O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 13, 2011

19:11 >> BUEU , PASAIA, A CENTRO , SAN MIGUEL (barreiros) E UDINE CO LIET INTERNATIONAL / 20:11>> NorOeste !!

Arrinca unhs semana marcada pola terrorífica combinación de números 19:11 que intercomunicará Bueu , San Miguel de Reinante, Pasaia coa cidade de Udine no combuso estado Italiano porque alí se celebra unha nova edición do refencial festival do Liet International. É por elo quie iste semana virá moi marcada por iste acontecemento musical do unverso das linguas minorizadas donde Skama la Rede representando ó asturiano e Siroka representado ó Euskaldum estarán coma únicos representante ibéricos na gran final en territorio Friuli que contará cun total de doce participantes chegados do longo de europa-

Mais estamos aínda recuperandonos duns tremendos tremores de terra producidos pola irrupción na mañá do pasado venres en Bueu do exercito de Cachizas nun Aberto nunha espectacular ubicación . Con Anxelín , Manuel Outeiro e O gran Miyagi da billarda. tamén coñecsido coma Luis Camiña , exerceron de sherpas de luxo niste torneo ademais de coparen o pódium como moi ben informou O Varak facebook >> 1º Luis Camiña de Almuinha . 2º Anxelín de Almuinha e 3º Manolo de Corredoiras-

E ó día seguinte as Cachizas de Bueu mutaron en billardas doentes cara un varal imaxinario ó final do horizonte no brutal Aberto do festival da Rebusca de Manzaneda coordianado polo comandante Lito>> A multitude de xente acumulada para desputar o Aberto fixo imposíbel a realización do mesmo nos parámetros normais polo que se optou por un abraiante Torneo de lanzamos o mais lonxe que situou ringleiras de 15 palanadores e palanadoras na pista ..non houbo unha desgraza porque o diaño está da nosa parte xa que para a inscripición no Aberto era obrigatorio a inxerir un chupiño de licor café... baixaban as botellas e subían as billarda cara ó infinito. Arturo de Salvaterra acadou o segundo poste detrás do campión do Aberto , o biatleta Marcos aborixe de Manzaneda , cuxo lanzamento perdeuse nas xa borrosas olladas despois de vir de gañar tamén na explosiva carreira de tartarugas- Manzaneda deixa semente de victoria e atención porque no horizonte co Comanante Lito ao fronte a inmersion billardeira é xa unha realidade e xa están en marcha os parámentros para o futuro Aberto do Cuco de Velle , naturalemente en Velle República de Ourense -


Viño , licor café e a crema de caña non queixeron fuxir do Morrazo como ben apuntou Manuel para ilustrar iste espectacular foto-reportaxe capturado polo polifacético Luis Camiña que informa da rotura dunha billarda durante a desputa da final cuxo orixe pode estar na reivindicación das "Onces" o tradicional micro-xantar para inxerir a parva que a LNB invita a realizar para rachar cos horarios e xantares impostos polas costumes alleas. Atentos pois porque arrinca a semana internacionalista co Aberto de Pasaia e co Liet International coma puntas de lanza ....Txirikila e Liet Sempre , adiante co varal!!