O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 05, 2010

COLECTIVOS DAS TERRAS DO EUME PREPARAN A SÚA INMERSIÓN TOTAL NA GRAN SERPE MULTICOR DA LNB!!


Ferve a terra coa readiactividade da sepre multicor da LNB que a istas horas está a situarse en Ignalina para dende Lituania informar a todo un país en vilo que agarda novas coa sede dun fuxitivo no deserto , mais non é só o comando LNB desprazado en Lituanoia quen está a ariscar a súa vida pola difusión da filosofía e o do desporto da LNB senón que a serpe multicor repta de xeito imparábel polo país adiante e amiaza ó seu paso polas terras do Eume en , atención, conformarse coma nova Conferencia LNB , para toda a tribo Billa poder competir de xeito tan intenso e brutal coma o resto dos palanadores e palandoras. Co Comandante Sardinha coma gurú absoluto traballando arreo tamén na dimensión universiatia no fronte vigués , é Tania , a comandante encargada de dirixir as acccións no fronte do Eume que sitúan xa a varias franquicias pertencentes ós colectivos referenciais e máis activos da zoa a dar o paso para á necesaria inmersión na nova Conferencia LNB >> San Martiño-Laraxe(nos) , Fundaçom artabra , San xoan de piñeiro, Csoa da estacion de Pontedeume son os colectivos implicados xa no ilusionate proxecto e se ti, que tes os ollos chantados nistes regos escritos, habitas ou transitas por istas caudalosas terras do Eume non deixes de contactar para por o teu puño no noso palán >> taniasanjuan_11@hotmail.com


Ademáis , a comandante , achéganos xa iste primeiro globo-crónico pertencente ó Aberto do Festifolk de Mugardos no que amosa a mesma maestría no xeito de remexer as palabras que á hora de realizar as súas por desgraza peregnes obras de globofléxia : Estas fotos son do aberto do FESTIFOLK DE SAN XOAN DE PIÑEIRO. Pablo Louzao foi o gañador absoluto do campionato de billarda,quedou en primeiro posto de masculino e logo quedou gañador absoluto da billa. Logo,de dereita a esquerda,presentamos a Bea Fernandez quedando de primeira en femenino,en segundo posto femenino temos a Carmen Alvariño,logo encontramos a Pablo Louzao en primeiro lugar en masculino,e en segundo lugar masculino quedou Manel Cernadas(non sale na foto) .Por ultimo,temos na foto a Mon que gañou os demais xogos populares que se celebraron no festifolk.....carreira de sacos,carreira con ovos etc.......