O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 07, 2010

PRIMEIRO FOI ALEMAÑA E AGORA, DESPOIS DO SECOSTRO EN DUBLIN DE MUDAS E PALÁNS POLA INTERPOL, A REVOLUCIÓN LNB CHEGA A LITUANIA!!


A LNB volta a mirar cara a Europa central polo que obrigatoriamente temos que recordar os fortísimos lazos que nos unen cos irmáns da selección alemá de billarda palanadores e palanadoras teutóns que de seguro estarán ista noite seguindo o partido que os enfronta á selección española nas semis do mundial de sudáfrica, á fortísima polémica que levantou en alemania o pronóstico do polbo Paul que sitúa ós de Del Bosque vencedores temos que enfrontar o pronostico realizado polo seleccinador nacional de schlagpflock que no seu galiñeiro xermano-galaico , cunha galiña piñeira e cuns grans de millo revate os pronosticos do cefalópodo xa que a galiña foi comer ó cunco coa bandeira tricor que niste hostórica foto , sostén orgulloso o palanador dos Lideiras , Rubén Otero.
PRIMEIRO E EXTREMECEDOR COMUNICADO DO TOVARISHCH BRAIS DENDE IGNALINA [ LITUANIA]:
Mais non é o único pronostico que nos chega dende o corazón de europa xa que dende Lituaria temos xa o primeiro e extremecedor estalo que nos envía Brais, o emisario da LNB que acompaña ás explosivas Panadereteiras Bouba no jazz´folk lituano , que pese a vestir varios días coa mesma muda xa que no transbordo de Dublin a maleta cas mudas de Brais e as billardas foron supostamente extraviadas e mañá xoves, despois que a interpol investigara os calzonciños e os packs LNB , chegarán a Ignalina para contra a noite ralizar o que será a noite galega no festival marco no que bruarán por primeira vez as billardas LNB en territorios da antiga URSS co I Aberto Internacional de Ignalina , aín van as emocionadas e intensas verbas con puño e letra dende o antiga e unión soviética do továrishch Brais : estamos nas beiras do lago Lūšiai, en campo aberto, preparando o xogo. Comentamos coa organizaci'on do fol jamin e pareceulles unha moi boa nova. Manha celebramos os galegos a nosa noite nacional e tocan ali as Bouba, e al'i imos agasallar os pal'ans e as billardas para celebrarmos o aberto con moita probabilidade nos douys d'ias seguintes, a informaci'on vai ter que ser a touro pasado, ainda que eu che poida envair algunha mensaxe contandoche como vai a cousa. Por suposto seguimos ewn contacto e n'os xa empezamos a sorprender ao turcos\as, lituanos\as, eslovenos\as e let'ons\as coa billarda. A ver que sae de aqu'i. Os organizadores do proxecto, ao ver que a LNB lle vai dar proxeccion publica ao aberto, e vendo que o asumimos como un encontro internacional ilusion'aronse moita 'a verdade. >> PEGA OS FUCIÑOS E SIGUE EN EXCLUISA MUNDIAL NO VARAL O I ABERTO INTERNACIONAL DE IGNALINA!!

1 Comments:

  • At 1:02 AM, Blogger An said…

    Tratarei de andar por eiqui. Saúdos

     

Postar um comentário

<< Home