O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 07, 2011

TXIRIKILA E BILLARDA UNIDOS DE NOVO POLA REIVINDICACIÓN DUNHA MESMA LINGUAXE!!

Ide preparando os paláns e billardas porque a serpe miulticor da LNB volta á chaira para desputar iste vindeiro sábado apartires das 16 h. a segunda edición do xa mítico Aberto da Ra da Lagoa de Cospeito que terá a súa patada a seguir o domingo na Foliada con Aberto de Billarda en Castrofeito na conferencia estornela- Mais non podimamos tirar para aló sen amosar e promocionar con arreglo á enganchada de Cospeito, a espectacular nómina de productos con entidade galaica que distribuen dende a referencial TENDA-GALICIA, varias seccions todas elas con sorprendentes estalos indixenistas ente os que destaca a impresinate seccion de Peluches Galaicos: Ourizo cacho da Ulloa , Corvo do Xallas , Osiño dos Ancares , Teixudo de Paradanda , Porquiño Celta...e como non unha espectacular Rá da lagoa de Cospeito- É por elo que ó igual que non podemos resistirnos a promocionar productos-gz cando teñades que agasallar a alguén , a vos mesmos ou buscar un trofeo para un aberto pasedes antes de nada por ista referencial tenda on-line de esencias galaicas-

A LNB CONFIRMA O SEU TOTAL APOIO A JOSEBA DE Aintzinako ume jolasak PARA QUE A KALE-TXIRIKILA INVADA TODA EUSKAL HERRIA!!
E depois das contundentes accions da LNB á pasada de la vuelta ista diríxese a Euskal Herria ou o páis tamén coñecido no eixo do palán coma a txirikila-nation , alí xa podemos confirmar un novo foco de acción con epicentro en Barakaldo polo que xunto cos irmáns de Txirikila-Bai de Pasaia , Casus Bélit dos Paisos cataláns e a LNB imos tentar entre todos axudar ó comandante Joseba do referencial Aintzinako ume jolasak para dende a Ikastola ALKARTU de Barakaldo espallar a febre txirikila por todas as kaleas da euskofonía- Calquera conexión txirikilo-billardeira que alguén poida realizar que se poña en contacto para potenciar iste importantísimo paso cara á urxente incursion de Euskal Herria no poderoso e temido eixo do palán.


E nun contextocoma iste , o da ensinaza , no que os ataques á lingua e á cultura do país son contunuos , a LNB estuda por en marcha un programa de intercambio entre Ikastolas e as LNB-eskolas para o intercambio mutuo de experiencias entre os colectivos bascos e galegos que poidan executar programas conxuntos de accion billardeira...Txirikila sempre, Adiante co Varal!!