O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 05, 2011

MÉRCORES DE TXAMPIONS NO ESPECIAL FIN DE TEMPADA BILLARDEIRO NO PLANETA FURANCHO DA RGM...SINTONIZA O TEU DIAL!!


Ontes martes puidemos ouvir o espectacular Discoteca Atlantica , a nova sección do Planeta Furancho que substituirá durante o verán ó xa mitico micro-espazo República Billarda que hoxe nun explosivo especial MÉRCORES DE TXAMPIONS con presenza nos estudos da Radio Galega dos activistas LNB que porá o punto e seguido a un soño que retornará ás ondas despois do arrinque da próxima tempada coa actitude brutal e desafiante que amosa Vituco>> nun puño o palán e noutro o relampo sonoro en forma de disco dóbel chamado Republica Billarda!!


A cita pois ista noite de mércores apartires das 23 h. sintoizando no teu transistor , no aparello da TDT ou no web da Radio Galega as sondas radioactivas emitidas dende a Planeta Furancho e ide afiandos abillarda porque ista find xa adiantamos que haberá acción o Sábado con mistura de xeo e lume no I Aberto de Manzaneda sacahdo regos para construír a tan desexada Conf_Auriense e o domingo no circuito de velocidade na Pastoriza fume e acrobacias dos tractores convivirán co degradado de billardas no seu contacto co asfalto ardente da chaira no I Aberto do Requeixo...Furancho Sempre, adiante co varal!!