O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 02, 2011

A VOLTA DE VIANA NO ABERTO DO FESTIVAL DA POESÍA DE SALVATERRA E A REVIRA-VOLTA BILLAEDEIRA NAS FESTAS DE RIBADEO!!


A única VOLTA certa é a que se vai constatar se a ponte aerea entre Tokio-Salvaterra de máis de 20 horas non sufre nengún atentado ou contratempo, Viana , o Kamikaze da billarda contatará o seu retorno á terra no mítico Aberto do festival da poesía de Salvaterra , benvido pois Mrs Viana e ide preparando os ollos porque ista fin de semana aínda que os ciclistas avandoan territorio galaico os galaicos seguiremos co alento na caluga da serpe multicor en etapas tan míticas coma as do Angliru en alianza cos irmáns do Liriu- E moi atentos tamén porque tamén destaparemos documentos exclusivos sobre o brutal golpe na mesa da LNB na zona Vip que a "vuelta" tiña instalado en Pontevedra, infiltrados con carnets falsos da federación española de esgrima e alterofilia varios palanadores puderon encherse homenaxeando así ó mítico esgarro Fignon á cámara de televión-

SÁBADO : ABERTO DO FESTIVAL DA POESÍA ( SALVATERRA)


Sobran as palabras, en cada billarda un estalo poético para apoiar así a gran acción de intervención en espazos non comúns de difusión poética que teñen en marcha os irmáns de Tinta de Lura que estarán tamén en Salvaterra iste sábado a pé de pista - a Cita apartires das 12:30 / Contacto: 647.190789

SÁBADO-DOMINGO: FIND BILLARDEIRO EN RIBADEO_


E en Ribadeo coincidindo co inicio das festas na vila iste sábado apartires das 16: 30 no campo de futbol de herba do CEIP Gregorio Sanz novo desafío Billardeiros-Os Outros en formato Aberto contra o resto do mundo e o domingo no aparcadeiro municipal donde se celebran as festas iste ano , apartires das 18:30 haberá xeira de xogos tradicionais donde a LNB terá un espazo para todos aqueles que queiran xunguirse á gran serpe multicor poidan practicar coa desputa dun Micro-Abertinho / Contacto: 636.843377

1 Comments:

  • At 9:44 PM, Anonymous Anônimo said…

    Como é que non estará presente Ulex Galli, a banda do Salnés que interpreta grandes clásicos da literatura galega?
    http://www.youtube.com/watch?v=Ae3N5YmWxik
    http://www.youtube.com/watch?v=Yjf8Dp10ihk
    http://ulexgalli.bandcamp.com/

     

Postar um comentário

<< Home