O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 01, 2011

KARATE KID BILLARDEIRO OU A TÉCNICA DO PORCOTEIXO DA PATADA FRONTAL NOS FUCIÑOS DO INIMIGO!!

Foron moitos os bolos que se cociñaron diante dos míticos Fornos da Pontenova no aínda ferro quente do pasado Aberto , pero sen dúbida unha das imaxes máis impactantes foi Daniel Larusso e Miyagi en version billardeira analizando estatexias antes de saltar ó tatami. E atención porque como sabedes o gran palanador e mestre samurai de Marin Luis Camiña , está pensando facer reformas na súa casa e é moi posíbel que durante a súa estancia no Aberto do Ferro estivera tentando convencer ó xoven xogador dos Outros Eric para que a modo de adestramento lle lixe o piso en círculos cara dentro e lle pinte a casa non de arriba a baixo senón de lada o lado .

O FOTÓGRAFO GALAIKO NACHOK , IMORTALIZA NUN EXPLOSIVO ALBUM DE FOTOS O AGRARIA EXPERIENCE NO LOCAL DE ENSAIO DE MEIRA!!
Sexa como for , se Eric decide mergullarse no abafante plan de traballo do Miyagi de Marín que saiba que o sindicato de palanador@s apoia totalmente iste xeito de contratación alebrestada explotación:adestramento , e se xestos alternativos de relación laboral ou musical falamos imposíbel non nomear ó grupo de kamikaces galaicos que resposta ó nome de Extension Agraria que agardan en breves instalarse nun zulo de Bretoña para ultimar un explosivo repertorio que moi pronto ceibarán coa forza dun xabarín ferido . Un impulso e pulso que foi capturado en imaxes polo xa considerado membro oficial de Extension Agraria na sombra, falamos do fotógrafo experiental galaico Nachok que inmortalizou nun electrizante e enxordecedor album de fotos a pasada Agraria Experience no local ensaio de Meira.


E moi atentos porque o entramado alimentario e sonoro da LNB non pode parar quedo nen un instante e despois do brutal estreo da Cervexa Menduiña na Pontenova que repetirá iste vindeiro sábado no Aberto da Centro en Villaromariz temos xa marcas ansiosas por dar o paso para aportar o seu gran de area na gran xeira billardeira . É por elo que dende o teu califato productivo ou social ó que pertenzas queres aportar e difundir o teu producto nas pistas da LNB dá o paso ó igual que se tes un estalo do teu puño e letra que queiras que Extension Agraria lle poña música e xuramentos... porque tanto ten cantos grolos de viño ou cervexa bebamos porque seguiremos carrexando ista sede rabiosa ate a eternidade, Billarda sempre , Adiante co varal!!