O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 01, 2010

BERRAN NOS NICHOS....NOS QUEREMOS RAMOS NEN VELAS, QUEREMOS BILLARDAS!!


O maxitral carreiro trazado pola arado de vertedeira tirado polos bois da Auténtica nas terras Asturianas conquistando de novo a Copa Cantábrica, tivo a súa magnificación total cunha gran festa no país para recebRar o retorno da Copa ó país, unha celebración que foi tan brutal que minimizou o estalo deportivo en Maceda na mesma tarde do sábado no que os palanadores e palanadoras que ate a pista do festival do Pipotazo se achegaron nisa tarde chuviosa segundo nos relata o reporteiro de guerra Xosé Rodiño que estiveron màis atentos a celebrar a xesta da Auténtica na barra da Cantina que a coller o palán para facer méritos para unha futura chamada do seleccionador Nacional Flores>> A minicarpa solo dou para facer un miniaberto de habilidade con minivaral (cabalete madeira) de non mais de 10 personas humanas, sostendo algúns un vaso nunha man e o palan na que lle quedaba libre, o lado da barra da cantina (5x2metros).

O SALTAMONTES ABANDOA O MOSTEIRO
!!


Unha tribo en festa mais coa ollada e o pulso firme posto nos multiples desafíos que o horizonte nos depara, Xose Luis e Ana dúas das bazas fundamentais nas que baseou o seu trinunfo a Auténtice de Flores na Copa cantábrica estaban xa ó medio-día do domingo no polideportivo de Mugardos para participar no segundo asalto regular da Conferencia bezouqueira, preto de medio centro de palanadores e palanadoras estaban alí ao enxoito dasafiando os chuzos de punta , somos un país con auga por baixo e por riba polo que nada nen nada poderá deter a nosa poderosa nave que buxo que con cada palada en cada Aberto desafiamos fronte a fronte ó imperio do mal. Niste video estalo podemos ver un feito histórico para o devir da historia da billarda e podemos entender o porque da chamada do gran seleccionador nacional Flores a Xose Luis dos Bateas e do silenzo infranqueábel ó mobil de Xan Rodiño.

FINAL 2º XORNADA DA BEZOUQUEIRA >> CERNADAS Vs BATEAS!!



TELE_VARAL Live obrou de novo a miragre , xa non queremos diante a unha televisión colonial e allea como é isa que se di galega e lixa o nome do país con cadaunha das súas imaxes , que prioriza emitir a visita dun ser vestido de branco paseándose impunente polas rúas de Compostela nun vehículo blindado á vergoña que leva dentro a non emitir xornadas completas e en tempo real da LNB. Nunha xornada na que os ósos de santo presiden case tódalas mesas do país uutro óso santo máis de madeira e orgullo foi o que Tele_Varal Live nos fixo chegar en tempo real ás pantalllas dos computadores . Aquí tendes o encontro brutal entre dous grandes poderes na Bezouqueira os nativos de Cernadas e os aboríxes nómades de Bateas, Xose Luis fronta a Miro e Ana fronte a Iago, ademáis de Kiko palanador

CHANTADA, 3O MORTOS Á MACHADA!!

Sen descanso , co alento entrecortado e desprendendo unintenso olor a bravú o enviado especial a zonas de conflicto da LNB Xosá Rodiño envíanos iste aterrador parte de guerra>> No Aberto do castañazo abriuse con outro feito histórico, a volta de Pinto a LNB despois da sua andadura asturiana. Foi a atención permanente os bloges da LNB a causa do remate de contrato?....
A participación no castañazo foi de uns 30 palaneadores-as, coa nunca valorada organización da conferencia sur con Rubén otero a cabeza, que non participou pra, a parte de poder comer o bocadillo tranquilo, facer de espiquer e director xeral, secundado tamén por Gil, Tiago, Ana, Checho etc. A final foi entre Tiago e Xosé Rodiño, Xan Rodiño quedariase en semifinais, un empate na 1ª carreira e un varado de Xosé na 2ª que Tiago non podría igualar fixerón que se proclamase campión do aberto do castañazo Xose Rodiño. [ VIDEOS EN PROCESO DE DESCOMPOSICIÓN ]