O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 07, 2010

O NOROESTE REALIZA UN EXPLOSIVO ADESTRAMENTO ABERTO EN SANTA MARGARIDA PARA UNIRSE Ó ABERTO CASTAÑEIRO DO NORLESTE !!


Coa flamente nova de saber que no NorLeste e no Noroeste ista find ademàis do Aberto A_teo había marcadas xornadas de adestramento no Parque de Santa Margarida na Coruña e en Ribadeu , adestramento iste do NorLeste que pasamos desgranar en tódalas súas exitantes inciudencias colaterias mentras agardamos que no web do Noroeste nos ofrezan a cara do Atlantico Billardeiro . Durante o verán chegáronnos unha espectacular achega de documentos dun comando itinerante que opera na inexistente raia formado por palanadores e palanadoras que forman a punta de lanza da alianza que dende fai xa varios anos a LNB leva fortalecendo para que as Chegas de Bois voltar a ser unha realidade nas terras galaicas con especial interese en consolidar un de seguro explosivo Aberto e Chega de Bois en Muiños ( Ourense )a indiscutíbel capital galega das Chegas en donde o incomprensíbel beto legal imposto pola antiga xunta segue vixente polo que os amantes diste espectacular e galaico desporto temos que exiarnos nos espazos das irmáns terras do barroso para desfrutar do indiscutíbel desporto irmáns da Billarda , as chegas de Bois. Isto só é un primeiro paso , as negociacións e os extremecedores documentos serán desclaficicados segundo o alento de bois se vaia achegando ás pistas da LNB para nun futuro poder compartir bois e palanadores e palanadoras suores nun mesmo espazo.

Ás mostras nos remitimos, xa que no exitazo do Adestramento Castañeito realizado en Ribadeu aconteceu ista gran e promonitoria carreira entre dúas grandes estrelas nacionais do deporte da billarda, posibelmente un dos equipos galaicos máis respeitados e admirados do país mandou dúas das súas grandes estrelas como son Marcos e Suso ó adestramento aberto do Norleste para tomar pulso no medio da tempestade , carreira entre dous Remourelle Bulls que fan saltar as alarmas a todos aqueles manteñen a teima de ilegalizar ise noso deporte irmáns da Chegas.


Mais non só de Boi e Tenreira vive o palanador e a palandora, o seleccionador Galaico de Billarda ten iso claro e encargouse de avivar ise ruxe-ruxe que di que dende o programa Galiza en Varados que se emite cada luns ás 21 h. se vai abrir un concurso a nivel nacional para elexir o mellor chiste do seleccionador vitalicio


Ademáis da tribo do NorLeste o adestramento Castañeiro contou coa participación de palandores doutras conferencia como foi a do Batea J.Luis que exerceu ademais de enviado especial de Gz en Varados que iste luns ás 21 h. en emisión en tempo real en Tele_Varal Live promete análise e máis perigosidade ca un verme no anzó baixo a auda dun río turbo. Perigosidade ó límete foi a que viron os palanadores e palandores do Adestramento Castañeiro coa presenza do Pinto , que non dixaba de ladrar emocionado á cada golpexo de billarda e de collerse ás pernas dos palanadores realizando espasmódicos movementos sexuais , unha circunstancia que fixo irremediabelmente recordar ó seu gran tocaio da conferencia sur.


O compañeiro Daniel voltou a ser o campión e non afrouxa nen nun adestramento, nunha final contra o emerxente Jose dos campións nacionais por equipos O Outros , Daniel recordou a ise ser superior chamado Federer e Jose a ise Nadal famento de victorias de fai unhas tempadas que cada derrota ante o tenista suizo xuraba vinganza, iste simil tenístico ten ademáis a súa terceira parte xa que é imposibel non ver o xogo de J. Luis Batea e non pensar nise xenio chamado John McEnroe....Adestramentos Abertos ?? unha nova e flamente realizade porque a terra pide billarda e a bilarda pide terra e ar!!

14 Comments:

  • At 11:44 PM, Anonymous Reyes said…

    No encuentro RibadeU en ningun mapa, lo mas aproximado que encuentro es RibadeO

     
  • At 12:00 AM, Anonymous Miguel Rodiño said…

    eu tampouso sei quén é ise Xosá que insistentemente sáe niste rolo de papel hixiénico...

     
  • At 12:42 AM, Anonymous Anônimo said…

    os rodiños sodes coma cogomelos, hainos por todas partes e algúns son letais

     
  • At 10:49 AM, Anonymous Anônimo said…

    Alguen quere un cadelo? No Norleste disque están de Pinto ata os mismísimos.... . A Flores xa se lle deu un ultimatun: Ou Billarda ou cadelo!!

     
  • At 11:17 AM, Anonymous xermán said…

    Cadelo de Flores para a presidencia do Varal xa!!

     
  • At 12:32 PM, Anonymous Anônimo said…

    Yo también tengo una queja. Nunca encuentro Xan Rodiño en ningún mapa. Juan Rodillo si te lo encuentro. Germán dimisión.

     
  • At 1:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    Juan Manuel Rodiño a la SD y fuera de Bateas por bajo rendimiento!!

     
  • At 1:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    ribadeU ou Xosá, toda a xente entende o que se quere decir

     
  • At 2:06 PM, Anonymous Anônimo said…

    Por eso eu nunca digo nada! Todo o mundo me entende ainda que non fale!

     
  • At 2:22 PM, Anonymous Anônimo said…

    FLORES LEHENDAKARI

     
  • At 2:35 PM, Anonymous Anônimo said…

    ...e o seu can de conselleiro de deportes !!

     
  • At 4:40 PM, Anonymous Anônimo said…

    Eu non debería atopar La Coruña ou Orense en ningún mapa, e xa ves ti.

    Tampouco atopo Madriz nin Madrí en ningún mapa, como no español andan cambiando de normativa continuamente...

    http://www.20minutos.es/noticia/864347/0/nueva/ortografia/espanola/

     
  • At 5:13 PM, Anonymous Reyes said…

    Fai moito tempo que La Coruña aparece como A Coruña e Orense coma Ourense, pero Ribadeo aun non aparece como Ribadeu, cando asi sexa teremos que aguantalo, mentres sigue sendo Ribadeo

     
  • At 5:23 PM, Anonymous Anônimo said…

    impresionante a foto no xornal A Mariña da "Autentica de Flores" só faltou Pinto para estar o cadro perfecto..

     

Postar um comentário

<< Home