O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 11, 2010

PAPARAZZIS E APELACÓNS Á XUSTIZA REVOLUCIONARIA DO LIRIU E DA BILLARDA!!


Depois do impacto internacional cos irmáns asturianos do Conceyu Nacional de Liriu á cabeza apoiando e uníndose á tribo LNB na homenaxe ó grande Calvete , unha revolución a do Liriu que camiña xa na súa segunda entrega regular con 5 equipos na grella e con incorporación constantes a cada novo asalto, Xixón , Noreña..... e Villaviciosa para iste 22 de Maio converten á revolución Liriu nunha realidade xa palpexante en todo o país astur que para iste verán pode que conte coa presencia de varios palanadores galegos particiapando nos seus Abertos.

Un deles é a mega estrela da Faisca Pinto que se debate entre os vigueses ou unha multitudianria oferta de "culínos de sidra" da emerxente Caramaretá del Liriu de Noreña . E para ver e sentir a intensidade brutal coa que se van atopar os palanadores que crucen a muga , akí tendes un espectacular video estado da poderosa e referencial factoría Espor[a]-

E cun horizonte plagado de acontecementos niste longo find das letras , rabea aínda a polémica victoria de Xan Rodiño no Xerro do Salnés_10, se acosado se sinte Jesulín de Ubrique polos paparazzis , o palanador galego vai polo mesmo camiño que o toureiro español xa que os fotógrafos da prensa rosa xa invadiron a intimidade da súa casa e nos envían en exclusiva mundial de que guisa loce o xerro no seu salón. Cadea sería pouca pena para alguén que ousa por frores donde ten que haber viño, e por se non fora pouco chega á notificación formal dende o Sur da apelación á victoria de Xan Rodiño no Xerro:

Apresentamos as dúas reclamacións por parte do equipo do sur:

(1ª-douspalanadores foron descubertos adestrando no lugar da competición o díaanterior.
2ª-O palanador ganador non bebeu as catro tazas de uva do valde Xil)


Xan Rodiño en presenza do seu advogado notifícanos ista resposta claramente para librarse da tan temida xustiza revolucionario-billardeira: - Mentras siguen adiante nos tribunais competentes o Xerro do Salnés busca unha utilidade nova. Non se sabe se debido a humidade que traía nas súas entrañas ou á caíada dalgunha semente, ou ás dúas cousas, unhas preciosas flores adornan estepreciado tesouro: "O Xerro do Salnés".

1 Comments:

  • At 4:11 PM, Anonymous eduardo said…

    Sábado 15 de maio no Monte de Santa Margarida da Corunha, às 18.00, Torneo de Bilharda.
    Às 17.00, Torneo de Chave.
    Às 21.00: Obrint Pas, Fracasados de Antemano e Trapallada.
    Saúde!

     

Postar um comentário

<< Home