O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 08, 2010

LUNS 21 H >> GALIZA EN VARADOS, ISTA NOITE A POLAS DÚAS DÚCIAS DE CONECTADOS!!


Dende fai unhas semanas as noites dos luns trocaron para sempre, sabemos que moitos xa trocan os seus plans para aferrarse ó seu computador e seguir ao vivo o programa que está rachar no poderoso audiovisual da lusofonía, dende o zulo-estudio de Compostelá ás 21 h dista noite luns sae ó ar Galiza en Varados , o reto dista noite superar o pico de audiencia de dúas ducias de Varado-adict@s , polo que nistas sempre terríbeis horas previas á emisión move a nova por tódolos currunchos do planeta para ás 21 h a tribo toda desembocar no Galiza en Varados de Tele_varal Live que ademais conta cun explosivo chat interactivo entre público e presentadores co que podes acender moitos lumes en moitos dos frontes activos e activar outros que están aletargados. Luns 21 h . Galiza en Varados!!

1 Comments:

  • At 6:56 PM, Anonymous marcos said…

    A min podesde contarme na lista de espectadores porque cando chegue a casa sintonizareino en diferido!

     

Postar um comentário

<< Home