O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 04, 2010

DO FILLOA MASTERS DE MUIMENTA Ó XABARÍN BRAVO DO 17 DE XULLO DO "FESTIVAL DA CHAIRA" DA PASTORIZA!!


Un feixado de peticións foron as recibidas por Tele-Varal para que se destapara o documental sobre a irrupción billardeira en Muimenta no marco da xornada de xogos tradicionais coñecida coma Moexmu, precisamente a equipa formada polos xoves palanadores locais foi a gran vencedora con dous dos tres finalista proclamandose Miguel como campión absoluto do Filloa Masters de Muimenta. Un estalo que anticipa o gran Aberto do Festival da Chaira na Pastoriza do vindeiro sábado 17 de xullo que vai xuntar na terra cha a un exercito de famentos palanadores e palanadoras dispostos a levar o tan desexado Xabarín Bravo co se premeirá ó cempión ou campiona diste espectacular Aberto. Atención porque estase ultimando un xantar de irmandade que iremos informando para inscribirse e atención porque non todo rematará coa billarda no Varal senón que no espectacular cartaz do festival estarán os Ulträqäns , un dos grupos insignia total da República Billarda, amosando a brutal alianza cubano-galaica da Quimbumbia a toda a tribo LNB e festivaleira na Pastoriza....ide fervendo a auga e preparando os coitelos!!