O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 04, 2010

A Conferencia-USC da LNB SERÁ O PRIMEIRO GRUPO DE ESTUDO SOBRE A EVOLUCIÓN ANTROPOLÓXICA DA BILLARDA!!

Como xa sabedes iste mércores en Compostela no campo de futbol de terra da campus sur e o xoves no campus de lugo desputarase unha nova xornada da Conferencia-USC da LNB que moi pronto presentará oficialmente o seu web oficial donde poderedes enterarvos con pelos e sinais de como vai ista excitante competición da division universitaria da LNB, mais iste mércores en Compostela producirase un feito histórico, xa que contaremos coa presenza dun estudante de antropoloxía que elexíu a Billarda coma campo de estudo , un feito que de seguro poderá despexar isa incógnita pola que dende o principio dos tempos palanadores e lacóns van inseparábelmente unidos. Xa o sabedes , iste mércores se acudides ó Aberto da USC en Compostela seredes o primeiro dos grupos de estudo sobre os que Xurxo , estudante de antropoloxía que elexíu o noso deporte como materia de estudo para un de seguro histórico traballo co que abrirá as portas a unha xa máis cerca cátedra billardeira na universidade, porá os seus ollos na poderosa tribo da USC para explicar a ate agora inexplicábel evolución do mono ó palanador e palanadora: Contacto directo coa Conferencia-USC>> 659.553543 / xarodino@terra.es.