O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 14, 2011

CILENIS CONXUGADOR ....O ÚNICO INSTRUMENTO POSÍBEL PARA FEAR CONXUGANDO A FEBRE DE VOCACIÓNS POPULARES NA LNB!!


Anunciabamos que nos mergullabamos na semana do Liet Internacional mais é imposíbel abstraerse ó feito da grande farsa eleitorial coa que iste domingo o estado vai tentar lavar unha vez a cara , é por elo que temos que necesariamente que recurrir ó primeiro gran conxugador galaico que permite conxugar de maneira fiábel calquera verbo en lingua galega , mesmo os inventados e tamén en lingua portuguesa desenvolvido pola empresa CILENIS que ten coma un dos seus pilares básicos a un desenrolador, palanador e locutor chamado Sak . Carrexar sen dúbida vai ser un dos verbos que máis vai para ter que conxugar para ilustrar o próximo 20N mais a terrorífica imaxe que ilustra iste estalo tamén de seguro que pode suxerir unha boa restra de verbos incluso dos inventados, para frear a febre de vocacións surxida en moitos palanadores , como aconteceu no San Resaquiño de Moaña, para afilarse e ser interventores do PP ( Partido dos non Palanadores ). Sexa como for , a gran cuestión existencial para calquer palanador ou palanadora de ben debe ter niswte intre , é saber urxentemente se o conxugador ademàis de verbos galegos , inventados e portugues serve para conxugar o noso amado e cooficial vervo xido .... xandovelo de fustar delenvre , antemes con fusco / billarda sempre, adiante co Varal!!