O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 11, 2011

CASTAÑAS , NOCES , CACHIZAS E VIÑO.....FANNOS CHIMPAR DE LEDICIA NO SAN MARTIÑO!!

Falaba e falaba ben, un dos referenciais palanadores nómades da LNB coñecido xa coma o Miyagi da Billarda , que iste find había que ir morros ó Morrazo...e afobé!! iste venres dende as 11 h. da mañá no campo da estacada realizarase o I gran Aberto da Cachiza, saca as lagañas e a Bueu!! Contacto: 658.491908

E tan só unha horas depois coller a ponte aerea e tirar ou ben cara á Rebusca de Manzaneda donde un espectacular festival agarda por ti nas terras altas de Ourense donde pola mañá primeiro cunha palestra LNB de presentación do gran Aberto da Rebusca que se desputará pola tarde inxertando furia necesaria nos asistentes ó referencial festival>> Contacto: 617.812889 / e se tendes gañas de tiras un pouco màis aló xa sabedes que en Barna celebrarase o Magosto de Sant Vicenç dels Horts con un gran Torneo deCursiva Bélit no que moitos palanadores e palanadoras galaicos competiran aferrados ós súas palas . Contacto>> 652.907401

E que mellor que desfrutar unha resaca con toda a intensidade como nos propoñen para iste sábado tamén os irmáns da Ghudalla para na xa III edición do San Resaquiño festival invadir Moaña de Sons , Loita e Cachizas. Contacto: 627.780891

2 Comments:

  • At 12:15 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xa sabedes que Otero non poderá ir. Voltou espetar o coche outra vez

    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/11/11/00031321004295279193448.htm

    Herido un conductor en Mos tras atropellar un jabalí

    El accidente se produjo sobre las seis de la mañana en la N-550 a su paso por la parroquia de Louredo.

     
  • At 4:08 PM, Anonymous Anônimo said…

    Tanto ten. Non hai billarda.
    Falsa alarma en Moaña

     

Postar um comentário

<< Home