O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 03, 2011

XOVES ADESTRAMENTOS OFICIAIS EN LUGO, SÁBADO ABERTO DE PINCHA EN MORAÑA E DOMINGO CITA CO MÍTICO UROGALO DOS ANCARES EN CERVANTES!!

Se hai sitio mítico e referencial para toda a tribo LNB ise son as terras nas que habita o Urogalo galaico ou Pita do Monte. Cunqueiro falaba incluso nos seus escritos sobre o misticismo e precaucións espirituais á hora de cociñalo tendo que introdicir primeiro na pota de coción o musliño dereito. Sexa como for a LNB un ano máis consolida a súa proposta pondo en marcha iste grande Aberto do Urogalo na pista de Cervantes no marco das súa festas e coa colaboración do propio concello (que tomen nota noutros lares) . Será iste domingo apartires das 16.30 cando un ano máis as billardas atroen o polideportivo municipal de Cervantes, prepara o macuto pois o que inicia o camiño en busca do Urogalo xa troca para sempre a súa vida. Mais atención porque non será o única estalo que terá a ista vila dos Ancares coma protagonista , ide afiando as billardas e afiando as billardas podemos adiantar se que vai por en marcha o primeiro Aberto no que haberá coma premio unha importantísima suma de diñeiro para o campión ou campiona do mesmo. Contacto: 659.628892

- E como sabedes os xoves de verán en Lugo coordiando polos irmáns de Madia-Leva haberá novo adestramento billardeiro ás beiras do Miño , anímate porque pode ser o lóstrego que troque a túa vida , de feito alí se falará da posibilidade de realizar iste sábado o Aberto ¨furtivo¨ do Festival de Pardiñas entorno á referencial Haima dos Madia-Leva / contacto_ 627.232479

II ABERTO DE PINCHA DE MORAÑA- Sábado 6 AGOSTO
-E atención porque tamén se confirma para iste sábado a segunda edición do Gran Aberto de Pincha de Moraña en colaboración cos irmáns da Asociación O Petouto _ donde ademáis poderas coñecer diferentes xeito de practicar o noso desporto que pode ser moi válido para futuros enfrontamentos internacionais, vai preparado para todo porque como dicía Catelao que en Moraña celebre a festa do carneiro ó espeto pode que que non sexa unha casualidade.....bótate alí que as brasas agardan por ti!! : Será novamente a carballeira de Santa Xusta de Moraña o marco incomparable que teremos como o lugar de encontro para realizarmos este 2º Aberto de Pincha. O vindeiro sábado 6 de agosto a Asociación deportivo cultural O Petouto organiza a 2ª edición do Aberto de Pincha (billarda) de Moraña. Ás 17 horas comezaremos cun obradoiro no que os e as asistentes coñeceremos, en boca daqueles homes e mulleres de Moraña que por idade tiveron neste xogo un dos seus pasatempos de preferencia, por unha banda un pouco da historia deste xogo popular galego e a maneira de se xogar, así como aprendermos in situ o xeito de facer o pao e a pincha (elementos imprescindibles para participar no xogo). Tamén saberemos das distintas variantes e formas de xogar que existen por toda Galiza, ao igual que as normas e regras que rexen o campionato da Liga Nacional de Billarda e que serán polas que nos guiaremos neste Aberto de Pincha. A partir das 18 horas celebrarase o Aberto de Pincha. Remataremos a xornada na propia carballeira cunha merenda-cea de balde para todas e todos os asistentes amenizada con música popular (polo tanto que todo o mundo traia o seu instrumento). Contacto: opetouto@gmail.com

6 Comments:

Postar um comentário

<< Home