O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 04, 2011

DOGMA E MEDITACIÓN...A NOSA FESTA FACÉMOLA NÓS!!

A serpe nu-metaleira de Invivo confirmou o seu abrazo ó mastil e ó palán enveleando co seu brutal son a toda a tribo da Conferencia Centro que o sábado estivo en Trazo para desfrutar coa billarda e con màis xogos de esencia tradicional , a cousa desembocou nun gran concerto da banda Compotelá nunha grande rave sobre o esceario na que nen a poderosa esencia Túzara de Mario foi quen de frear o asalto dos seus dogmáticos seguidores...

Ate o de agora non tiñamos constancia de palanadores ou palaandoras realizaran antes dos Abertos exercios meditación oriental , pois ben, aquí está a constancia , palanadores galaicos antes de loitar polo mítico Pitu Caleya en terras Asturianas depois do xantar realizaron o perigosísimo exercitamento que na milenaria cultura de Korea do Norte se coñece coma o profunfo fungar dos tres sacos de martelos.


Foi tal o trance no que se viron inmersos os palanadores que un deles levitou materialmente por riba do"castru" para nunha gran final contra o gran palanador de Uvieu Luis Carlos cazar ó voo o espectacular Pitu Caleya en xogo . Non podemos màis que agradecer á tibo liriu a gran acollida do comando galaico mais sobre todo temos que recalcar a magnitude do acadado polos indíxenas de Piarnu co Comandante Hevia ó fronte para con Pitxi , Juan , o xixonés Arturo e o Luso-astur Manuel conseguir que non sentiramos morriña nen por un instante, e atención porque a LNB afianza alianza coa tribo-lusófona do pau exiliada en Avilés para artellar o tan desexado Aberto do bacalhau paa....puxe o pau, adiante o Liriu!!