fumos a Croke Park. Vimos un derbi Áth Cliath-An Mhí e foi espectacular. O deporte e todo o que o rodea. Ó chegarmos a Galicia pensei en poder xogar a fútbol gaélico na miña terra. Comprobei que non había equipos, o máis próximo era o de Madrid, así que falei co resto dos clubes e comecei a aventura de crear o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galicia.


-De seguro que o Deportivo nunca contou con ter un referente do futbol galélico tan preto e incluso , quen sabe , co que algún día compatir espazos. Pensástedes na posibilidade de desputar algún partido no propio estadio de Riazor?

-Dende logo que non. De feito, temos problemas para que nos dean un CIF como asociación deportiva, collémo-las sobras dos campos da Torre (pagados relixiosamente) e, graciñas ó Zalaeta de rugbi, podemos adestrar con eles en Uxes. O noso obxectivo, unha vez que somos máis de trinta homes no equipo, é crea-la sección feminina, cousa que xa empezou a semana pasada, aínda que só temos tres.

-Para os non iniciados , poderíasnos dar unhas pinceladas básicas sobre as reglas diste espectacular deporte chamado futbol gaélico?

-É o deporte nacional irlandés, tan antigo ou máis có fútbol británico. Xógase co pé e coa man. En Irlanda, son equipos de quince xogadores, no resto de Europa xógase once contra once. Hai dúas porterías, coma no fútbol normal, pero tamén con paus de rugbi. Meter gol vale tres puntos e unha transformación a paus un punto. O balón pódese levar na man, pero cada catro pasos hai que botalo unha vez ou darlle un toque co pé cara as mans de novo. Non hai placaxes coma no rugbi, pero si cargas de ombreiro contra ombreiro e, de seguro, é máis duro có fútbol británico pero moito menos có rugbi.

-Polo que podemos ver cada equipa consta de 15 xogadores, ise numero de elementos necesario para a formación dunha equipa , aínda que no continente estades xogando con 11, pode impedir que xurdan máis equipas tanto na Coruña como na Galiza?

-Non penso que ese sexa problema, xa que, como dis, os equipos son de once xogadores de campo, como no fútbol grande. Na actualidade, estou a tratar de poñe-lo xérmolo de novos equipos por Galicia adiante. A resposta na Coruña foi espectacular, pois en menos dun ano somos xa trinta xogadores e xa participamos no Campionato Ibérico. Vai todo moito mellor do que o máis optimista podería pensar.

-A maioría dos homes e mulleres que teñen os ollos chantados nistes regos escritos practicaron , practican ou coñecen o futbol estándar e o rugby , partindo da base que o futbol gaélico é unha especie de mistura de ambas disciplinas como animarías a toda a xente para que se achegara ó Campo da Torre participar dos vosos adestramentos?

Pensar no fútbol gaélico como mestura de rugbi e fútbol asociación penso que é un erro, pois o 'peil' é un deporte que non ten as mesmas raíces e que tivo unha evolución completamente á marxe dos xogos británicos. Como dixen, de mozos vamos servidos xa, afortunadamente, pero non así de mozas, polo que animo a tódalas mulleres que queiran probar este fantástico xogo a viren pola Torre de Hércules. Trátase dun deporte que engancha, todo o que vén repite e, no caso das mulleres, as regras son diferentes, máis permisivas nos aspectos técnicos e menos permisivas nos contactos.

-Fillos de Breogan participa nunha liga ibérica de sete equipas, poderías comentarnos un pouco os entresixos dista espectacular competición na que polo momento non hai nungún equipo luso, mais no hipotético intre de formarse de seguro que se integraría na liga , estamos no certo?

-Un dos obxectivos e levar a liga a Portugal, xa que así se pensou a principios de da década pasada, cando se creou este campionato. Michael Collins, o presidente do Sant Vicent València, está tamén na procura de novos equipos e, como Mick estudou en Coímbra e fala portugués coma Pessoa, está a tratar de que haxa equipos no noso país veciño a curto prazo.

-Dous equipos cataláns, un madrileño, dous andaluces , un basco e vós coma representantes galaicos formades ista impresionate nómina de poderosos xinetes da apolipse do futbol gaélico na península iberica , mais polo que nos comentan fillos de Breogan é a única franquicia formada por maioría xogadores Galegos e non case en exclusiva por deportistas irlandeses que son case maioría en todas as outras equipas, é isto certo?

-Dos sete equipos, só nós e o Noahm Fermín Iruña de Navarra temos unha base autóctona. O resto teñen algún xogador español, mais a estrutura está formada por irlandeses. Curiosamente, nos campións do primeiro torneo deste ano, o Barcelona Gaels, hai un fillo de emigrados, de pais de Carnota, así que non só hai galegos nos Fillos de Breogán. Pero si, pódese dicir que tanto nós como Iruña salientamos por ser iso, galegos e vascos, non irlandeses. Así tamén sómo-los dous equipos menos competitivos, a diferencia de nivel é moi grande. Hai que decatarse que os irlandeses xogan ó 'peil' como aquí xogamos ó fútbol desde pequenos.

-Ate o de agora contextualizamos as accións a nivel galego e ibérico donde o futbol gaélico é unha disciplina emerxente mais gostaríanos que nos comentaras como se vive iste deporte na propia irlanda donde xunto co hurling é o deporte nacional e sobre todo no contexto internacional donde Australia, Reino Unido , Canadá ou Estados Unidos a priori parecen sitios donde o futbol gaélico poder ter un moi importante pulo.

-O fútbol gaélico é o deporte número un de Irlanda. Máis atrás vén o hurling e xa moito máis afastados polo seguimento da poboación o fútbol asociación e o rugbi. Contrariamente ó que percibimos aquí, o rugbi non é especialmente seguido, é o cuarto deporte, malia o gran nivel que ten a súa selección nacional. O fútbol gaélico espallouse mediante a emigración do pobo irlandés, sobre todo a territorios de dominio británico. Así é que a división de confederacións non segue o mesmo patrón que na maioría dos deportes, como a FIFA por exemplo. A GAA (Gaelic Athletic Association) fai unha separación de Irlanda (como a NBA para eles) do resto do mundo, onde hai a federación de Estados Unidos, Canadá, Australasia, Gran Bretaña, Nova Iorque e a de Europa, onde estamos nós. Debido ó grande número de equipos, Nova Iorque ten federación distinta ó resto dos Estados Unidos. Londres e Nova Iorque compiten tódolos anos no All Ireland, o mellor campionato do mundo, cos equipos da Illa Esmeralda, aínda que non pasan, de momento, da primeira fase.

- Fillos de Breogán e a LNB compaten unha mesma filosofía de acción , o faino ti mesmo , ate o de agora ambas disciplinas son ignoradas polos poderes públicos e reciben un trato case exótico polos medios xeralistas, mediante os nosos espazos na rede ambos mundos avanzamos cara unha difusión fai tan só uns anos xamais soñada, coa ollada no horizonte cales son os vosos plans de futuro nos que supomos estará a formación dunha selección galega para a participación en competicións internacionais oficiais?

-Compartimos o desprezo institucional da Xunta, pero non o da prensa, por sorte. O seguimento que está a face-la prensa, sobre todo a coruñesa, é de dez. Tivemos entrevistas en Radio Voz, Cadena SER, na Radio Nacional e na Radio Galega e dispuxemos de páxinas enteiras en La Voz de Galicia, DXT Campeón, O Xornal de Galicia, La Opinión A Coruña, El Ideal Gallego e mesmo en El País. Por iso non nos podemos queixar. Por outra banda, o tema da selección galega non é unha prioridade. Cando me embarquei neste proxecto gustábame que non se mesturase política con deporte. Con todo, este ano propúxose dende o Comité Europeo facer unha Copa das Nacións, co que competirían por primeira vez seleccións europeas (as únicas que existen son a de Irlanda e a de Australia, composta de xogadores de fútbol australiano). O noso equipo ten xente de ideoloxías políticas completamente opostas e, como dixen, non vémo-lo tema da selección galega como unha prioridade. Se falo a título particular, digo que para min sería un orgullo poder axudar no posible na creación da selección galega e que esta participase como seleccionado nacional nun campionato europeo. Dende o Comité Europeo, considérannos unha provincia, literalmente. Malia seren irlandeses, sorpréndeme o descoñecemento que teñen de Galicia e do contexto europeo en xeral, posto que Bretaña, Cataluña e Occitania tamén manifestaron o seu desexo de participaren coas súas seleccións nacionais e non con Francia ou España. Resulta que a GAA considera diferente o caso de Gales, Escocia ou a unidade nacional de toda a Illa de Irlanda a que poida haber selección diferentes nun mesmo estado fóra das illas. Non ten criterio algún esa distinción, penso que é produto da ignorancia e de estar afeitos a facer e desfacer no seu deporte como queren. É máis, penso que non sería nin sequera un conflicto político que houbese selección galega, catalana, vasca e española nun deporte no que non hai selección española. O tempo dirá como van as cousas.


-Sen dúbida as pelotas e as billardas están condeadas a entenderse polo que sirva iste encontro na Cantina da LNB para selar cun poderoso brinde a nosa alianza que moi pronto nos xuntará nun mesmo campo disparando cara á mesma Varal-porteiría ....porque Fill@s de Breogán somos tod@s!

-Graciñas polo interese que amosades. A miña xente chámalle estornela ó que vós chamades billarda. De seguro que cun pouquichiño de axuda institucional a cousa iría aínda mellor ós nosos dous deportes. Ánimo e a seguir polo mesmo camiño. Graciñas!

NEN VIÑO ESPAÑOL , NEN FUTBOL INGLÉS, A CANTINA DA LNB PREPÁRASE PARA RECIBIR ÓS FILLOS DE BREOGÁN!!


Non só de billarda vive o palanador , viño e incluso fútbol son elementos necesarios para a resistencia nas duras pista de xogo, mais nen viño español nen futbol inglés son elementos que o activista billardeiro busca cando se arrima á barra da cantina da LNB , viño dos furánchos que moi pronto imos degustar coa celebración do sempre explosivo Xerro do Salnés e Futbol Gaélico que é o que practican os irmáns de Fillos de Breogán , a primeira equipa de futbol gaélico da Galiza que se pasaron pola ateigada barra da Cantina da LNB para tomar uns grolos e deixar constancia nunha histórica entrevista de que moi pronto os brazos e pernas dos Fillos de Breogán do futbol galélico e da LNB dispararán xuntos cara ó mesmo Varal-Porteiría...ide pedindo unha cunca porque a Cantina da LNB abre as súas portas ós Fillos de Breogán da Coruña!!

sábado, março 05, 2011

"A CAPITANA GZ" GAÑA EN SALCEDA O PREMIO Ó MELLOR DISFRAZ E DAVID DE 13-14 VENCE NO ABERTO-ENTROIDEIRO DA LNB!!


Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo... temos necesaimante que recurrir ó refraneiro galaico para tentar botar máis fariña na impresionate explosión billardeiro-entroideira acontecida en Salceda iste sábado previo ó domingo faleiro que vai sentar frente a frente a porcos e persoas polo que botou para atrás á tribo da Conf. NorOeste que aprazan o Aberto diste domingo que estaba no ar para potenciar a enriquecedora e saudábel inxesta do cocido indispensábel nista datas . Co alento entrecortado xa nos primeiros compases da gran festa de entroido no centro social dos 13-14 de Salceda a donde se transladou a serpe multicor depois diste fareliro asalto puntuábel que deixou a David como gran vencedor diste mutante Aberto e a Xurxo , ambos da franquicia local 13-14 coma segundo, conseguindo o xenial Pinto da Faisca, rabuñar un variosísisimo terceiro posto no pódium polo que compartirá pois con David e Xurxo o grande honor de lavar as tripas do porco recén matado no lavadoiro imposíbel da madrugada infinda. Mais non queda ahí a cousa nen moito menos, á espectacular mutación eklesiática de Xosé Miguel da Faisca mutado na pista nun descomunal Rouco Varela , temos que engadir a fenomeal vencedora do xa mítico concurso de disfraces no que A CAPITANA GZ , tamén coñecida coma Iolanda, se sitúa ó carón do mesmísimo Gadafi coma referentes absolutos dun entroido diferente e combativo que atrae as olladas de toda a comunidade internacional .


E moi atentos porque A Capitana GZ non chegou ás pista da LNB por casualidade , pegade os ollos ás panatallas porque niste mes de marzo estréase a nova tempada de Non Saímos do Lixo , a referencial web-serie producida polos irmáns de Komunikando....

sexta-feira, março 04, 2011

SALCEDA , O EPICENTRO ABSOLUTO DO ENTROIDO-BILLARDEIRO, TERÁ NA SARDIÑEIRA DA CORUÑA A SÚA BRUTAL CONTINUACIÓN!!


Paláns e disfracer preparados porque iste Sábado en Salceda, nos territorios okupados pola Conferencia Sur , viase voltar a armar...coordiando pola poderosa e entroideira franquicia dos treze-catorce a serpe multicor da LNB está totalmente decidida a viver o entroido coa mesma ou mais incluso intensidade que a explosiva acción entroideira o ano pasado. A cita apartires das 16 h. no campo do pavillón de Salceda ou niste se o diluvio universal decide presentarse. Premios para os campións de cada indisciplinada disciplina e incluso para os mellores disfraces na pista e incluso guateque final con explosivas sopresas baixo os anifaces. Contacto: 647.190789
-------------------------------------------------------
Mais a troula entroideioro-billardeira non cesa e a Conferencia NorOeste non quere desperdiciar o carnal distas datas para darse un baño de masas e transladar á brisa atlantica a furia das formigas embravecidas e da Morena de Laza ó seu Aberto de Entroido co que invadirán de billardas disfrazadas o seu novo campo base instalado na pista das Sardiñeira. A cita por confirmar apartires das 16 h . Contacto directo para confirmación>> 679.908773

A HERBA DO CAMPUS DE LUGO CONFIRMA A IMPARÁBEL INMERSIÓN BILLARDEIRA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS!!

A febre billardeira exténdese imparábel polas universiades galaicas , despois de vibrar coa emoción do Aberto da UNiversidade de Vigo , cháganos o impresionante que confirma o inevitábel , que nas universiadades do país a inmersión billardeira non ten marcha atrás. Cun campo base estábel na USC en Compostela o campus de Lugo dependente dista universidade tampouco se quere quedar atrás e volta ás andadas despois daquela previa ó inicio do curso anterior, cos ollos chantados no horizonte dos xogos galaico-dourienses donde a Billarda é desporto oficial chéganos o impresionante crónico e documento fotográfico realizado polo pateiro nômade do Aberto perpetrado fai uns días no campus universitario de Lugo:

Na tardiña do xoves houbo un aberto de billarda no campus universitario de Lugo. Foi en herba e nel participou só xente non relacionada coa LNB, e en case todos os casos xente que non tiña xogado nunca. A única que tivera contacto foi Alba (palanadora asturiana que xa competira por unha praza nos xogos galaicos-durienses do curso 2009/10).

Houbo unha final a 3 na que participaron Almudena (2ª), David (3º) e Alba, que foi a vencedora absoluta. Tamén houbo proba de longa distancia, na que gañou Gonzalo. Foi unha grande e divertida xornada na que se puideron ver bos golpes. Alí houbo cazatalentos da franquicia Bateas e xa houbo negociacións con diferentes palanadoras. Demostrouse en Lugo e en Vigo que o futuro da LNB pasa polas universidades.