O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 07, 2011

CANGAS ACOLLE ISTE SÁBADO O ABERTO DA CACHIZA DE BUEU!!

Nen as chuvias torrencias que azoutan e anegan o Sul do país poden frear ás cachizas da LNB , iste vez dirixidas polo gran Manuelo Outeiro de Bueu realizan un pinchecarneiros para sortear os tronos e lostregos do emprazamento inicial de Bueu mudan para Cangas, será pois a engancha puntuábel este sábado 8 de xaneiro ás 16 h no pavillón do IES María Soliño. Deixámosvos a coidada explicación de Manolo, organizador do torneo, e un mapa no web oficial da Conferencia Sur: “A saída do Corredor do Morrazo é a de Cangas-Bueu. Coller entón dirección Cangas, virar na primeira con dirección praias e Herbello, de seguido tomar a primeira a dereita e chegando a unha rotonda no alto, xa estamos”. Contacto>>647.190789

O TED WILLIMS GALAICO ESTARÁ RETRANSMITINDO EN RADIO CABALIÑO O ABERTO DE BUEU EN CANGAS!!
E cando teñades camiño do IES María Soliño de Cangas fixádevos por se atopades ó curman galaico de Ted Williams , o sen teito americano que está arrasando na rede coa súa espectacular voz-radiofónica porque sería un precer inmenso telo nos micros de Radio Cabaliño retransmitindo o partido de Cangas e incluso como fan a maioría das veces os locutores dista emisora de Radio-Varal compartir durmida nos cartóns debaixo da mesa ó calorciño para combater a xeada dos briks de viño.