O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 06, 2011

FACHOS DE LUME E BILLARDAS ARDENDO ALUMEAN O HORIZONTE NISTA LONGA NOITE DE PEDRA!!


O teito é de pedra, de pedra son os muros i as trebas. De pedra o chan i as reixas... Así arrinca o mítico poema do referencial Celso Emilo Ferreiro que hoxe e sempre facemos noso para ilustrar o infindo lóstrego billardeiro que ista find sacudéo o país enteiro a base de Abertos Puntuábeis e Abertos Arte-Nativos coma as impactantes imaxes que ilustran iste estalo enviadas polo palanador e mestre de artes marciais galaicas Luis Camiña, durante a súa intervención na gran acción billardeira perpetrada en Poio en colabotación cos irmáns da Asociaicin de Gaitieiros locais

As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra.... Nun contexto coma o actual artellar un entramado con accións sumultaneas nunha find na Centro en Oroso , na NorOeste en Oleiros , na Salnés en Adina con complementos da envergadura do acontecido en Poio e Marín sitúan á engranaxe global da LNB nun nivel nunca antes nen sequera soñado-

Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan , feitos están tamén de pedra ... É por elo e por Celso Emilio ,que nos reviramos tamén contra a tortura e persecución no país dos ananos e o xeito de facelo, é aferrandonos con forza ó palán e ós fachos de lume ardendo para rachar a escuridade dista longa noite de pedra. E atención porque non é unha metáfora o dos fachos , a LNB nen sequera necesita a súa enerxía expoliadora e xa está tratando de alumear agora que a noite cae axiña as pistas exteriores con fachos cos que incluso como final de festa poida servir para queimar farrapos e retratos . Vaite preparando pois porque os teus ollos voltarán brilar na noite coma o dos gatos raxados en accións xa confirmadas coma Abertos Arte-Nativos o vindeiro sábado 12 no San Resaquiño en Moaña organizado polos irmáns da Ghudalla ou no Aberto do Festival da Rebusca en Manzaneda , e para que vaias facendo xa o makuto xa podemos confirmar que o vindeiro sábado 19 N ( un día antes da farsa eleitoral ) celebrarase en Pasaia Euskal-Herria unha nova edición do explosivo Aberto Txirikila-Billarda que vai de novo unir forzas galaico-euskalduns un día ademáis no que tamén estaremos atentos á nova eidicón do festival liet Internacional no que por primeira vez haberá representación euskófona da man dos Siroka grupo que como non podeía ser doutro xeito antes de tirar para Udine parou tomar unha Menduiña na Cantina da LNB e comentar a xogada nunha esoectaculae entrevista que moi pronto poderedes desfrutar...

I eu morrendo nista longa noite de pedra.... Así remata o referencial estalo do poeta de Celanova e como versa no manual de urxencia do activista LNB se dun Aberto unha vez rematado non sáe outro ...entón é mellor quedarse deitado na casa- Dende logo co comando billardeiro desprazado a Poio e coa implicación amosada polo gran Xosé e toda a xente da escola de gaitas no horizonte alvíscanse xa novas accións conxuntas ó igual que en todos os outros frontes nos que tremeu a terra baixo o asedio das billardas.

De novo o Facebook do Varal foi un ferbedoiro ista find para comunciar en tempo real os resultados dunha xornada a lume de carozo , Pinto desfíxose do gran mestre Miyagi e da presión de Anxel e sumou un novo aberto que o fai pensar en colgar as cazolas e agarrar os paláns profesionalmente , sorpresa en Adina con Bateas desaloxado da cabeza polo indíxena de Adina Suso coma priemiro e Toño dos Furabolos de segundo , Lois Filloas de Sangue vence no estreo LNB en Oleiros con irrupción e estreo tamén da equipa Maghua na NorOeste ...

...E en Marín no Aberto coordiando polos referenciais Almuinha á marxe da celebración dunha gran acción que tivo que buscar aloxamento alternativo por mor o desalxo do espazo incial , a victoria de Luis Bateas quedeu un tanto ensombrecida polos espectaculares Varais utilizados que poñen a reciclaxe e a reutilización de materiais coma unha prioridade obsoluta en futuras accións billardeiras...reciclaxe sempre, adiante co Varal!!!