O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 04, 2011

DO ESTOURIDO DO SALNÉS Á CONQUISTA DO GRAN ULAN-BATOR GALAICO-BILLARDEIRO!!

Imparábel continúa a expedición billareira polo deserto galaico cara ó paraiso do Ulan-Bator posíbel , guiados polo furia e carraxe dos Akelarre Muimenta que na súa ambulancia solidaria nos fai uns meses nos vacinaron contra a raiba do indiferencia asumimos despois do gran estourido billardeiro no Salnés que a viaxe é unha tirada xa sen marcha atrás. Sintonizando o pasado domingo a radio da ambulancia coa emisión de Radio Oceánica da RGM que nos ofrecu un espectacular mapa sonoro das sensacións que nos amosa ista edición as festas do San Froilan que hoxe mesmo arrincan , un feixado de grupos que como non acontecía en moitos anos se reconcilian cun público autóctono e billardeiro- E xunto cos paláns a ambulancia de Akelarre temán representa isa biblioteca ambulantes cuxo exemplares referenciais son os dos irmáns Axouxere Editora que iste mesmo martes ás 20.00 h. no Café Bar A Medusa (Santiago),Axóuxere Editora presentará o libro Inmanencia Viral, do ensaísta mexicanoFausto Alzati, inaugurando deste xeito tamén a nova colección Polimnia. Cadernos de combate, centrada en textos de pensamento crítico contemporáneo de carácter breve, e na que se dedicará especial atención a novas voces do ámbito galego e internacional- Ademaís da presenxa do autor , tera lugar unha video-perfomance arredor do texto , para pechar logo a presentación con petiscos e sesión dj-
Sen dúbida a LNB coma os aborixes Mongoles agarran o carneiro polo cornos e montados na moto ollan a cartografía cara unha nova fin de semana de infarto á que xa se une a confirmación para o 19 de Novembro do referencial Aberto Txirikila-Billarda en Pasaia coordiando pola fronte irmá do Txirikila-Bai >> iste sábado pois, arrinca en Castrofeito a competición regular na Conferencia Centro , simultaneamente en Remourelle ( Ribadeo ) tamén o sábado , no marco da festa do deporte celebrarase un explosivo Aberto de Billarda que complementará o Torneo de Bolos e as competicion equinas, unha festaza que contará coa actuación do grupo galego que está a revolucionar o panora folk do país , Tumba e Dalle , o combo con base na Mariña prepara a súa irrupción nos principais festivais do país quentando motores en con actuación coma ista do vindeiro sábado en Remourelle- E coma nista marathon cara ó infinito no hai parada nen para respirar o domingo a LNB prepara un gran desembarco en Lourenzá para a desputa do xa mítico Aberto da Faba coa figura do fuxido Luis Trigo, O Gardarríos , acribilladao a tiros a traizón no 1948 a moi poucos metros do Cantón , coma gran referente da cita- "isto acábase para a min non me collen vivo"...Gardarríos Sempre , Adiante co Varal!!