O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 06, 2010

A FORZA DO MÍTICO ABERTINHO ÁRTABRO PON A FUNCIONAR UNHA PERIGOSA CÉLULA BILLARDEIRA EN SANXENXO, ÚNETE XA!!


Mentras uns mercenarios corren detras do jabulani, os rumorosos chimpamos emocionados cara ó lado contrario detras dunha billarda que nos alexa cada vez máis de sudáfrica colonizada para achegarnos ate as aborixes e bravas herbas do Aberto ärtabro do Festival da Terra e da Lingua celebrado fai unhas semanas no Moinho do Pedroso en Narón. De novo a comandante Tania dende as terras do Eume pásanos o crónico e as espectaculares fotos dista mítica enganchada nos territorios do da futura Conferencia bañada polo Eume na que de xeito inmediato xa tes que inscribirte >> taniasanjuan_11@hotmail.com


E moita atención porque non só polas terras do Eume se desliza intensamente a serpe multicor na busqueda de agochos para establecerse definitivamente senón que dende o epicentro mesmo do turismo máis salvaxe que sacude o país chéganos as ferventes novas dun comando LNB que se vai establecer en Sanxenxo para de inmediato porse a operar nun contexto tan ostil como é aquel nistas datas, proxectos xa sobre a mesa dun posibel Aberto das Rías Baixas para amosarlle ós veraneantes que os indíxenas do perpetuo inverno vermello tamén existimos , polo que se habitas ou transitas polas rías baixas e o Salnés ponte de xeito urxente en contacto con istes indíxenas sedentos de billarda porque niste tempo, sen dúbida é cando máis paus hai que dar>> xmeataxex@hotmail.com

E mentras a tibo do Sur se prepara para iste sábado no serán repartir brasa no Aberto do Centro Cívico de Teis ahí vai o microcrónico da comandante de Cabanas : Estas son as 3 fotos que me mandou luis da fundaçom artabra.Clasificaron os 5 ultimos finalistas , os nomes non os sei todos. de esquerda a dereita temos: O gañador,terceiro puesto de carlos cernadas,cuarto puesto de sergio platas,segundo puesto de Tania e por ultimo un quinto puesto o home que esta aniñado.