O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 09, 2011

ISTE INVERNO.... MOI POUCO ESTERCO VAS FACER NA CASA!!

Efectivamente, moi pouco vas poder parar na casa xa que xunto coas xeadas e a invenía a fame de billarda dispárase e suxe a necesidade inmensa de coma o lume pide estelas o corpo pide tamén leña , castañas e viño....E atentos porque á axenda de urxencia dista finde xa xunguimos xa o adianto da nova edición do explosivo TXIRIKILA TXAPELKETA de Pasaia no Marco do gran Magosto que se vai celebrar na vila , haberá coma nas anteriores edicións presenza galega que chegarán en diversoso comandos para seguir sementando con iste gran Aberto de txirikila-billarda, a semente dun posíbel gran torneo internacional en Euskal Herria cos parámentros da GALEUSCAT, donde as selecions nacionais de Gz-EH-PPCC se atopen e ensinen os dentes / Contacto: fatocastelo@gmail.com - 635.276663 . É por elo que nista primeira xeira Billardeiro-Magosteira de Pasaia tiramos ó mediterraneo para amplificar o espectacular Magosto a celebrar iste vindeiro sábado 12 en Sant Vicenç dels Horts ( BarnCursivaa ) donde ademáis de festa rachada haberá billarda na modalidade Bélit coordinada polos irmáns de Casus Bélit e donde moitos galegos alí instalados poderán tomar contacto por primeira vez co desporte nacional en ambas nacións para nun futuro artellar o ten desexado Celtic de Barna de Bélit-Bilharda.


Unha brutal xeira internacioanalista que ten tamén a súa constatación na publicación dun espectacular volume de ponencias e comunicacións do I Congreso Internacional de Pic i Pala, Boli i Escampilla publicado polo Ajuntament de Castellón de la Plana donde se realizou o devandito Congreso, un libro que recolle diferentes pontos de vista con ponentes de toda europa con representación da LNB nos textos do referencial Ricardo Perez i Verdes ( As diferentes modalidade da Billa Galega ) e Xermán Viluba ( O marco ibérico de competición e relación ) - Son uns estalos que certifican o fenomenal estado intercomunciación coas frontes internacionais e que botan gasofa sobre un lume que arde no país a un ritmo frenético>> á acción dos fronte regulares temos que sumar iste venres a celebración en Bueu do I Aberto San Martiño da Cachiza coordinado dende o propio concello e que conta con destacados palanadores LNB implicados totalmente no desenrolo do asunto , o sábado os irmáns da Ghudalla en Moaña armán en honra do San Resaquiño , curman de San martiño- un espectacular festival donde as billardas estarán temén asexando e dispostas a saltar polo ar, e ise mesmo día en Manzaneda chega o referencial Festival da Rebusca donde cos Chuchufellos marcando paso estará Lito un dos coordinadorea da LNB-Ourense artelando xunto co campinado de Futbol-chapa un gran Aberto de Billarda no serán con previo de luxo antes do xantar cunha pequena palestra na que apresentará a futura edición dun libro donde se recollen todas os xeitos de xogar ó noso desporto en Ourense .Tomade ar, porque isto non para e ós Abertinhos que ti queiras ir sumando... xa petan á porta no norte o venres 18N Abertinho Magosteiro en Remourelle e sábado 19 refesta despois do Aberto de Flores no Abertinho Foliada-Magosto de Ribadeo xusto no centro da vila...xandovelo de fustar delenvre, antemes con fusco!! - billarda sempre , adiante co Varal!!