
Co inicio de tempada sobre a mesa como sabedes a LNB realizou un chamamento a extremar as medidas de seguridade vista a intensidade coa que de xoga en cada Aberto , ó cordón de seguridade que suxeita o palán á boneca queremos facer extensibel a necesidade inminente das protección faciais e da testa e non é por un simple capricho estético senón
pola gravidade do acontecido iste pasado sábado no Aberto do Bonito en Burela donde na sempre perigosa
sesión de adestramentos e nunha pista-gaiola coma a Burelesa se producíu o impacto brutal dunha billarda contra a fronte dunha palanadora que menos mal non temos que lamentar males maiores mais aló do susto no corpo non só para ela senón de todo o colectivo. É por elo que lanzamos ista idea do
casco de protección para palanadores e palanadoras e sobre todo facemos un chamamento a toda tribo da LNB que
nas sesión de adestramento antes de iniciar os torneos se extremen as precacucións porque o perígo pálpase ás léguas e non queremos lamenar nengún percance se temos medias á man para evitalo é por elo que berramos alto e claro nas pistas da LNB desfrutra pero con seguridade ....
PONO, PONLLO!!
2 Comments:
At 11:26 PM,
Anônimo said…
Pistas de padel acristaladas de 50X20 seguridade total
At 11:29 PM,
Anônimo said…
Billardas de goma reciclables salvemos os montes
Postar um comentário
<< Home