O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, janeiro 01, 2011

RIBADEO E TRIVES , A BRUTAL XEIRA DE ABERTOS DE ANINOVO DESATA A LOUCA BILLARDEIRA EN TODA A GALIZA NAS PRIMEIRA HORAS DO 2011!!


Sen precedentes, sen posibilidade de reacción para o inimigo a LNB deu un novo paso ó fronte de calado histórico e histérico , Trives e Ribadeo dixeron si ó dasafío e plantáronlle cara ó novo ano cos paláns e billardas ó igual que fixo Pinto exercendo de exemplar segurata canino fronte ó acoso das tópicas faltadas dos imbéciles e escuros-traxeados que ollaban incrédulos a estampa de dignidade colectiva.


Ate OVaral chegou o pichón extenuado que tivemos que sacrificar ó momento para aforrarlle sufrimento inútil , portaba istas extremecedoras instantáneas do Aberto realizado no Aparcadoiro de Rosalía de Castro en Ribadeo xunto coas novas cegas do multitudinario Aberto de Trives.


Dous homes e un destino , dous povos Ribadeo e Trives e un Aberto..... ás 8 da mañán do primeiro día do Ano, ainda que pareza mentira quen sostén a cámara é Pinto , o can do selecciondor nacional que coma un palanador máis que o é , non quixo deitarse senón sumarse a ista explosiva festa de billarda e callos no que deixar profunda semente de victoria.

As 7:20 h. da madrugada mentras os cubiños de xeo acariñaban os nosos beizos estouraban no peto os celulares anunciando nunha e noutra punta do país o inicio de xeito totalmente coordinado , o inicio da acción en ambolos dous comandos billardeiros.

E mentras ti dormías ou te enchías , os activistas da billarda seguían mergullampos nista gran acción brutal contra o sono e a tempestade nos vasos de vidro, aquí podedes ver o seleccionador nacional recibindo conmocionado as novas da gorxa do Sub-comandante Xosé Miguel ( tamén coñecido coma Moaña ) da avalancha de billardas que estaban inzando o ar de Trives , a máis de 200 km , ambos comandos LNB actuaban baixo a mesma lúa murcha e baixo as ordes implacábeis do gran selecionador nacional Manolo Flores que celebraba ó mesmo tempo éxito sen precendentes dos comandos activos e do seu santo.


Co solpor chegou a calma tensa e tamén Mondoñedo, o gran palanador da EkipA-Bíteres chegou á cita un pouco tarde mais a tempo para participar da emoción vivida na pista de terra en pleno centro de Ribadeo, un espazo que a LNB xa estuda coma espazo clave para futuras enganchadas nista vila luguesa que tantas ledicias aporta ó desporto da billarda. Sen dúbida a EkipA-Bítere demostrou coa impicación dos seus palanadores a súa total querencia pola practica da Billarda-XTREMA , unha estilo que ten no 24 H. BILHARDA NOM STOP o seu gran referente que cada vez está mais preto de concretarse , se queres acoller ista acontecemento na túa vila , aldea ou cidade ponte en contacto urxentemente>> ovaral@hotmail.com

Flores en Ribadeo e Alberto , palanador galaico-catalá pertencente á primeira franquica LNB nos paisos cataláns "plataforma 31-D" venceu en Trives depois da desputa do Aberto baixo as coordenadas do lanzamento da billarda máis longa por mor do gran número de partipantes e o imposíbel control de aptitudes polo grao de exitación dos mesmos.

CAMPBELL´S SOUP CANS VS CALLOS LOURIÑO....ARRANXA ISTO PORQUE WARHOL NON ERA GALEGO!!!


Ambos palanadores, Flores e Alberto, levaron a luxosa lata de callos Louriño do xa histórico 1º Aberto de Aninovo da LNB que deixará apartires de agora a lata de sopas Campbell que Warhol inmortalizou, en mera anecdota histórica dunha época artística superada totalmente pola acción brutal da LNB e dos seus Abertos de Aninovo e da lata de callos Louriño. Se non puideches participar nos Abertos de Aninovo mais queres ser ti quen lle déa ise xostregazo artístico a Warhol denque istes regos escritos mandámosche o desafío que se gostas de dibuxar inmortalices a lata de callos Louriño xunto co anagrama LNB para inscribir o teu nome ó carón dos históricos nomes que saen a relucir na espectacular entrevista cioa que arrinca o web-blog de centralización de clasificacións e inquedanzas chamado TODO-LNB, sumerxete e linkea!!