O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 02, 2010

DA FONSAGRADA Ó CHAN NUCLEARIZADO DO I ABERTO INTERNACIONAL DE IGNALINA [LITUANIA]


Xa podes acceder ó espectacular Foto-Varal do Aberto da Fonsagrada, extremecedor documento o capturado por Irene , a reporteira de guerra do Novas e da LNB desfiou a chuvia de botelos e billardas no Aberto celebrado o pasado sábado nista poderosa e brava vila Luguesa. As billardas chegaron e invadiron a Praza do Museo da man dos irmáns de Causa-Galiza e da LNB. Refregade os ollos porque se xuño foi salvaxe o do mes do día da patria vai ser apoteósico , coas billardas xa aclimadas á altitude na Fonsagrada partimos cara á primeira gran aventura dun Aberto en territorio da antiga Unión Sovietica, agarraivos que despegamos cara ó Aberto internacional de de Ignalina [ LITUANIA ]


Brais González , un dos coordiandores do mítico Aberto do manoxo de Nabizas en Compostela, dá o perigoso paso adiante coma representante no festival Folk jammin' en Ignalina da LNB e do Grupo de Pandereteireiras BOUBA formadas no seo da referencial e billardeira asociación Brisas do Quenllo de Ordes , non hai data fixa aínda pero será entre o 2 e 13 xullo cando dende Ignalina cun Aberto de Billarda con palanador@s da Galiza, Eslovenia, Letonia, Lituania informaremos con explosivas conexións dende o sospeitoso chan nuclearizado polas billardas e as ferriñas das salvaxes Boubas.......e para fraseando a Kiko Veleno: se vós non fósedes tan americanos , nós non seriamos tan rusos!!