O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 11, 2011

MAR A FÓRA , BUEU 19:11.... CHEGA A PRIMEIRA SNUFF MOVIE BILLADEIRA CO TERRORÍFICO SELO DA CONF. SUR!!

O xogo , a droga , o sexo , a violencia e Fuxan os Ventos....baixo istes parámetros artéllase o novo e xenial estalo que deixa en cueiros a história de Ramón San Pedro aldraxada por Amenabar nisa lamentábel españolada . Baixo unha dirección colectiva ó mais puro estilo dos Irmáns Cohen , Manuel dos Paquete Pinchas nunha interpretación que semella ten nado para ela, deixa en cueiros ó mesmísimo Bardem e logra transmitir en toda a súa intensidade a experiencia do terror claustrofóbico que tod@s sentimos ao acordar cada mañá niste puto mundo de merda. Impresionante o caracter bizarro das tomas colectivas finais nas que se pode ver a outro monstruo da interpretación coma é Elvis inxerindo o posíbel cianuro potásico que lle arrebarou da mesilla ó protagonista...A Apocalipse chega en Bueu 19:11 !!

A COMUNIDADE BÉLIT-BILLARDEIRA DE BARNA ARTELLA UNHA EXPLOSIVA QUEDADA NO "BAR WEMBLEY " PARA SEGUIR O DERBI GALAICO DE FÚTBOL!!

E en Bueu arrincou a nova explosiva find billardeira con Luis Camiña dando un novo golpe na mesa coma informa o facebook oficial do varal vía o Comandante Cachiza Manuel Outeiro>> A chuva non foi que de pararnos na boca da ría, e na antiga estacada de Bueu resoaron os pateirazos na mañán do San Martiño. O cadro de primeiros clasificados quedou así: 1º Luis Camiña de Almuinha de Marín, 2º Gelín de Almuinha, 3º Outeiro de Corredoiras . O viño, licor café e a crema de caña non quixeron fuxir do Morrazo- E atención porque na find do derbi de fútebol galego a LNB na súa gran xeira internacionalista non pode máis que apoiar a quedada, ó mais puto estilo da mítico "gz- con Koroea do Norte do pasado mundial" - que surxida do gran palanador da Pontenova Breogán Valcarcel exiliado en Barcelona e xunto con moitos outros Belit-Billardeiros están artellando unha gran kedada-galiaca para iste violento domingo aberta a outras nacionalidades nun bar da cidade condal para seguir o partido pola tele, e atención porque a gran implicación belit-billardeira no tema suxire que diste derbi e dos centos de cervexas que se inxiran poidan saír moitás accións futuras coma o mítico partido de futbol fai uhas semanas organizado en Vic entre as seleccions de Gz Vs Rif - Contacto para Kedada>> peisano@yahoo.es >>Esta tarde deportivistas e celtistas de Barcelona reunímonos en irmandade a partir das 19.30 pra ver o derbi galego en pantalla xigante. "No bar Wembley", Consell de Cent 413-415, cantonada bailén, L4 Girona ou L2 Tetuán. Vine!/


2 Comments:

  • At 3:14 PM, Anonymous Anônimo said…

    Non coñezo a este rapaz, pero é xa o meu ídolo, este domingo eu tamén me deitarei co palán.

     
  • At 6:07 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ola. Chamome Palán, ainda que casi todo o mundo chamame Pailán.

    Por favor, a do comentario anterior que deixe o seu enderezo e número de telefono pra ver onde teño que ir durmir ( e espero que algo mais) este domingo á noite

     

Postar um comentário

<< Home