O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 15, 2011

ARRINCANDO OS CHANTOS E INVADINDO AS LEIRAS....ASÍ CHEGA O LIET A UDIN!!

Como viñamos anunciando fai un tempo , a celebración dunha nova edición do referencial festival Liet International convertese nun estourido de emocións compartida de toda a tribo LNB cos demáis pobos de Europa e do mundo das culturas e linguas minorizadas . Pese a que nista oitava edición que se vai celebrar na cidade de Udine nas terras de fala Friuli , non vai haber representación galega , dende o incio do festival ate que o ano pasado o comando Mafia Galega, nunha histórica acción totalmente autoxestionada pola LNB , logrou ante a incredulidade de toda Europa amosar os dentes, a lingua e as billardas no esceario de Lorient, a filosofía que emerxe diste encontro sempre nos empurrou a dun xeito ou outro, a tentar aportar o noso poderoso gran de area , esteñamos presentes ou dende a retragarda como acontece nista ocasión que aínda que o nosos corpos esteñan desputando o Abertinho Anti-fans en Remourelle o venres , o sábado no Aberto Txirikila-Billarda de Pasaia ou no Aberto Cachiza 19:11 de Bueu ou no Aberto de Flores en San Cosme e posterior Abertinho-Foliada en Ribadeu ou na área estronela desputando unha nova xornada puntuábel e o domingo o nos mallado corpo esteña arreando xostregazos na Conferencia Noroeste.....o noso espírito estará en Udine unido ás bandas e ó lareteiro corvo do Liet pousado no esceario do Teatro Giovanni.

LIET_2011.... A GRAN FESTA EN TERRAS DE FALA FRIULI!!
Resistence in Dub foi o grupo que levou o premio do público na pasada edición bretoa do festival , sendo os representantes do idioma Friuli foron os perfectos embaixadores dista lingua e dista terra que dende o xoves acollerá unha morea de actividades que desembocarán o sábado no xa mítico concurso que ten como obxectivo principal promover a música contemporanea en idiomas minorizados converténdose por méritos propios nun dos acontecementosmáis importantes de promoción e difusión da diversidade lingüistica de Europa. O Liet_2011 vai durar catro días , dende iste xoves ate o domingo 20N , incluindo ademáis de concertos paralelos , conferencias, e unha exposición de foto-estalos sobre os últimos anos do festival donde de seguro estará presente a pegada de Mafia Galega e do resto de intérpretes galegos que tiveron a enorme fortuna de participar nista grande festa da diversidade . Ademáis niste edición Friuli o festival terá unha refesta cinematrográfica xa que dende o 23 ó 26 de novembro celebrarase unha mostra de cine independente en língüas minorizadas, todo un acerto da organización Liet e dos aliados Friulis!!

12 FINALISTAS PARA UN FESTIVAL NO QUE NON HAI VENCEDORES NEN VENCIDOS, GAÑAMOS TODOS, EN TÓDOLOS PARTIDOS!!
Noid, a banda vepsia de Carelia ( Rusia ) ,Rollfa , grupo sami de Noruega, Manam , grupo gaélico de Escocia , The silent woo gore, de Udmurtia ( rusia ) , Siroka de Euskal-Herria , Aoife Scott da irlanda, JannaEijer, cantante frisia, Piska, banda Friulana, Coffeshock Company , banda de lingua croata de Austria, Cuntra Löm, banda ladina de Italia, Rezia Ladina , cantante romaní de suiza e os asturianos Skama la Rede , comporán a nómina de finalistas que invadirán o esceario do espectacular teatro Giovanni. Como podedes imaxinar na galega non ides poder seguir o festival polo que dende a páxina oficial do Liet poderemos seguir os acontecementos e dende iste enlace do Liet tamén podedes ouvir as cancións participantes , e atención porque antes de partir cara Udine , os irmáns de Siroka coma representantes do euskera e da filosofía Txirikira pasaron pola Taberna da LNB tomar uns chupiños de licor café e apresentarnos o seu tema Hi Vascofona nunha espectacular charla na que non disimulan o seu desexo de actuar o máis axiña posíbel na Galiza.....atentos ás pantallas porque chega SIROKA!!

1 Comments:

  • At 1:14 AM, Anonymous Anônimo said…

    De invadir leiras pode dar umha palestra o lamentável

     

Postar um comentário

<< Home