O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 07, 2011

LUGO, MANZANEDA E A PASTORIZA....DESAFÍAN DE NOVO A INCOMPATIBILIDADE DO TOUCIÑO E VELOCIDADE!!


Todo o grande circo da LNB está en marcha nen os xeques de Barhein poden dar creto a todo o que se está movendo en torno ó deposto do pau nun país no que os man escritos se rouban e os circuitos de velocidade son invadidos por tractores e billardas , atenos porque o touciño e a velocidade danse a man ademais dista domingo en Pastoriza , en Lugo , en Manzaneda e donde ti queiras.... xa que aínda estás a tempo de rachar co cerco dun verán opresor inzado de actividades coloniais, o exempo máis claro é o tribo indomábel Luguesa que coordinada pola equipa LNB dos Madia-Leva realizarán durante todo o verán accións billardeiras todos os Xoves ás 20:30 h. no Paseo do Miño e non só billarda xa que se sabes ou dominas calquera outra activiade non colonial poderás pola en practica xunto cos demàis palanadores e palanadoras- Contacto Xoves billardeiros de Lugo>>627.232479

-Adestramentos oficiais pois en Lugo para iste Domingo 10 situarte na grella de saía do gran Aberto do Requeixo no circuito de velocidade da Pastoriza donde despois das sesión de acrobacias en tractor a iso das 16:30 h. dará comezo ista nova gran cita na chaira. Contacto Aberto do Requeixo da Pastoriza: 699.362061

-E por se decides pasar a find en parámetros moito máis altos a LNB ofréceche tamén a posibilidade de invadir a alta montaña galaica , colledo folgos poruqe iste sábado as billardas estrean espazo coa celebración do I Aberto de Manzaneda incluido nas xornadadas que Galiza Nova realiza nista cuchufella vila ourensá, e non te preocupes se non tesd paus nen billardas a man xa que alí haberá taller de construcción de material deportivo e tamén poderás probar a xogar ós bolos na modalidade da mítica vila billardeiroa de Soutipedre. Contacto Aberto de Manzaneda>> Ruben – 636059234.


E coa recasa do histórico peche de tampada do República Billarda na Planeta Furancho que podes recuperar aquí, lanzamos o video-estalo emitido fai uns días dun dos culpábeis de que o soño do disco billardeiro se faiga realidade , Miguel Alonso invade o xente emerxente apresentando un dico " A noite dos Cans" con espectacular maquetaxe dun tal Nachok....o cans e cadelas da LNB invaden a noite!!