O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 09, 2010

FINAL FOUR DE PARÍS? NON ....FINAL FOUR DE REMOURELLE!!


CSKA de Moscú, Barça , Panatinaikos , Partizan......non, Markitos, Xan Rodiño , Hugo e Frores . Nen a final que catapultou ó Rigal Barcelona ó título de campión europeo se pode comparar ó acontecido no coliseum de Remoulle donde a Conferencia NorLeste pechaba a tempada cun multitudiario e excitante Aberto do Coello que desembocou nunha espectacular e histórica final a catro.


Unha final qur tivo dosu protagonistas por riba de todo, o gran coello de raza galaica doado por Suso da Taberna de Lola e o poderoso palanador dos Bíteres Frores, un xogador que remata a tempada desbordando todos os pronósticos e despois de decapitar na pista á mesmísima campiona nacional Geni e a un Xermán resucitado , colouse por méritos propios nunha final de auténtico luxo


Se moitos pensamos xa que Xan Rodiño é unha especie de Deus no universo billarda , a súa presenza niste Aberto do Coello formando tandem co seu irmán Xosé confirma a súa homnipresenza total marabillando co seu xogo ó público e rivais de todas as conferencias que pisa. Se o gran Esnaitis non puido anular en París o xogo despregado por Navarro e compañía , Frores en Remourelle tampouco puido anular ó áxil e escorredizo Rodiño, que pese a todo caeu coma Hugo ante o golpe de palán do gran palandor Markitos...


Un Markitos que xa olla cara á gran muiñada de Conxo donde se marca coma unha das grandes prioridades maximizar Varados na dificilísima pista de terra batida, tanto na final da especialidade coma na final absoluta donde de seguro vai por toda a carne na grella para converterse no primeiro bicampión nacional da história


Markitos e toda unha Conferencia Norleste que vivíu unha gran xornada de autofirmación cun espectacular xantar de irmanade na Taberna de Lola de Remourelle antes da celebración do Aberto e donde pese ó andacio vírico que afectou ós irmáns de Madia-Leva e que lles impedíu o desprazamento contamos coa presenza do poderoso comando da xa neo-franquicia LNB M de Meira e de históricos palanadores coma O`zidane da Billarda , Juán Pico , Chema, Edelmiro e David. Foi tal o sentimento de tribo que xa hai unha corrente de pensamento no Norleste que lle vai pedir o sangue do coello a Markitos para untar a cara e o corpo dos palanadores e palanadoras antes de saltar á area de Conxo.....só nos queda pois desexar que a revolución billardeira continúe espallándose imparábel coma a sarna nos coellos!!

2 Comments:

  • At 12:40 PM, Anonymous O jayoso. said…

    Xan Rodiño leva máis quilómetros enriba que o chocho de letizia ortiz en cms de rabo hispánico.

    Se chega a gañar xan rodiño o coello... o paparía? ou daríalle a absolución?

     
  • At 3:27 PM, Anonymous Anônimo said…

    podemos confirmar que a conferencia orixinaria de Xan Rodiño é en realidade a Norleste, espazo xeográfico no que espertou o seu apetito billardeiro durante un periodo de máis de 2 anos de supervivencia nos montes de Trabada , a compración do palán de rodiño e do chocho da señora ortiz ven ó pelo xa que ó igual que á pendanga da casa real ó gran escritor e palanador tamén os paparachis se lle collan na casa...e senón o credes atentos ás pantallas!!

     

Postar um comentário

<< Home