O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 01, 2011

ISTE DOMINGO O MERCADO LABREGO LEVA A COMPOSTELA O EXPLOSIVO CHAMPANGE GALEGO CHAMADO "ESCUMOSO BIEITEIRO"!!


Dende o incio dos tempos a LNB sempre apostou por unha alimentación propria consistente en productos ecolóxicos e cunha forte carga moral parella á súa forza enerxética é por elo que lanzamos un berro para o consumo responsábel niste tempos de brutalidade absoluta e facémolo coa bebida xa punta de lanza de todas ista fisolofía alimenticio-billardeira que abrazamos sen complemos , falamos do ESCUMOSO BIEITEIRO , ise cava galego que xa regou a caluga e as gorzas no festival da Chaira da Pastoriza e en Compostela no Aberto do Día da Patria coma agasallo ós irmans de Casus Bélit vai voltar iste vindeiro domingo a invadir a cidade de Santiago no marco do gran Mercado Labrego que se vai desenrolar dende a mañá diste domingo 4 de Setembro na Alameda de Compostela-



ESCUMOSO BIEITEIRO é ise champagne galego que tes que probar e que poderas adquirir no posto de productores responsábeis de Negueira de Muñiz con Dora ó fronte , polo que se vas estar pola cidade ou tes a alguén que cho poida pillar non podes deixar de abastecerte diste fantástico producto para realizar os teus brindes en plenitude galaica, as festas non son tal se non rematan cun poderoso brinde de Escumoso Bieiteiro- Se pertences a un centro social ou colectivo e queres realizar un pedido de varios lotes de Escumoso con posibilidade dunha espectacular cata + aberto de billarda ponte en contacto : 629.086879



EL VIEJO PESCADOR: FANTÁSTICOS PETISCOS DE MAR!!



Se o Escumoso Bieiteiro o temos como guinda final de festa para que o corpo aguante é funadamental e necesario ter unhas potentes reservas alimenteicias que só poderesmos atopar nas exquiteces agachadas nas conservas de El Viejo Pescador . Dende o seu centro de acción en Tapia de Casariego o palanador dos Remourelle Bulls distribúe auténticos diamantes para o paladar en diferentes mercados ecolóxicos de Asturies e Galiza ademais xa podes atopar istes fenomenais petiscos en tendas especializadas dun e outro lado da Ponte dos Santos - Unha vez màis Muriego esnaquiza fronteiras no territorio e no paladar artellando espectaculares sabores únicos coma o dos seus mexilóns das rías galegas con sabor e aroma da beira do eo-navia, bonito do norte, anchoas, sardinillas....son só algún dos seus referenciais agasallos exquisito sabor que tes que probar antes , despois ou durante un Aberto de Billarda.... el Viejo Pescador Sempre, adiante co Varal, consultas e pedidos>> 985 47 16 03 - 696 21 35 79