O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 03, 2011

SET LNB_LAB , O ESTOURIDO DO INCENDIARIO PANORAMA ANTI-REXIONAL!!

Sinteo , vive en primeira persoa a inalcanzábel traxectoria da paixón billardeira disparada cara ó infinito no horizonte , aférrate ó palán coma unha lapa ó cañó e non te deixes levar pola forza da auga cara dentro do mar do sistema establecido. Rachando panorámicas e parabólicas ó seu paso chega a maís salvaxe versión do Panorama Rexional imposibel á que unha miserábel nos quere condear , invitamos pois a ista señora e @s da súa corda a que brinden con gasofa para que ó prender ista nova edición do Set-LNB Lab lle prenda tamén lume na súa pedófila lingua , gravado no explosivo Aberto da Pontenova , con estreo mundial da impactante pantalla mecánica coma lanzadeira de marcas colaboradoras da acción billardeira e cun piloto de luxo , Cascarillas , o internacional sen nengunha internacionalidade aínda por mor dos problemas cos vós e coas avellas da colmea de Tropa Lixeira ... Set-Lab da LNB mutouse na Pontenova nun incendiario Panorama Anti-Rexional que acribilla a navallazos autóctonos a actualidade máis rabiosa e delirantemente do poderoso universo billardeiro- Atentos tamén á fantática cobertura que medios coma Radio Burela dende a implicación dos propios locutores ó mais puro estilo dos dj da vella escola cando apostaban por un grupo , están a facer de toda a boráxime billardeira....busca e atopa á LNB temén soando no teu dial!!

CONFABULAD@S PARA ARMAR ABERTINHOS BAIXO O ARRECENDO DO FUME DAS CASTAÑAS!!

E mentras metes as navallas da Pontenova xunto cos paláns para ista sábado dirixirte ó Aberto en Villaromamiz na Conf. Centro e o domingo pola mañá á Adina na Conf. Salnés , recorda saír armado se vas a calquera dos Magostos que se realizan ista find no país para extrender o conflicto billardeiro en cada un espazos nos que teñamos presenza como aconteceu no pasado Magosto organizado polos irmáns de M de Meira donde o gran palanador e micro-escritor Xosé Salgado de Tropa Lixeira se confabulou cunha nova enganchada zoncheiro-billardeira>> Apesto a fume, pero polas miñas. mans pasaron castañas, amigos, billardeiros, amizade e todo xunto, confabulados para facerme feliz-