O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 03, 2011

O ABERTINHO DE POIO ÚNESE ÁS XONADAS PUNTUÁBEIS DO CENTRO E SALNÉS NUNHA NOVA FIND DE ACTIVIDADE INTENSA!!

Iste Sábado en Poio celebrase un dos espectaculares Seráns que cada vez con máis intensidade e forza invaden o páis enteiro , e por se non fora pouca intensidade os irmáns da escola de gaiteiros da vila ademáis efectúan un impresionante despregue de activiades previas ó gran estourido festeiro da noitiña cun fabuloso programa xogos tradicionais entre o que destaca o Abertinho de Bilharda nun territorio ademàis absolutamente mítico para a LNB xa que a moi poucos metros da Seca donde se celebrará o serán está no Restaurante a Gata Meiga a Coroza que vestíu ó Coroceiro Nacional no Play off nacional de Conxo - A cita apartires das 16 h . en Poio no Lugar da Seca - Contacto>> 650.848533 / Xosé


E simultanea ó estalo de Poio a tribo estornela estrea espazo invadindo por primeira vez as terras de Villarromariz nun Aberto Puntábel da Conferencia Centro con cea de irmandade final que quen decida repor forzas despois de desgastarse na pista de Xogo - Contacto: 654.232108

E á mañá seguinte nova e intensa tirada no domingo na pista de Adina nunha nova enganchada da Conferencia Salnés que afianza a súa proposta matutina a golpe de contra-programar as ostias do cura da parroquia. Contacto: 649.325103