O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, novembro 06, 2010

XOSÉ RODIÑO VENCE Á PRESENZA DE BIEITO XVI NO ABERTO DA EXPLOSIVA FESTA DE RECEPCIÓN DO PAPAE A_TEO!!


A excomulgación é se dúbida o mal menor ó que se enfrontan os palanadores e palanadoras que iste sábado en Teo se uniron á gran festa de recepción do Papae Ateo , grandes estrelas da conferencia centro desafíaron co seu puño. palán e verba as amiazas do vaticano da excomunión automática que supón a realización diste Aberto que ademáis contou coa presenza das grandes estrelas do folk alternativo como son os Gaiteiros de Almuinha que atención , amosaron a estrela absoluta dos productos que a LNB prepara para que o Apalpador agasalle ás crianças de todo o pais , o réplica esacta en madeira do can do Seleccionador Nacional Flores, a presentación mundial de Pinto, a estrela entre os agasallos do nadal galico só podía ter lugar niste brutal Aberto A_teo baixo os elicópteros da policía que convertou a entrega de premios do Aberto nunha espectacular versión galaica do Apocalipsis Now que remata cun espectacular lanzamentos de fogos artificiais que fixo imposíbel de distinguir o campo de Teo da LNB dun bombardeo aereo sobre Saigón



Xosá Rodiño, o bispo Batea , envíanos o espectaculár video estalo e ista gran homilía literio-informativa: O primeiro aberto a teo celebrouse, entre o cheiro a incenso, cunha participación de uns trinte palaneadores-as coa representación dos equipos da conferencia centro, trouleiros-furabolos xogos tradicionales e bateas, e uns palaneadores que asistian o concerto.
O aberto comenzou cunha ringleira de xente que peregrinaba a teo, o campo de xogo era lugar de paso dos devotos ateos.


Incluso o papamovil tivo un intento de cruxar o terreo de xogo lnb pero foille imposible, a LNB esta bendecida por unha instancia superior, cando se marca o terreo dun aberto este pasa a outra dimensión a dimensión LNB (Lugar Nunca Bendecido). As semifinais xogáronas Luis bateas, que eliminou a Xan Rodiño en oitavos nun desempate a fume de carozo, e Toño furabolos por unha banda e pola outra Xose Rodiño e Guerra de Xogos tradicionais. E a gran final xogárona dos bateas Xose Rodiño e Luis, a vinganza do mais pequeno dos Rodiño foi aplastante, o palán de luis rachou o ceo de teo. Houbo premios para os 16 primeiros o milagre dos pans e peixes convirteuse en nabizas castañas e orujo. E se che pareceron poucas as ostias que o Papa e o seu séquito repartiron ós protestantes nas rúas de Compostela, iste domingo mentras Barcelona arde de paixón e lume ás 16h. na pista de Ove en Ribadeu haberá un explosivo adestramento Aberto para matar o incurábel mono de billarda que a tod@s nos frerve dentro .....2 kilos de castañas bravas para o primeiro clasificado e un kilo de ourizos para refregar as costas para o segundo e o terceiro.

1 Comments:

  • At 10:50 AM, Anonymous Anônimo said…

    Sin comentarios...

     

Postar um comentário

<< Home