O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 04, 2010

REPÚBLICA CANCELA - REPÚBLICA BILLARDA!!


Somos moitos os que de xeito perpétuo desexamos vivir baixo o teito da Taberna da Cancela, pois xa poder achegarte a ise soño meténdote no seu activo feisbuc , busca "A Taberna da Cancela" e entérate en tempo real de todo o que se coce nise gran fervedoiro de emción de Xil. Alí poderás atopar os estalos pertencentes a ista inolvidábel e palpexante edición do Xerro do Salnés _10 e as instantáneas da posterior cea da República donde Abel despois de compatir co exercito billardeiro uníu as súas forzas ós camaradas republicáns do Salnés. Unhas cores que nos botamos ás costas para comezar a danzar porque as novas que nos chegan dende ise estado en construcición chamado República Billarda son aterradoras, atención porque e aconexion Zenzar comeza a funcionar de xeito brutal xa que se o cantautor Miguel Alonso en colabroación co guitarra dos deuses de Cerceda , Paco , artellou unha descomunal peza titulada Días Raros , os propios Zenzar teñen xa no forno o seu temazo en conexión con Toño Randeeira e tamén nos informan que os seus veciños de Machina queren unir a súa forza post-bravú a ista revolución que se espalla coma os vermes baixo as pedras.


Necesario repostar no xantar republicán para tenta reporse de tanta intensidade, xa que non queda ahí a cousa , xa que anunciamos a chega dun espectacular temazo do referente absoluto da música electónica galaica chamado Projecto Mourente , unha dimensión , a da electrónica, que se ven a sumar ás poderosas aportacións de Montouto Sound Machine, Fanny-Alexander ou Projecto Trepia que prometen invadir de billardas as pistas de bailes do país enteiro. Un Baile que non pode cesar xa que na edición diste ano do Opologhit de Vieiros vai estar funcionando ise espectacular estalo billardeiro- galaico-cubano chamado Quimbumbia realizado polos Ultraqäns e que xa vos animamos a votar e bailar coma se estiverades posuidos para convertilo na canción diste noso verán radioactivo. E Atención porque falando de bailes e xantares iste domigo 9 de Maio o Norleste vai arder coa espectacular traca final da tempada regular no Aberto do Coello de Remourelle, con xantar previo de irmandade de toda a tribo do Norleste e posterios aberto puntuábel para desembocar nunha festa imprevisíbel con entrega de premios e sorpresas varias, se non te anotache para o xantar faino xa chamando ó 605.316896 /
chankli_12@hotmail.com