O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, maio 08, 2010

ULTRÄQÄNS ENTRAN NO APOLOGHIT XOGANDO Á BILLARDA AO ESTILO CUBANO....VEÑA ISA QUIMBUMBIA!!


Dende a mesma Habana nos chega a espectacular nova que o comandante Fidel Castro e o seu irmán Raul foron os primeiros en votar o temazo realizado polos Ulträqäns para ista nova e silenciada edición pola radio galega do apologhit. Quimbumbia é o xeito no que se denomina ó noso desporto na illa cubana e os ulträqäns fan un paralelismo xenial no deportivo e social de dous países irmáns e dúas revolución parellas a dos barbudos e da LNB , ademáis e para romper o silencio imposto por imperativo legal nos medios públicos , o LNB Sound System xa prepara sesións especiais en tódalas pistas de billarda baseadas no apologhit_10 e moi especisalmente no Play Off Nacional de Conxo donde os altofalantes escupirán apologhits por un tubo....


Retranca, irreverencia punk e calidade musical ao tempo. "O século XXI está preparándose para asimilar esta proposta duns experimentados festeiros e experimentadores musicais sen escrúpulos". O tema Quimbumbia é "unha rareza", cóntannos, un tema feito por encargo para promocionar o xogo da billarda. "Pasade a tomarlle unha polo noso feisbuk!!!!!", convidan os Ulträqäns.