O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 07, 2010

REMOULLE PRIMEIRA META VOANTE CARA Á GRAN MUIÑADA DE CONXO!!


Xa todo preparado en Remourelle para a último asalto puntuábel da Conf. Noroeste o Aberto do Coello obrigou a por mesas supletorias na Taberna de Lola para o espectacular xantar " sabores da tempada" co que apartires das 14:30 h. diste domingo dará comezo ista gran traca final , posteiror Aberto do Coello con gradas supletorias tamén no Coliseum Remurillense e festa rachado na Taberna de Lola para entrega de premios ós campións de Conferencia. Coellízate!!
13-14 FESTA EN SALCEDA CON BILLARDA Ó XEITO TRADICIONAL!!

E se de festas falamos a dista find a que teñen montada iste sábado os irmáns de 13-14 en Salceda é disas que esnaquizan calquer tipo de cabicorno xa que ademáis dos concertos teremos unha viaxe ó tempo na máquina 13-catorceira xa que á partires das 15 h poderás practicar o xeito tradicional co que xogaba ó actual desporto da billarda, todo un luxazo que non podes perder para formarte coma palandor e palanadora en plenitude absoluta!!

PRIMEIRA LISTA DE CLASIFICADOS NA CONF. USC DA LNB!!

E por fin , despois de recibir máis dun cento de súplicas para saber a clasificación da LNB universitaria , xa podemos por á vosa disposición o escaleirado a día de hoxe despois da desputa do segundo asalto puntuábel , atención ás franquicias TAFAD e ENXEBRES franquias ambas construidas integramente por aborixes das aulas polo que lles mandamos os maiores do ánimos para que afrontes o importantísmo paso de seducción ós seus compañeiros e compañeiras de carreira, piso ....
A LNB PRESENTE NA ANHA URBANA DE PROJECTO TREPIA EN PONTEVEDRA!!


Pero a LNB como vimos afirmando dende fai tempo non é so un compendio deportivo en auxe senón unha poderosa fronte social de actitudespositivas cara ó desembolvemento cultural galaico polo que ahí está o noso gran de area no apoio total e absoluto á ANHAURBANA que os irmáns de Projecto Trepia poñen a funcionar ista find en Pontevedra. A complexidade de cestión de espazos na zona vella da cidade fixo que ate o de agora non teñamos fixado ise tan desexado Aberto de Bilharda da Anha Urbana pero atentos á xogada e non deixedes de acudir ós diferentes actos que se sucederán porque a lebre pode saltar en calquera momento...


PEDALEANDO PARA BOTARSE Ó MONTE EN COMPOSTELA!!


A serpe multicor é un termo que nos une directamente co universo ciclista polo que non podemos deixar de pedalear xunto coa coordiandora de actividade de festas alternativas en Composta>>O domingo dia 9 de Maio faremos um pequeno roteiro em bici, dentro do programa das Festas Populares de Compostela. Será umha volta pequena e bem levadeira, assim que animamos a todo o mundo a unir-se a ela e aproveitar para sair da cidade.
Percurso: Compostela-Tápia-Ponte Maceira-Compostela.
Saída: Às 10:30h desde a porta do Campus, na faculdade de políticas da Universidade de Santiago. (Saída de Noia)


A BILLARDA , A REVISTA DA XERACIÓN NÓS!!

E se chegache ate aquí , reláxate e dálle ó play para ver iste espectacular video que nos chega vía Sak que coa fala entrecortada nos descobre iste video estado guindao no wen dos irmáns de seioque sobre a vida e obra do histórico galeguista ourensá e membro da Xeración Nós, Arturo Noguerol , que deixou a pegada do gentelmen en revistas de principios do século 20 coma A Nosa Terra ou agarrádevos.... A Billarda ( atención ó relato ó final do video )

1 Comments:

  • At 12:06 PM, Anonymous Admiradora said…

    Poderiamos chamar a Pinto o Cristiano Ronaldo da Bilharda?

    E que é moito máis atractivo que él, e como manexa o palán.... magoa que teña moza...

    Quen o pillara nunha noite de xeada...


    Aing omá qué rico.

     

Postar um comentário

<< Home