O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 08, 2011

DAS KAPITAL..... COROCEIRO NACIONAL FACT-SESIONS!!

O Ruido Negho na total indixencia da vida..todo está roto!!! berra O Leo no tema "os días do medo" estalo que forma parte dise fantástico puzzle sonoro que o supergrupo industrial-galaico Das Kapital lanzou fai uns meses e que se converteu xa de seguro, nun dos discos fundamentais da década. Cunha nómina de luxo dende o corazón da barbarie , Das Kapital instálase na friaxe industrial para por en marcha un aleatorio caleidoscópio sonoro no que as mans proletarias galegas transitan dos tetos dunha vaca á cadea de producción dunha fábrica calquera, todo elo ademáis, marcado por un espectacular rexistro vocal do Leo que xa deslumbrou no proxecto sonoro de homenaxe a Lois Pereiro Ondas Martenot. Mais por se non fora pouca actividade, istes días recibimos a aportación do Kañautor ó xa mítico Coroceiro Nacional Facts, non é que sexa tarde senón que é unha fantástica aportación adiantándose de novo ó seu tempo de seguro ruxida pola cercanía do pasado sábado das billardas no Aberto de Poio xa que a Coroza agarda Corpo no Restaurante A Gata Meiga , sen dúbida se temos que outorgar un Millo Corvo Honorífico dende logo sería para O Leo >> "O coroceiro fainos indios-caracois, coa Terra ao lombo pensando muito ben para onde a levamos".